Os dossieres de Madrid

Política - 28 Novembro 2004

Volven os dossieres contra dirixentes do PPdeG. Desta volta tócalle ao barón lucense, Francisco Cacharro Pardo. Cóntanos que o propio PP está detrás destes informes, concretamente, xente próxima ao seu presidente, Mariano Rajoy. Estas vez as denuncias contra Cacharro parten do PSdeG e non da Ser, como ata o de agora, pero esta emisora xa dispón de máis novas frescas.

"Gracias ao compañeiro Cuiña..."

Política - 27 Novembro 2004

O venres pasado Fraga inaugurou unha serie de obras viarias en Vila de Cruces. E alí estaban o alcalde do concello; o presidente da Fegamp, Xosé Crespo; o vicepresidente primeiro, Alberto Núñez Feijoó e, como non, o ex conselleiro, Xosé Cuiña. Ata aquí nada novo. O caso é que todas as felicitacións foron para o varón do Deza. Dende o alcalde ata Núñez Feijoó todos lembraron que, de non ser por Cuiña, esas estradas nunca se terian feito. De aí, ese "gracias ao compañeiro Cuiña...", que lle espetou o vicepresidente primeiro.

Os premios Fernández Latorre

Política - 26 Novembro 2004

Cóntannos que na cea que tivo lugar onte con motivo da entrega dos premios Fernández Latorre se viron varios detalles significativos. O primeiro, que Fraga declinou o convite e enviou os seus escudeiros Núñez Feijoó e Xosé Manuel Barreiro, pero foi o conselleiro de Política Territorial o que correu para dar máis apretóns de mans.

Os "berrinches" de Nogueira

Política - 26 Novembro 2004

O que foi eurodeputado do BNG anda estes días con máis actividade da normal. Presentou varios informes no Consello Nacional cuestionando o traballo da Executiva actual no asunto da Constitución Europea pero tamén críticando a suposta "parálise" da dirección de cara as próximas eleccións autonómicas.

BNG e PSdeG non se entenden

Política - 24 Novembro 2004

As últimas votacións no Parlamento galego e o escaso "feeling" que existe entre Touriño e Quintana evidencian que non hai nada de sintonía entre os nacionalistas e os socialistas. Dende que o PSdeG asumiu tarefas de Goberno (como sucursal de ZP en Galicia) os malentendidos co BNG aumentaron a un ritmo vertixinoso. Tanto, que nas duas formacións se replantexan o da posibilidade dun goberno de coalición no futuro.

O BNG avisa...

Política - 24 Novembro 2004

Os deputados do BNG avisan aos socialistas que están ao límite da súa paciencia. O desplante dos de Touriño na votación da iniciativa de López Veiga foi interpretada como unha traición. Din que contaban coa palabra de Rego e aseguran que foron os do PSdeG quen propuxeron a votación segreda. Non entenden o cambio de última hora e culpan directamente ao propio Touriño. Por iso, aseguran que non van tolerar outra como esta.

Gato encerrado no Parlamento

Política - 23 Novembro 2004

Hoxe pasou algo insólito no Parlamento galego. Tanto, que sorprendeu a propios e estranos. Sobre todo, pola actitude mantida polo PSdeG, en concreto polo seu líder, Emilio Pérez Touriño, e polo ex delfín -e aínda candidato ao retorno- Xosé Cuiña. ¿Hai sintonía entre PSdeG e PPdeG?....

O circo de Baiona

Política - 23 Novembro 2004

A moción de censura en Baiona foi todo un espectáculo, un circo digno de contemplar. A metade do público apoiando ao PPdeG e a outra metade -a máis ruidosa- apoiando a PSdeG e BNG. "Ladróns, sinverghuensas, mortos de fome, descarados"... foron algunhas das lindezas coas que recibiron aos membros do novo executivo local.

O filón e as incertidumes de Touriño

Política - 23 Novembro 2004

Por certo, o secretario xeral do PSdeG acaba de encontrar un filón para desviar a presión que algúns medios de comunicación e os grupos políticos exercen cos presupostos do Goberno e o Plan Galicia. Así que botou man do seu respaldo ao tratado constitucional europeo para arrear a diestro e siniestro. Aos do BNG lle pide que voten "Si" e á Xunta do PPdeG que informe á xente. Omite o líder socialista que, polo de agora, o Goberno de ZP aínda non fixo campaña ningunha a este respecto. Haberá que aplicarlle iso de que mire o seu propio tellado.

"Vicepresidente" en coche oficial un domingo

Política - 22 Novembro 2004

Non sabemos con certeza quen ía nun coche oficial do Parlamento galego este fin de semana na estrada que une Baiona con Tui. O que sí sabemos é que o conductor deste veículo, ao ser parado pola Garda Civil, se presentou como "vicepresidente do Parlamento". Ao serlle pedidos os papeis do coche respostou que non sabía moi ben onde estaban porque eran cousas do seu chófer.

Constitucionais e anticonstitucionais

Política - 20 Novembro 2004

O referendum da Constitución Europea trae de cabeza a nacionalistas e populares, que son os que máis teñen que perder. A postura gubernamental do PSdeG fai que, a priori, sexa o máis beneficiado porque se anota o tanto do 'Si', a pesares de que o PPdeG tamén o fai.

Os dilemas de Beiras

Política - 20 Novembro 2004

Falando novamente de Beiras, cóntanos xente moi próxima a el que, efectivamente, agarda que a militancia decida cal é o seu futuro no BNG. Pero matizan que o seu desexo é volver ir nas listas para optar á Presidencia do Parlamento. "Para nada é un posto de segunda, porque, logo do presidente da Xunta, o cargo institucional de máis relevancia en Galicia é este", matizan.

O futuro de Beiras nas listas do BNG

Política - 19 Novembro 2004

Moito se ten falado e moito se seguirá falando de se Beiras vai ir ou non nas listas do BNG ás próximas autonómicas. El non di nin que sí, nin que non. Agarda ao pronunciamento dos militantes aínda que sabe que o seu papel nun futuro Parlamento con Quintana como líder non é o máis desexable. ¿Que papel desempeñaría entón?...O de presidente da Cámara -se houbera goberno de coalición- non gusta a moitos militantes. "Beiras non pode rematar así", din.

A ética de Fra Molinero

Política - 19 Novembro 2004

Eduardo Fra Molinero foi o concelleiro socialista de Ferrol que dimitiu por romper a disciplina do seu grupo nunha votación sobre a planta de gas de Mugardos. Este profesor de instituto entrou no PSdeG como independente e cunhas ideas moi claras. Cando o elexiron para ir nas listas, os socialistas sabían o que pensaba en moitos temas, dos que difería da postura oficial.

A seguridade de San Caetano

Política - 19 Novembro 2004

Andan dende hai uns días cambiando o sistema de seguridade da sede da Xunta en Santiago. Parece que están mudando o sistema de inhibidores de frecuencia (eses que sirven para evitar activar unha bomba a distancia) e iso está provocando algún dor de cabeza entre funcionarios e corpos de policía, bombeiros ou taxistas. É dicir, todos aqueles que anden con un teléfono móvil ou un sistema de comunicación por radio e que se movan nun radio de 500 metros da Xunta.

As conversas de Baltar

Política - 18 Novembro 2004

Iso de "atornillar" a Orza ten o seu truco. A conversa que mantivo o barón ourensano con Yuste diante dalgúns xornalistas non foi casual. Baltar sabía o que facía e dixo o que dixo a conciencia cos medios diante.

Gato encerrado

Política - 17 Novembro 2004

As palabras do vicepresidente da Deputación de Ourense o outro día no pleno no que se debatiu a crise do PPdeG e ao que non asistiu Baltar, non deixaron indiferentes a nadie. Veu dicir Rogelio Martínez que o PSOE sabía o que se coceu polas terras ourensanas.

E Touriño pincado...

Política - 15 Novembro 2004

Tanto é a insistencia do Quin que o Touriño acaba caendo, un día si e outro tamén. A última foi hoxe mesmo cando dixo que o PSOE foi pioneiro en pedir "consenso e diálogo" na reforma estatutaria. Iso sí, recalcou que no Parlamento.

As teimas de dialogar co airo

Política - 15 Novembro 2004

Os continuos ofrecementos do Quin para dialogar a toda costa, a todas horas e sexa do que sexa xa están rozando o paroxismo. A súa teima de falar e de consensuar todo choca contra un muro de airo. Está claro que nin Fraga nin Touriño lle van a ceder un chisco de protagonismo.

Os traballos de Manolita

Política - 15 Novembro 2004

Presidenta do Consello Social de Universidades (CSU), presidenta da Comisión de Seguemento do Plan Galicia, vicesecretaria da Executiva do PPdeG e, ata o martes, voceira do Grupo Municipal Popular de Lugo... Falamos da polifacética Manuela López Besteiro

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.