galicia zombilingüe

The Walking Dead terá un novo Spin-off: Galicia Zombilingüe

Gc Today - 22 Xuño 2016

A canle estadounidense AMC anunciou unha nova serie derivada de The Walking Dead e estará localizada en Galiza.

Bocixa Beatles

Bocixa, dos Zenzar, sustituirá a Lennon á fronte dos Beatles

Gc Today - 19 Xuño 2016

O líder dos Zenzar será o vocalista da banda de Liverpool durante a vindeira xira.

O PP podería pagar a fianza da súa Caixa B con cartos da Caixa C

Gc Today - 05 Xuño 2016

"Senón sempre se podería tirar da D, da E, ou da F" aseguran fontes próximas ao PP.

Chewbacca español

Galicia Bilingüe esixe que Chewbacca fale en español

Gc Today - 31 Maio 2016

Aproveitando a celebración do día do orgullo friki a organización supremacista Galicia Bilingüe acaba de esixir que Chewbacca fale en español.

kraken

A Festa do Choco de Redondela cociñou un Kraken para que ninguén quedara con fame

Gc Today - 22 Maio 2016

Como en toda festa galega que se precie, a comisión da XXX edición da Festa do Choco, preocupada porque a comida non chegara, decidiu incluír no menú da festa do choco un kraken para evitar que os asistentes puideran quedar con fame.

confluencia

A primavera a confluencia altera

Gc Today - 18 Maio 2016

Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións.

Bertin Offshore

O programa de Bertín Osborne pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’

Gc Today - 24 Abril 2016

A productora do exitoso espazo televisivo aproveitará o filón do coñecido caso dos papeis de Panamá para reformular o programa de entrevistas que presentaba Bertín Osborne ‘En tu casa o en la mía’.

Maduro selección galega

Podemos forza á Seleccion Galega a xogar contra Venezuela

Gc Today - 22 Abril 2016

‘El bolivarismo va a llegarrrr’, declarou Antón Gomez-Reino cando os medios lle preguntaron sobre o próximo partido da selección galega.

Ovo kindle

Amazon lanza o Ovo Kindle

Gc Today - 20 Abril 2016

O ovo que nunha primeira versión non fará pallas, si poderá ser utilizado para a masturbación femenina grazas ao seu vibrador incorporado.

Yosi AC/DC

Yosi substituirá a Brian Johnson como cantante de AC/DC

Gc Today - 19 Abril 2016

As nosas fontes no mundo da música revélanos que tras a espantada de Axl Rose coma substituto de Brian Johnson, o candidato para exercer de vocalista dos AC/DC será Yosi, o mítico cantante de Los Suaves.

butaneiro

Proba de ADN revela que un butaneiro galego podería ter máis de 1.500 fillos

Gc Today - 16 Abril 2016

O home emigrou a Madrid nos anos sesenta e as concepcións acontecerían maioritariamente nos anos setenta e oitenta.

xunta pasta

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns

Gc Today - 04 Abril 2016

Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas.

deputacion ourense porntube

Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense

Gc Today - 29 Marzo 2016

O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense.

gaias uralita

A Xunta substituirá as pedras da Cidade da Cultura por uralita

Gc Today - 27 Marzo 2016

Os problema do risco de desprendemento de parte das fachadas de pedra e o perigo que supón leva ao goberno de Feijoo a susbstituír a custosa pedra brasileira por uralita de galpón.

manolo de xaniño

Lanzan o licor ‘Veleno Puro’

Gc Today - 25 Marzo 2016

Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’.

Gondomar volante

As mulleres de Gondomar xa poden ir en coche a facer compra sen supervisión masculina

Gc Today - 23 Marzo 2016

Nuria Lameiro, concelleira de Igualdade polo PSOE, organizou un taller de mecánica para que as mulleres non teñan que pedir auxilio cada vez que pinchan unha roda.

Cara de cemento

Un cargo do PP ingresado tras pisar o seu propio morro e caer de fociños

Gc Today - 18 Marzo 2016

Segundo informaron os servizos de urxencias que se achegaron ao lugar do accidente as lesións non revisten gravidade pois aterrou coa cara.

podemita galego

Atopan un podemita que fala galego

Gc Today - 01 Marzo 2016

Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego.

titeretismo

O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS

Gc Today - 29 Febreiro 2016

O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter.

Karaoke En Marea

O PSOE ofrecerá a En Marea unha sala de karaoke para compensar a perda do grupo parlamentar

Gc Today - 15 Febreiro 2016

A sala contará coa discografía completa de Extremoduro para que poidan versionar todas as súas cancións.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.