Gaio é un sistema de tradución automática de textos, documentos e páxinas web / Xunta.

Gaio: 1,3 millóns de consultas e máis de 78 millóns de palabras traducidas

Lingua - 07 Marzo 2016

A Xunta puxo á disposición da cidadanía este tradutor automático en liña o pasado mes de setembro.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

A Mesa acusa ao TSXG de querer "ilegalizar” os acordos a favor do galego

Lingua - 04 Marzo 2016

Esta entidade anunciará accións contra unha sentenza deste órgano á ordenanza lingüística de Lugo e anima á sociedade galega a mobilizarse.

David Mackenzie cun colega do

David Mackenzie, sit tibi terra levis

Lingua - 29 Febreiro 2016

O profesor do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos grandes impulsores do noso idioma nos EE.UU., Gabriel Rei-Doval, lembra a figura dun dos grandes difusores do noso idioma nos países anglosaxóns, David Mackenzie, que faleceu o pasado venres en Santiago.

María Xosé Alfonso, alcaldesa de Muros / QPC

O concello de Muros recupera o galego como lingua preferente na administración local

Lingua - 29 Febreiro 2016

“O novo regulamento ecupera a promoción e a normalización do galego por parte da administración local, sen excluír ou prohibir o uso do castelán”, destaca a alcaldesa de CxG, María Xosé Alfonso.

O lingüista David Mackenzie O lingüista David Mackenzie/ Lavandeira Jr-Google news

Morre David Mackenzie, un enamorado e difusor do galego no mundo anglófono

Lingua - 27 Febreiro 2016

O investigador faleceu este venres en Santiago de Compostela, cidade na que residía desde hai anos. Foi fundador dos centros de estudos galegos de Birmingham e Cork e colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

Escritores e políticos defenden a pluralidade lingüística en España

Lingua - 26 Febreiro 2016

Entre os asinantes está o escritor Manuel Rivas, o ex ministro Francisco Caamaño, o catedrático Ramón Máiz ou Fernando Ramallo, representante de España na Comisión de Seguimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias do Comité das Rexión.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

“O PP sempre estivo nas convocatorias a favor da lingua galega, e mesmo as promoveu”

Lingua - 25 Febreiro 2016

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destaca nesta entrevista o traballo que a Xunta realizou e está realizando en prol do galego estes últimos anos, a pesar do informe da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM) que apreciou certas discriminacións no uso do galego, entre elas, no ámbito educativo, xudicial ou dos medios de comunicación.

Albert Rivera/Carlos Delgado wikimedia

Ciudadanos pide cátedras de galego nas universidades andaluzas

Lingua - 20 Febreiro 2016

O partido de Albert Rivera argumenta que é moi díficil acceder a aulas as linguas cooficiais fóra do seu territorio de orixe.

Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL, nun acto de Queremos Galego / ctnl

20 anos defendendo o galego nas institucións

Lingua - 19 Febreiro 2016

Anxos Sobriño substitúe a Nel Vidal na Presidencia da CTNL. Rosa Moreiras será a secretaria e Queca Carballo a tesoureira. Esta organización celebrará unha festa este sábado en Compostela para celebrar os seus 20 anos.

Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia

Será a quenda de Carballo Calero para o Día das Letras Galegas?

Lingua - 17 Febreiro 2016

Propoñen por quinta vez o seu nome para ser homenaxeado este día. A comisión promotora destaca os seus “grandes méritos”. Fontes consultadas crititican as reticencias da RAG por ser un destacado defensor do lusismo.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación

Cultura denuncia un uso partidista do informe da Carta Europea das Linguas Rexionais

Lingua - 17 Febreiro 2016

Román Rodríguez destaca que a Xunta “ten en consideración” o que di o informe e que “xa está cumprindo” as súas recomendacións.

Acto  para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego

Gran mostra de apoio político á lingua galega coa ausencia do PP e Podemos

Lingua - 15 Febreiro 2016

Os conservadores descólganse da moción que apoiarán 12 partidos. O texto pide aplicar as recomendacións dos expertos europeos e a derogación do "decreto do plurilingüismo".

Laboratorio da Universidade de Santiago / USC.

Demandan máis esforzos da Xunta e das universidades para fomentar a investigación en galego

Lingua - 08 Febreiro 2016

As solicitudes para axudas á investigación en lingua galega quintuplicáronse nos últimos cinco anos. Con todo, só foron 210 as concedidas, das cales unicamente sete corresponden a teses. A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística advirte que o galego segue a ser minoritario na ciencia.

Clase de inglés para nenos / ciudadpeques.com

As carencias de Galicia na aprendizaxe do inglés

Lingua - 04 Febreiro 2016

Unha tese da USC constata as carencias de docentes e alumnos no ensino da pronunciación do inglés e propón guías pedagóxicas que poñan a énfase tanto na percepción como na produción da lingua oral inglesa.

Xusto Rodríguez Río / 20editora vimeo

A crónica negra tamén se pode escribir en galego

Lingua - 03 Febreiro 2016

A Universidade de Santiago presentará unha obra terminolóxica sobre criminoloxía, con máis de 2.000 termos elaborados en colaboración entre filólogos e especialistas de dereito.

Exemplares de obras galegas traducidas a outras linguas / DUVI.

A literatura galega traducida vive unha época dourada

Lingua - 28 Xaneiro 2016

As obras en galego traducidas a outras linguas superan os 1.500 títulos dende 1980 até 2014, segundo datos do grupo Bitraga da Universidade de Vigo.

Marcos Maceira, presidente da Mesa / irmandade.tv

A Mesa di que o decreto do plurilingüismo está “morto”

Lingua - 26 Xaneiro 2016

Destaca que así o acreditan as conclusións do informe do Consello Europeo que di que entra en contradición coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee

Gabriel Rei-Doval: “O galego permite dialogar en pé de igualdade con dous mundos imperiais”

Lingua - 25 Xaneiro 2016

“En galego estamos no mundo, e comezamos a ser recoñecidos e aprezados”. É a reflexión que fai nesta entrevista o profesor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos grandes impulsores do noso idioma nos EE.UU., país no que o galego tivo un lugar moi especial no Congreso da Modern Language Association 2016.

Un pleno extraordinario da Academia en Ponteceso

A Academia recórdalle á Xunta que legal e moralmente debe promover o galego

Lingua - 23 Xaneiro 2016

Os académicos advirten que o Consello de Europa reflicte que o galego está excluído de varias materias en secundaria e non chega ao 7% nas aulas urbanas.

Xesús Vázquez e Anxo Lorenzo na reunión do Comité de Expertos da CELRM

Os expertos da UE urxen á Xunta a que cumpra cos “niveis apropiados” de ensino en galego

Lingua - 22 Xaneiro 2016

O ditame do Capítulo Europeo sobre o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais ou minoritarias creará polémica. A Mesa pola Normalización, a Xunta e Galicia Bilingüe interprétano de xeito diferente.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.