Carlos Mouriño e Abel Caballero, trala firma do acordo sobre Balaídos. / Concello de Vigo

O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña

Gc Today - 24 Abril 2017

Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor.

Andrena agilissima, un tipo de abella silvestre / Uvigo

Inventan unha abella artifical capaz de polinizar veganos

Gc Today - 09 Abril 2017

O insecto electrónico resolverá, por fin, a dicotomía do sexo oral entre veganos.

A cúpula de Atlántica consulta en Telegram como ten que facer Iago Martínez para trocar o seu apelido por Tínez./ temposgalegos

A Marea Atlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns

Gc Today - 06 Abril 2017

A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome.

Asemblea do BNG , nunha fotomontaxe / tempos galegos

O embaixador de Bulgaria, avergoñado, vota en contra de Ana Pontón na asemblea do BNG

Gc Today - 03 Abril 2017

“Tiven que votar en contra porque isto sería un escándalo ata no meu país”, declarou o embaixador de Bulgaria.

O Consello das Mareas antes de decidir se entraban ou non a xuntanza do propio Consello / tempos galegos

O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo

Gc Today - 02 Abril 2017

Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida.

Liorta na Asemblea de ANOVA

Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico

Gc Today - 26 Marzo 2017

As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas.

Combate de Vale Tudo entre un do Chamamento de Vidán e outro do Movemento Galego ao Socialismo/ temposgalegos.net

O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova

Gc Today - 24 Marzo 2017

O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán.

Infografía de como poderían ser os antigos habitantes de Lugo /temposgalegos.net

Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan

Gc Today - 17 Marzo 2017

“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento.

Pelo de Gayoso en ambar / fotomontaxe de temposgalegos.com

O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso

Gc Today - 12 Marzo 2017

O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso.

Manifestación feminista en Santiago de Compostela /temposgalegos

Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante

Gc Today - 07 Marzo 2017

Hordas de mulleres armadas con cánticos antiepiscopais e bombos causaron o terror na capital do país.

  / temposgalegos.net

Pregúntanlle se ten vacas e responde que un mes ao ano

Gc Today - 26 Febreiro 2017

A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante.A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña.

Avecrem Gintonic /temposgalegos.net

Avecrem lanza unha liña especial para gintonics

Gc Today - 22 Febreiro 2017

O novo produto conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.