A Asociación Galega de Custodia do Territorio traballando nas Insuas do Miño.

Custodia do territorio (I): unha iniciativa solidaria para conservar e restaurar a natureza

Medio Ambiente - 25 Outubro 2021

As entidades de custodia mercan, alugan ou chegan a acordos de distinto tipo para restaurar hábitats ou conservar espazos de alto valor ambiental. Protexen afloramentos únicos no mundo abandonados pola Administración, eliminan invasoras, reforestan con especies autóctonas dunha determinada bisbarra, limpan o monte e os ríos.

Acto da Deputación de Pontevedra no marco da loita contra o Cambio Climático.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA / Europa Press

O "mundo local" ten unha grande importancia na loita contra o cambio climático segundo a Deputación de Pontevedra

Medio Ambiente - 25 Outubro 2021

"É no mundo local desde onde poderemos loitar contra esta situación. Traballamos en rede cun proxecto común, dialogado, colaborativo e consensuado", dixo a presidenta provincial Carmela Silva.

Avelaíña do Buxo/wikipedia

Avelaíña do buxo; a especie que pode deixar Galicia sen gaitas

Medio Ambiente - 24 Outubro 2021

A Cydalima perspectalis, coñecida co nome de avelaíña do buxo, é un insecto invasor cuxo alimento son as follas dos arbustos da familia buxus. Esta avelaíña é propia do Leste de Asia onde abundan plantas que son a súa fonte de alimento. O comercio internacional e a falta de controis sufcientes foron as causas polas que entrou en Europa.

Dúas mulleres camiñan baixo a choiva no paseo marítimo da Coruñ. M. Dylan - Europa Press

A crise climática abre a porta a batir o maior récord de precipitacións da historia

Medio Ambiente - 24 Outubro 2021

Os meteorológos alertan de marcas moi próximas aos 1.000 litros por metro cadrado, unha liña vermella que podería estar máis preto pola crise climática.

Un dos mapas eólicos elaborados por Monfero di Non

Haberá eólicos preto da miña casa? Xa podes comprobalo neste mapa actualizado

Medio Ambiente - 23 Outubro 2021

A plataforma Monfero di Non informa dunha web que recolle os principais proxectos aeroxeneradores sobre un mapa.

A Confraría do Grove e voluntarios de Abanca retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos da ría de Arousa.. AFUNDACIÓN / Europa Press

300 persoas retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos da ría de Arousa

Medio Ambiente - 23 Outubro 2021

Trátase dunha acción programada no seo de 'Plancto', un plan de conservación territorial que leva funcionando todo este ano.

Arquivo - Paneis solares da planta Andévalo de Iberdrola, primeiro proxecto fotovoltaico da compañía en Andalucía. En Poboa de Guzmán (Huelva, Andalucía, España), a 30 de setembro de 2020.. María José López - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Vilamarín, primeiro concello galego en asumir o compromiso da neutralidade climática para 2050

Medio Ambiente - 23 Outubro 2021

O Goberno galego reivindica que os retos climáticos globais "deben afrontarse desde as localidades e as cidades de maneira unida e partindo da premisa 'pensar global, actuar local'".

Marcha en contra da insalación de eólicos en Monte Grande (Ourense). STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA / Europa Press

Veciñanza de Bande marcha contra a "invasión eólica" ás portas do Xurés

Medio Ambiente - 23 Outubro 2021

Greenalia quere instalar na zona unha central eólica de 12 aeroxeradores, que afectan os municipios de Bande, Rairiz de Veiga e Verea.

Encoro no río Verdugo / ADEGA.

A "febre do megawatio": o mercado enerxético galego entra nunha nova fase especulativa

Medio Ambiente - 21 Outubro 2021

ADEGA denuncia a chegada de empresas pequenas que, previsiblemente, non terán capacidade para levar a cabo os proxectos conseguidos, pero que si poderían mercadear coas licencias.

Eólico, parque eólico, enerxía eólica, aeroxenerador, vento - Pexels: Elena Zhuravleva

A patronal eólica afea á Xunta que non a consultara antes de impoñer a moratoria a novos proxectos

Medio Ambiente - 21 Outubro 2021

Amosan o seu "estupor" pola medida logo de ter mantido unha "interlocución fluída" coa administración autonómica.

Mina de San Finx, en Lousame/Ecoloxistas en Acción

A Xunta aprobou a explotación dunha mina radioactiva sen pedir os estudos obrigados por lei

Medio Ambiente - 21 Outubro 2021

A mina de San Finx comezou a operar en 2009 sen que a Xunta reclamara estudos sobre a radiación na zona. Así o vén de certificar o Consello de Seguridade Nuclear, como denuncia Ecoloxistas en Acción, que cifra en 30 os traballadores potencialmente afectados por xacementos de uranio dos que xa se alertou nos anos 80.

Lagoa Grade no Monte Grande/ remitida

Unha nova marcha defenderá o Monte Grande para tentar frear "a invasión" eólica do Xurés

Medio Ambiente - 19 Outubro 2021

A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova convoca a todas as plataformas, colectivos veciñais e asociacións ecoloxistas a participar na andaina para defender os territorios de Ourense.

Limpeza realizada por mariscadoras en praias de Outes / remitida

Lixo nas praias galegas: cadeiras, restos de bateas e ata unha viga de ferro

Medio Ambiente - 19 Outubro 2021

As cabichas e os pauíños para os oídos volveron ser os principais restos recollidos na X Limpeza Simultánea de Praias.

A columna de dióxido de xofre (SO2) procedente do volcán Cume Vello na illa da Palma, en Canarias, sobre Galicia e Portugal. COPERNICUS / Europa Press

A nube tóxica do volcán da Palma estará sobre Galicia ata o mércores, sen causar risco

Medio Ambiente - 19 Outubro 2021

Todos os valores contaminantes se manteñen en niveis normais, segundo Meteogalicia.

Zonas do Porriño onde se detectou lindano / xunta.gal

Lindano, o material canceríxeno que segue afectado ao Porriño: "A Xunta incumpriu as súas promesas"

Medio Ambiente - 19 Outubro 2021

Ecoloxistas en Acción denuncia o silencio dos entes públicos ante a presenza deste material na contorna de Vigo.

Estaleiros Gondán na ría de Ribadeo

Crowfounding para evitar danos ambientais na ría de Ribadeo coa ampliación dun estaleiro

Medio Ambiente - 18 Outubro 2021

A campaña alerta da expansión de Astilleros Gondán que tivo un “incalculable e arrepiante” impacto na Ría de Ribadeo. Entre os diferentes danos mencionados están as continuas verteduras e dragaxes.

Foto dos vagóns descarrilados nas inmediacións do Sil remitida por Galicia en Común. GALICIA EN COMÚN - Arquivo

Sanción de 45.000 euros a Adif polos dous vagóns que tirou ao río Sil en 2020

Medio Ambiente - 18 Outubro 2021

Segundo informan fontes da Consellería de Medio Ambiente, múltaselle en relación coa lei de residuos e chans contaminados.

Unha das bocas eruptivas do volcán de Cumbre Vieja, na Palma (Canarias) / Europa Press.

MeteoGalicia vixía a posible entrada da columna de dióxido de xofre procedente do volcán da Palma

Medio Ambiente - 18 Outubro 2021

Así o indican as predicións do sistema 'Copernicus', aínda que de momento os valores rexistrados son absolutamente normais.

Unha familia participa na plantación de árbores autóctonas, no marco do cuarto aniversario da vaga de incendios que Galicia sufriu en 2017. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press

Nigrán planta 250 árbores autóctonas no aniversario do gran incendio de 2017

Medio Ambiente - 17 Outubro 2021

O lume levou por diante a vida de dúas mulleres.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.