José Antonio Vilán explicou as oportunidades que ofrece o Grao de Enxeñaría Aeroespacial

Unha nova Escola de Enxeñeira para aproveitar o 'boom' espacial e aeronáutico

Innovación - 02 Xullo 2015

Visto e prace do Claustro á creación da Escola de Enxeñaría Aeronaútica e do Espazo da Universidade de Vigo. A institución espera atraer a 50 alumnos cada ano nun sector cunhas cifras de crecemento estimadas de máis de 300%.

Instalacións de Plexus en Santiago / Linkedin

Curso de desenvolvemento de apps con promesa de contratación a parte do alumnado

Innovación - 30 Xuño 2015

A compañía tecnolóxica fundada en Compostela Plexus informa que impartirá no mes de xullo un curso gratuíto de 130 horas de duración sobre desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web para mozos desempregados menores de 30 anos que cursen estudos de Enxeñaría Técnica Informática ou grao en Informática. A empresa tecnolóxica asegura que se compromete a "contratar ao 30% dos alumnos que finalicen a formación con asistencia superior ao 90% das clases".

O negocio dos móbeis intelixentes en Ourense

Innovación - 24 Xuño 2015

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza a través do CIS Madeira a xornada “Mobiliario intelixente: identificación de oportunidades”, que terá lugar o próximo 2 de xullo no salón de actos do edificio CEI de Tecnópole.

Os estudantes da USC reciben os premios Argos de innovación por parte do reitor da USC, Juan Viaño

O Acelerador de Transferencia da USC busca novos proxectos que levar ao mercado

Innovación - 17 Xuño 2015

Iniciou a súa terceira edición co obxectivo de levar a cabo accións que cubran a fenda entre os proxectos de investigación e o seu mercado potencial.

Dispensando medicamentos nunha farmacia/ snarc

Galicia tamén afonda na innovación farmacéutica

Innovación - 12 Xuño 2015

Destacan os novos fármacos que están a levar a cabo o Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas e o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC.

Presentación en Santiago do robot cortacéspede smartbot v2

Un robot cortacéspede fabricado en Galicia, premio Cantábrico a mellor produto

Innovación - 06 Xuño 2015

Smarttek, a empresa tecnolóxica galega que o fabrica, dedícase á investigación, desenvolvemento e comercialización de produtos robóticos para o fogar.

O reitor da UDC Xosé Luís Armesto Barbeito

A UDC impulsa un viveiro de empresas para a cafetería do Campus de Ferrol

Innovación - 28 Maio 2015

Está en marcha un concurso que ten como premio a concesión da cafetaría-comedor do Campus de Ferrol en Esteiro para a posta en marcha dunha idea empresarial deste sector.

Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi

Abre o prazo para a instalación de empresas na Cidade Tecnolóxica de Vigo

Innovación - 25 Maio 2015

As empresas de base tecnolóxica xa poden solicitar as axudas para instalarse en Citexvi. A superficie total de espazo dispoñible é de 179 metros cadrados, tendo que ocupar cada EBT 36 metros cadrados como mínimo.

Feira do Mercado Laboral Virtual

Unha feira para atopar traballo, pero por Internet e en 3D

Innovación - 14 Abril 2015

O evento Feria Mercado Laboral Virtual arrancou esta semana e estará dispoñible ata o 22 de abril. Está organizado por Universia e patrocinada polo Servizo Público de Emprego Estatal do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o Banco Santander e ManpowerGroup. Dispoñible en liña ata o próximo 22 de abril.

O Clúster TIC Galicia presenta os proxectos Autotic e Controlbox

Innovación - 24 Marzo 2015

A xornada, que se celebra este xoves 26 de marzo, está orientada a profesionais dos sectores da automoción, da saúde, da industria e do sector TIC.

As Pemes de Ourense "incrementarán un 15% as súas vendas", segundo a Xunta

Innovación - 23 Marzo 2015

A aceleradora de innovación AgroBiotech, que se abriu este luns na provincia, céntrase en ámbitos priortiario como o agro, a biotecnoloxía e a biomasa. O espazo situarase no Parque Tecnolóxico de Galicia e ofrecerá ás pemes asesoramento individual potenciando a súa capacidade innovadora.

Instalacións antigas nun edificio

Unha aplicación móbil para previr riscos en instalacións

Innovación - 21 Marzo 2015

'Prevén' e é un produto que desenvolveu a compañía Previnem, asentada en Narón, para dispositivos intelixentes.

Tania Pérez, impulsora de ATEC Creative Solutions

12 futuros fornecedores do tecido empresarial galego

Innovación - 13 Marzo 2015

Presentáronse un total de 44 proxectos de 73 alumnos e alumnas de todos os ámbitos aos IV Premios Incuvi-Emprende a estudantes dos tres campus da Universidade de Vigo.

Baño construído con microcemento/wikipedia

O microcemento revoluciona as reformas e o deseño de interiores

Innovación - 28 Febreiro 2015

Un material esta a redefinir as tendencias nas reformas de interiores nos últimos anos. Trátase do microcemento, unha fina (de entre dous e tres milímetros) mestura amasada de diversos produtos (cementos, polímeros, fibras e pigmentos colorantes) que permite cambiar chans en moi pouco tempo, evitando as tediosas reformas que poden interrumpir a actividade no fogar ou no lugar de traballo, provocando potencialmente perxuízos económicos.

Proxecto IsharkFin, desenvolvido pola Universidade de Vigo

iSharkFin, un novo software para salvar ás quenllas

Innovación - 25 Febreiro 2015

Un equipo da Universidade de Vigo, en colaboración coa FAO, está detrás deste proxecto que ten coma obxectivo protexer as quenllas e o comercio ilegal de aletas.

O pesqueiro arrastreiro galego Piscator faenando no Atlántico Sur /shipspotting.com carlosd2x

A frotas galega do arrastre engánchanse á innovación

Innovación - 24 Febreiro 2015

Unha aplicación web permite elaborar un atlas de diferente resolución espazo-temporal de forma interactiva para avaliar, así, os descartes pesqueiros.

Linguakit, un novo portal de servizos lingüísticos na web

As TIC galegas prevén incrementar o seu persoal nun 30 % no 2015

Innovación - 19 Febreiro 2015

Os perfís máis demandados son os de programación en Java, programación en distintas plataformas para Comercio Electrónico; desenvolvedores de aplicacións para móbiles, virtualización e consultores e comerciais TIC.

Detalle das pinturas murais de San Xiao de Lobios / Soledad Felloza

A Ribeira Sacra, a Altamira do Medievo galego

Innovación - 17 Febreiro 2015

Unha investigación da USC pon en valor as pinturas murais da Ribeira Sacra, un patrimonio “oculto e pouco valorado” que serviría para impulsar a súa candidatura como Patrimonio da Humanidade.

Partículas de grafeno

O saber galego que produce e innova no estranxeiro

Innovación - 17 Febreiro 2015

Científicos galegos emigrados en Londres desenvolven unha nova tecnoloxía para impresoras 3D.

Porto de Vigo

Enerxía “verde” para os barcos do Porto de Vigo

Innovación - 11 Febreiro 2015

A Autoridade Portuaria de Vigo pon en marcha un sistema pioneiro de enerxía a través dun sistema de xeración limpo. Prevese que reduza as emisións anuais de CO2 en 300 toneladas, o equivalente á emisión anual de 62 automóbiles.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.