Presentación das Xornadas de Carne de Boi 2019. Fonte: Concello de Allariz

3.000 quilos de boi para degustar en dúas semanas

GC Agro - 29 Setembro 2019

Allariz vén de presentar os menús e tapas que ofrecerán ata o 13 de outubro máis de 20 establecementos hostaleiros que participan na oitava edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz.

Comeza a tempada da vendima / cedida

Comeza a Vendima en Galicia

GC Agro - 31 Agosto 2019

As primeiras uvas xa se colleron en Valdeorras, que espera superar os seis millóns de quilos recollidos.

Colmeas e traxe de abelleiro. AGA - Arquivo / Europa Press

Máis de 1.600 apicultores galegos recibirán case 700.000 euros en axudas da Xunta

GC Agro - 28 Agosto 2019

Devandito orzamento destinarase a particulares titulares de explotacións apícolas, cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia.

Muller recollendo as vacas / Uxía Iglesias

Memorias de dúas nenas labregas: "Eu sentaba diante ás vacas, respiraba o seu alento... Era feliz"

GC Agro - 26 Agosto 2019

Hai conversas que dan para moito. Velaquí a historia de dúas mulleres, Fina e Clara, que naceron ao carón das vacas e xunto a elas quedaron. Foron tecendo, coma outras moitas mulleres, relacións emocionais e afectivas con estes animais con nome propio. Elas cantábanlles ás vacas mentres as muxían, amantábanas cando parían... Unha sorte de historia de amor! Cristiana, veterinaria que percorreu moreas de granxas, tamén o confirma.

Abellas. UEX

Allariz, a capital do mel de Galicia e Portugal

GC Agro - 24 Agosto 2019

Organiza a II Feira dos Produtos Apícolas en Allariz o día 15 de setembro.

Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra prevé recoller uns 7 millóns de quilos de uva na vendima

GC Agro - 20 Agosto 2019

O seu presidente di que "o tempo está a axudar" e prevé unha boa colleita.

Tensión na feira de Xinzo entre Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) e a plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa! / Remitida.

Ecoloxistas denuncian ameazas de veciños na feira de Xinzo "alentados" pola Asociación de Gandeiros e Agricultores

GC Agro - 15 Agosto 2019

Adegal asegura que Auga Limpa Xa! non tiña licencia para instalar o posto, mentres que os ecoloxistas denuncian que foron "acurralándonos contra a parede a cobadazos".

Porco celta/ASPORCEL

A Xunta di que se envorcou en recuperar a raza autóctona de porco celta

GC Agro - 13 Agosto 2019

Asegura que destinou case 800.000 euros nos últimos nove anos para recuperar este animal.

Verduras á venda

Este é o top 10 dos alimentos ecolóxicos en Galicia: que se consome e quen o consome

GC Agro - 09 Agosto 2019

O consumidor eco galego ten entre 35 e 49 anos, estudos superiores e nivel adquisitivo alto.

Agroforestería / Wawny en Wikipedia.

As axudas do plan Leader para a dinamización do agro galego amplíanse ata os 17,6 millóns

GC Agro - 07 Agosto 2019

O obxectivo da convocatoria é desenvolver proxectos para dinamizar o medio rural galego, a través de iniciativas de carácter produtivo (de actividade económica) ou de interese público, social ou colectivo.

Entrega de composteiros en Allariz. Foto: Prensa concello

Allariz, líder en compostaxe

GC Agro - 26 Xullo 2019

O concello, en colaboración coa Asociación ADEGA, para a defensa ecolóxica de Galiza, reparte nestes días, a través do programa RE, 50 novos composteiros individuais.

Cruz Piñón na súa horta / Xisela Franco

Cruz Piñón, a labrega que pon en valor o medio rural a través do YouTube

GC Agro - 24 Xullo 2019

Di que ao comezo non lle tiña apego ningún ao ordenador... Mais unha vez que se afixo a el non houbo volta atrás. Cruz é unha das mulleres da canle de YouTube Teño unha horta en San Sadurniño e agora tamén leva outra máis: As hortucas de Ferreira. Mostra un rural vivo, dinámico e moderno, que racha patróns e que, ademais, traspasa fronteiras. Ten seguidores internacionais e moitos coñecementos agrícolas que seguir compartindo cos seus subscritores.

Vides da Denominación de Orixe Ribeiro / UVigo.

O Ribeiro acollerá un proxecto piloto para a recuperación de terras agrarias abandonadas

GC Agro - 22 Xullo 2019

Terán prioridade os mozos que se queiran especializar na viticultura.

Un xabarín nun campo de millo/ www.zoowebplus.com

Gandeiros: "Os políticos téñenlle máis medo a unha nota de prensa dos animalistas que ao abandono do rural"

GC Agro - 22 Xullo 2019

Agromuralla denuncia duramente a colectivos como Libera e outra entidades que piden que non se controle as poboacións de xabaríns. "Saian do seu confort e veñan ver como o esforzo de moita xente do rural é arruinado por esta especie", denuncian.

Vacas / Europa Press.

Detectan nunha vaca morta en Ferrol un "caso illado" dunha encefalopatía atípica distinta á das 'vacas tolas'

GC Agro - 18 Xullo 2019

O animal morreu nunha granxa da zona de Ferrol este mes de xullo.

Leite das vacas de Curtis.

Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción

GC Agro - 18 Xullo 2019

Os produtores lácteos galegos facturaron 368 millóns de euros no que vai de ano.

A seitura. Fonte: Prensa Allariz A seitura. Fonte: Prensa Allariz

Allariz recupera a seitura e a malla

GC Agro - 17 Xullo 2019

O concello organiza unha nova edición das Festas Etnográficas para divulgar o ciclo do pan. Recrearanse traballos como a seitura ou a malla e rematarase o proceso elaborando pan "made in Allariz".

Leite. UGR/ARQUIVO / Europa Press

O sector lácteo repunta en vendas en 2018 tras anos de baixada, pero as exportacións caen un 2,8%

GC Agro - 16 Xullo 2019

Está previsto que para o bienio 2019-2020 as vendas do sector en España crezan en torno ao 1% e superen os 8.300 millóns.

Gandaría. XUNTA DE ESTREMADURA / Europa Press

UPA advirte de que as industrias lácteas tentarán repercutir a multa de 80 millóns da CNMC

GC Agro - 15 Xullo 2019

Propoñen que a multa se destine integramente a axudar ao sector gandeiro.

Discurso inaugural de José Luis García Pando na XXII Feira do Viño de Valdeorras. Fonte: Prensa CRDO Discurso inaugural de José Luis García Pando na XXII Feira do Viño de Valdeorras. Fonte: Prensa CRDO

Valdeorras, “berce do godello”, celebra a XXII Feira do Viño

GC Agro - 14 Xullo 2019

Na intervención inaugural do presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, destacou o potencial desta variedade e referiuse á feira como o principal escaparate promocional dos caldos da comarca.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.