Opinión Emprende - 13 Abril 2015
O avance da economía é un factor que inevitablemente leva a un aumento do consumo enerxético, e que vai incidindo nun aumento da oferta enerxética dispoñible. E neste contexto, a enerxía e a tripla perspectiva de sostibilidade presentan un forte nexo, destacando que a seguridade do abastecemento enerxético e o prezo da enerxía son factores clave para a reprodución da economía, pero recoñecendo que determinadas formas de produción e de consumo lesionan a sostibilidade ambiental.
Opinión Emprende - 07 Abril 2015
O derradeiro mes de febreiro, o goberno de Mariano Rajoy completou a privatización dun 49% do capital de AENA, a empresa que se encarga da xestión dos 47 principais aeroportos españois. Aínda que o obxectivo inicial do goberno era poñer un 60 por cen da empresa en mans privadas, decidiu pospoñer a privatización de un 11% do seu capital e manter o control público da empresa coa intención de reducir a débeda da mesma -que ascende a 17.000 millóns de euros- antes de completar o plan. A maior parte desta privatización parcial se fixo mediante unha oferta pública de accións, aínda que a xestora de fondos británica TCI foi seleccionada previamente como inversor de referencia e se converteu no accionista privado con unha maior participación, un 7,47%. O goberno, que asignou a empresa un valor de 8700 millóns de euros, ingresou 4263 millóns de euros pola operación.
Opinión Emprende - 26 Febreiro 2015
As diferenzas de renda per cápita entre países son enormes. Para ter unha idea da magnitude destas diferenzas abonda con apontar que actualmente o Produto Interno Bruto per cápita medio do 10% dos países mais ricos multiplica por aproximadamente un factor de 40 o do 10% dos países mais pobres. Cáles son as causas destas diferenzas?.
Opinión Emprende - 13 Febreiro 2015
Contan as crónicas que, catro días antes de morrer, Emilio Botín confesou a un grupo de xornalistas que tiña dúas preocupacións fundamentais:a situación de Catalunya e o resultado acadado por Podemos.
Opinión Emprende - 11 Febreiro 2015
O Banco Central Europeo está presto a embarcarse nun programa de compra masiva de activos financeiros a longo prazo. Principalmente compras de débeda pública a longo prazo –a dez anos- nos mercados secundarios. Algúns anos despois, o BCE parece querer seguir os pasos do seu homólogo estadounidense, a Reserva Federal. Cáles serán as consecuencias desta política, coñecida co nome de “Quantitative Easing” (QE)?.
Opinión Emprende - 11 Febreiro 2015
Segundo os datos estatísticos o sector da automoción en Galicia é un dos que máis postos de traballo ten creado. Estiman as cífras oficiais que poderían ser ao pé de trinta e tres mil traballadores e traballadoras, dos que seis mil e pico pertencen ao grupo PSA Peugeot-Citroên. Unha nómina considerable que á súa condición de traballadores/as une, indisociablemente, a de seren cidadáns aos que a Constitución e seu ordenamento xurídico lles recoñece dereitos. Dentro deles enmárcanse os lingüísticos. Pero, paradoxalmente, na súa condicións de traballadores limítanselles ou impídeselles eses dereitos.