Medio Ambiente - 30 Agosto 2017
A Xunta multa ao concello e denuncia que non se puxeron carteis para prohibir ou desaconsellar o baño, e non se valou a zona ata esta semana. O Concello de Nigrán anuncia que recorrerá a sanción.
Medio Ambiente - 30 Agosto 2017
A Xunta aposta porque os concellos realicen unha recollida selectiva na nova planta de Areosa. “De xeito case clandestino e pola porta de atrás, o PP parchea de novo o sistema SOGAMA para permitir isto”, din desde ADEGA.
Medio Ambiente - 29 Agosto 2017
Científicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas dan a coñecer o achado dun exemplar de Tarentola mauritanica, nunca antes rexistrado nesta zona.
Medio Ambiente - 28 Agosto 2017
Un bando urxente informa que a auga da billa non se pode consumir en Verín. A vila sufriu este verán un gran e polémico lume que queimou máis de 1.360 hectáreas e as cinsas están contaminando a auga.
Medio Ambiente - 28 Agosto 2017
CIG Autonónica denuncia que os novos vehículos adquiridos por Medio Rural para facer fronte aos lumes non cumpren os requisitos do plan contra incendios da Xunta.
Medio Ambiente - 28 Agosto 2017
Fortes choivas e episodios de pedrazo en diversas zonas do país.
Medio Ambiente - 28 Agosto 2017
A Asociación Animalista Libera pediu aos concellos de Ponteceso e Laxe que declaren estas localidades "libre de circos con animais".
Medio Ambiente - 27 Agosto 2017
Salvemos Cabana presenta novas alegacións a este parque xa que "a iniciativa non avalía correctamente os posibles efectos sinérxicos e acumulativos coas infraestruturas e liña eléctrica de evacuación" do outro proxecto eólico da compañía para a Costa da Morte, o de Pena Forcada-Catasol II. Ademais, sorprendentemente, o 'Programa de control de calidade ambiental' cita "de maneira reiterada" departamentos e normativas do País Vasco, advirten os ecoloxistas.
Medio Ambiente - 26 Agosto 2017
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil decidirá en setembro se decreta a alerta, o cal suporía restricións no uso da auga. Os encoros atópanse nove puntos por debaixo da media da última década. De momento mantense a prealerta.
Medio Ambiente - 26 Agosto 2017
Cinco incendios nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense quedaron controlados, mentres outros tres na demarcación ourensá foron extinguidos. A Rede Natura, afectada.
Medio Ambiente - 26 Agosto 2017
Os científicos observaron unha tendencia positiva no número de Delphinus delphis, cun aumento anual por ano da poboación de case o 10 por cento.
Medio Ambiente - 25 Agosto 2017
A conselleira de Medio Rural recoñcer que existen "problemas" pola seca nalgúns puntos do operativo contra os incendios.
Medio Ambiente - 25 Agosto 2017
Así o asegura un informe de Augas de Galicia realizado en xuño. A Xunta ten destacado que non hai perigo de rotura das presas, mentres que a asociación Vida e Ría pide que se realicen novos estudos para avaliar o seu estado e a toxicidade dos residuos que contén.
Medio Ambiente - 25 Agosto 2017
O incendio forestal declarado no municipio lucense de Folgoso do Courel permanece estabilizado este venres, mentres que están controlados outro cinco, catro deles nos municipios ourensáns de Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas, Monterrei e Montederramo e outro en Cervantes (Lugo). Entre todos calcinaron máis de 1.100 hectáreas.
Medio Ambiente - 24 Agosto 2017
Denuncian a irresponsabilidade de certas empresas navieiras por comprometer a conservación deste espazo natural e poñer en perigo a seguridade dos visitantes.
Medio Ambiente - 24 Agosto 2017
Os resultados dun estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA sobre lumes forestais cuestionan a campaña do 'lobby' galego da madeira difundida en xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia a prol do eucalipto. Os datos mostran que esta especie ten unha alta taxa tanto no número de incendios como na superficie arborada queimada no país, só por detrás do piñeiro bravo. Piñeirais e eucaliptais suman o 81 por cento dos incendios e o 88 da superficie arrasada en áreas arboradas. GC presenta os datos completos que non aportou o sector forestal galego na súa campaña nos medios tradicionais.
Medio Ambiente - 23 Agosto 2017
O concello tapa con pedras e area unha zona para evitar fugas de auga. Di que xa tiña avisado á Confederación Hidrográfica deste problema.
Medio Ambiente - 23 Agosto 2017
A Consellería de Medio Rural informa que hai activos incendios en Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e Monterrei. Xa están controlados os de Cervantes, A Pobra de Trives e Montederramo e extinguidos os de Gondomar, Celanova e Guntín.
Medio Ambiente - 22 Agosto 2017
O BNG local pide a regulación do turismo. Ata 46 caravanas colapsaron a cabeceira da praia de Maceiras.
Medio Ambiente - 22 Agosto 2017
Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA mostra que as provincias de Pontevedra e Ourense son as que presentan a maior incidencia de lumes entre os anos 1974 e 2010. Galicia suma case a metade dos incendios en todo o territorio peninsular do Estado e 1,6 millóns de hectáreas arrasadas neste período, o 20 por cento do total calcinado en España e superficie equivalente ao 54,4 por cento do territorio galego. Só en Ourense arderon medio millón de hectáreas.