Os perigos da coalición

Política - 21 Xullo 2005

O futuro presidente galego, Emilio Pérez Touriño, e o seu vicepresidente, Anxo Quintana, poden ter problemas para conformar o goberno da Xunta. E non por falla de nomes para colocar no Executivo, senon pola teima que teñen socialistas e nacionalistas de tentar colocar ós deputados electos...

Avanzan as negociacións

Política - 16 Xullo 2005

Tal e como anunciamos aquí tivo que producirse unha nova xuntanza entre Quintana e Touriño para que as negociacións se desconxelen. Nesa reunión falouse de moitas cousas e case se pechou o goberno, pero, tamén houbo reproches...

Problemas parlamentarios de PSOE e BNG

Política - 15 Xullo 2005

A Presidencia do Parlamento galego será ocupada, moi probablemente, por un diputado socialista. BNG e PSOE coinciden en que sexa unha muller, pero é aquí onde xurden os problemas para os socialistas. Tamén no BNG hai diferencias sobre a persoa que debe ocupar a Vicepresidencia Primeira...

As negociacións conxeladas

Política - 14 Xullo 2005

As negociacións entre PSdeG e BNG ficaron conxeladas hoxe ao non chegar a un acordo ambas as dúas formacións na composición do futuro goberno. Todo pende dun fío, mesmo a relación entre Quintana e Touriño que non se falan dende hai 15 días.

Tensións no PP

Política - 13 Xullo 2005

A situación do PP tras a pérdida da maioría absoluta ténsase cada día máis. Os distintos sectores andan nas últimas semanas recaudando apoios de cara á sucesión do presidente galego, Manuel Fraga. Isto xenera tensións diarias, como se puxo de manifesto na xuntanza do comité de dirección que se celebrou o martes.

Furor licitador da Xunta en funcións

Política - 12 Xullo 2005

Casi 1,2 millóns de euros destinou nas duas últimas semanas o Executivo galego en funcións para tentar colocar a 21 "asistentes técnicos" na Xunta a través, na maior parte dos casos, de procedementos de urxencia...

Fraga cabreado

Política - 11 Xullo 2005

Os últimos movementos do sector da boina están desconcertando ó presidente da Xunta, Manuel Fraga. A visita que lle fixo o presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, a pasada semana, as críticas furifundas ó alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, dende La Región, tamén a pasada semana e "teledirixidas" por Baltar, e os contactos permanentes destes dirixentes non gustan ó outro sector do PP. Fraga ordenou ós seus colaboradores que intenten saber que hai detrás destes movementos.

Kirchner e o PSOE

Política - 11 Xullo 2005

Dende a Emigración nos confirman que, efectivamente, o presidente arxentino Kirchner axudou ao PSOE nas pasadas eleccións autonómicas. Concretamente puxo a funcionar a Aníbal Fernández, ministro do Interior, e ao partido na Provincia de Avellaneda para recaudar o maior número de votos posibles. Tamén nos contan que no país austral está moi extendida a teoría do tamayazo, sobre todo polos dirixentes do PP.

As xuntanzas de Touriño

Política - 09 Xullo 2005

O secretario xeral do PSOE, Emilio Pérez Touriño, reuniu o pasado xoves ós alcaldes de A Coruña, Lugo e Santiago; Francisco Vázquez, José Clemente López Orozco e Xosé Sánchez Bugallo para informarlles sobre a "filosofía" do futuro goberno, da súa estructura e, tamén, para limar "asperezas"...

As dificultades do futuro goberno

Política - 07 Xullo 2005

Non son poucas as dificultades que se auguran nos próximos días para a conformación do futuro goberno da Xunta. Algo que xa se puxo de manifesto na xuntanza que mantiveron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño e o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, e que se repetiu na reunión das delegacións de ambas formacións.

Os "cornos e rabo" do BNG

Política - 07 Xullo 2005

A dirección do BNG considera que as "saídas de tono" dos dirixentes populares, especialmente de Acebes e Zaplana, que non paran de comparar á formación nacionalista con Batasuna ou ERC, pódenlle saír cara aos populares. No Bloque están convencidos de que esta "estratexia do medo" beneficiaos, en vez de perxudicalos. "Canto máis cornos e rabos nos poñan, máis se afianza a credibilidade no nacionalismo galego", apuntan dende esta formación.

O futuro da Fundación Galicia Europa

Política - 06 Xullo 2005

Informannos das incertidumes que rodean o futuro da Fundación Galicia Europa. Unha entidade que podería ser desmantelada nos vindeiros meses para convertila nunha delegación oficial en Bruxelas, seguindo o exemplo basco, ou apostar polo modelo catalán...

As voltas de Mariño

Política - 06 Xullo 2005

O ex alcalde vigués Ventura Pérez Mariño xa tiña intención de dimitir dende hai tempo, mesmo, antes da campaña electoral. A falta de apoio do PSOE galego tras a moción de censura e a intención da dirección socialista de apartalo de Vigo para propiciar un novo goberno, decepcionarono profundamente, ata o punto de sentirse traicionado...

Beiras volve á carga

Política - 05 Xullo 2005

Informannos por varias vías dunha entrevista á revista La Clave realizada polo ex presidente do Consello Nacional do BNG, Xosé Manoel Beiras, e na que volve a arremeter contra dirixentes do seu partido, contra a "peste Fraga", contra o 'vazquismo' e aventura que o que se pode esperar dun futuro goberno entre PSdeG e BNG "non é moito, pero algo sí"....

Quin cumpre a primeira promesa

Política - 04 Xullo 2005

Segundo nos contan Quintana cumpriu a súa primeira promesa. Durante a campaña comprometerase cos xornalistas que o seguían a prepararlles un xantar, dadas a súas dotes culinarias. E dito e feito, o líder nacionalista parece un home de palabra e o pasado sábado convidou a comer en Allariz a preto de 25 xornalistas.

O 'Suresnes' do PP galego

Política - 01 Xullo 2005

Hoxe comeza unha nova etapa para o PP galego. A visita do presidente deste partido, Mariano Rajoy, a Galicia vai supoñer o comezo do fin do actual modelo bicéfalo dos populares galegos e o relevo e afastamento do aínda presidente galego, Manuel Fraga, da dirección deste partido.

A visita a Monte Pío

Política - 01 Xullo 2005

Chegou a este confidencial o rumor de que o aspirante do PSOE á Presidencia da Xunta xa visitou a residencia oficial do aínda presidente do Goberno galego, Manuel Fraga. Nesta visita, Touriño (que ó parecer acudiu acompañado da súa muller) eloxiou o edificio de Monte Pío, aínda que amosou o seu desexo de mudar a decoración.

Rajoy quere xubilar a Fraga

Política - 30 Xuño 2005

Segundo conta El Confidencial Digital, a dirección do PP de Madrid quere xubilar ao presidente galego en funcións e o quere facer dende Xénova e nun proceso que dirixirá o presidente do partido Mariano Rajoy. "Ha sido la última oportunidad de Fraga, le ha salido mal, pues ya está. Ahora no puede ser él quien protagonice el futuro", sinalan dende a sede central desta formación en Madrid.

As presas de Touriño

Política - 30 Xuño 2005

O futuro presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anda estes días apurando ó máximo os prazos de negociación co BNG. Pretende ser investido a finais de xullo por dous motivos; asisitir o 28 dese mes á Conferencia de Presidentes (que Zapatero retrasará se o líder socialista galego non chega a tempo) e porque teme que en agosto, cando a metade dos galegos estén de vacacións, non teña repercusión a súa chegada á Presidencia da Xunta. Nembargantes, o BNG está disposto a esgotar todos os prazos (ata o 18 de agosto) se as negociacións para conformar un novo goberno non chegan a bo porto.

Fernández Lores non cre nas "innovacións"

Política - 30 Xuño 2005

A presentación do novo deseño do Diario de Pontevedra deparou detalles moi significativos. Segundo nos contan, Miguel Anxo Fernández Lores, non vacilou á hora de lembrar, a un auditorio eminentemente popular, a derrota de Fraga diante, mesmo, do presidente da Deputación, Rafael Louzan. Pero, o alcalde de Pontevedra tamén dixo que as "innovacións" teñen que facerse na súa "xusta medida". Referíase a campaña realizada por PP, PSOE e BNG. "Está claro que quen saiu gañando é quen menos mudou", dixo en alusión aos socialistas e logo de bromear que os outros "innovaron de máis (BNG) ou non innovaron nada de nada (PPdeG)".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.