Rafael Sánchez Bargiela en comisión / Europa Press

Denuncian o "estado de absoluto abandono e preto da ruína" do hospital medieval de San Miguel

Patrimonio - 05 Febreiro 2019

A Xunta prevé que en 2021 estea rehabilitado para o Xacobeo.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez / LX

O Goberno central estudará ampliar a declaración de Patrimonio da Humanidade tamén ao centro de Lugo

Patrimonio - 05 Febreiro 2019

Actualmente teñen esta declaración a Muralla, a catedral e o Camiño Primitivo.

Imaxe do proxecto do Museo Arqueolóxico de Ourense.. WEB DO MINISTERIO - Arquivo / Europa Press

O PSOE di que "sacará do abandono" o Museo Arqueolóxico de Ourense investindo máis de 12 millóns de euros

Patrimonio - 04 Febreiro 2019

Contén unha importante cantidade de coleccións do mundo paleolítico e megalítico, pezas do mundo castrexo e galaicorromano, entre outras.

Catedral de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

As obras de restauración do interior da Catedral de Santiago prologaranse todo o ano

Patrimonio - 01 Febreiro 2019

Haberá obras no interior da basílica e nas cubertas da nave principal e do cruceiro.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

A familia Franco insiste en quedar coas figuras do Pórtico da Gloria

Patrimonio - 01 Febreiro 2019

Din que "compraron" as esculturas, aínda que non presentan documentos. O Concello de Santiago esixe a súa devolución.

O alcalde de Santiago diante dos xulgados en Madrid/Miguel Penas

Os Franco a xuízo pola devolución das esculturas do Pórtico da Gloria

Patrimonio - 01 Febreiro 2019

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega: “penso que a familia Franco ten medo que este xuízo sente precedente e se poda recuperar moito máis patrimonio”.

A Deputación de Pontevedra busca persoas con "experiencia contrastada" para a. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA / Europa Press

Búsase persoa "con experiencia contrastada" para dirixir o Museo de Pontevedra

Patrimonio - 31 Xaneiro 2019

Destacarase que a persoa que se presente teña experiencia no compoñente de xénero, o proceso de musealización dos edificios pechados, as novas tecnoloxías e as novas formas de expresión artística.

O equipo Forum 4.0, responsable do concurso Arqueolucus | Óscar Bernárdez

Nace Arqueolucus para consolidar o patrimonio arqueolóxico de Lugo coma fonte de riqueza

Patrimonio - 29 Xaneiro 2019

O patrimonio arqueolóxico “non está sempre á vista”, mais representa o testemuño que as xentes doutras épocas non poden trasladar.

Plan Camiño de Santiago Concello. CONCELLO DE SANTIAGO / Europa Press

O Concello de Santiago aposta pola protección da paisaxe dentro do Plan Especial do Camiño Francés

Patrimonio - 29 Xaneiro 2019

O documento foi elaborado pola Oficina Técnica do Consorcio para establecer medidas que garantan a protección do patrimonio.

Parque do Pasatempo hai cen anos e na actualidade

Así foi a desfeita do patrimonio galego en dez anos

Patrimonio - 29 Xaneiro 2019

O hastag #10yearschallenge está de moda. Saber o que pasou nos últimos dez anos. Pero, lembras como era e como é a situación de varios puntos destacados do patrimonio galego?

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

O alcalde celebra o cambio de actitude da Xunta coa candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

Patrimonio - 23 Xaneiro 2019

Jorge Suárez asegura que apostar unicamente por Illas Atlánticas e Ribiera Sacra "era un desprezo total e absoluto para esta cidade".

Illas Cíes/ Miguel Núñez

As Illas Atlánticas exhiben candidatura a Patrimonio da Humanidade

Patrimonio - 23 Xaneiro 2019

A Xunta de Galicia enxalza o proxecto no marco da feira FITUR.

Participantes na creación da comisión xestora a Patrimonio da Humanidade / Europa Press

Ferrol avanza na súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

Patrimonio - 15 Xaneiro 2019

Impulsará a creación dun comité de xestión da candidatura de Ferrol-Porto da Ilustración.

Ana Isabel Boullón, Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira presentan o libro. CONSELLO DA CULTURA GALEGA / Europa Press

Apelidos galegos en vías de extinción

Patrimonio - 15 Xaneiro 2019

En Galicia hai máis de 21.000 apelidos que só teñen un único portador, mentres que Rodríguez é o máis común. Un libro do Instituto da Lingua Galega e do Consello da Cultura reúne investigacións estranxeiras e galegas sobre antroponimia

Vista áerea área histórica de Santiago / USC.

Ciudadanos cre que os terreos da Casa das Máquinas de Santiago "poidan estar contaminados"

Patrimonio - 14 Xaneiro 2019

O grupo laranxa en Santiago lembra que ese edificio era unha sala de máquinas cun transformador eléctrico que pode ter restos de hidrocarburos.

Casas do castro de Troña, en Ponteareas / XdV

Finalizada a intervención nos castros da provincia de Pontevedra

Patrimonio - 11 Xaneiro 2019

O Ministerio de Fomento será o que actúe sobre os proxectos de musealización destes xacementos.

Apóstoles nas columnas do mosteiro de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela / VIDAL ÁLVAREZ, Sergio; SAVIN, Marie-Claire; BIRON, Carole. «Opus artificum universa» estudio colorimétrico de la escultura románica en mármol del Museo Arqueológico Nacional: ejemplos de Galicia y León = «Opus Artificum Universa» Colorimetric Study of the Marble Romanesque Sculpture in the Museo Arqueológico Nacional: Examples from Galicia and León. Espacio Tiempo y Forma. Serie I, Prehistoria y Arqueología, [S.l.], n. 11, p. 129-146, dic. 2018. ISSN 2340-1354. Disponible en: <http://revistas.uned.es/index.php/ETFI/article/view/22384>

Xoias do románico galego custodiadas en Madrid: historia e segredos do patrimonio 'emigrado'

Patrimonio - 09 Xaneiro 2019

Investigadores do Museo Arqueológico Nacional e da Université Bordeaux Montaigne analizaron por primeira vez os restos cromáticos de varias pezas de arte románicas galegas que se gardan na capital de España: as columnas do mosteiro de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela, o parteluz da igrexa de Santiago de Vigo que representa a Cristo Salvador e o relevo coa escena do bautismo de Cristo de Montefaro, en Ares.

O Santo dos Croques, no Pórtico da Gloria / hostelocastelo.com.

Desmontada unha "falsidade histórica": o Santo dos Croques do Pórtico da Gloria non é o Mestre Mateo

Patrimonio - 07 Xaneiro 2019

Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, desmonta a lenda que identifica a célebre figura como un autorretrato do arquitecto e escultor e propón que representaría o “pobo de España e Galicia, agora convertido ao cristianismo por Santiago". Outra figura no parteluz que identifica como Hércules sería clave para resolver o misterio.

Porta da muralla de Lugo

Lugopatrimonio e Deputación luguesa renovan a súa colaboración para valorizar a riqueza patrimonial da provincia

Patrimonio - 02 Xaneiro 2019

Tamén se buscarán solucións e procurarán proxectos que axuden a resolver o deterioro e esquecemento do patrimonio.

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova / Matteo Bertolino

Aquelas tradicións orais dos nosos maiores que se están perdendo

Patrimonio - 02 Xaneiro 2019

O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de colgar na rede unha escolma de audios de ‘A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade‘, un traballo de recollida realizado no 1992 en xeriátricos de Tui, Ourense, Santiago de Compostela e tamén Viveiro. Baixo a tutela de Afonso Vázquez-Monxardín realizáronse ducias de gravacións a maiores das catro provincias galegas para documentar un mundo que se ía perdendo, o dunha oralidade daquela aínda separada da escritura e das tecnoloxías comunicativas.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.