Castela e León cédelle a Galicia o cumio Xacobeo

Política - 21 Xaneiro 2010

O Goberno de Castela e León cedeulle a Galicia a organización do vindeiro cumio Xacobeo logo de que o príncipes se decidiran por Jaca para inaugurar o Ano Xacobeo. O goberno de Juan Vicente Herrera daba xa por feito a pasada semana que o cumio sería na súa comunidade.

O PPdeG acusa a Queremos Galego de ameazar nas aulas

Política - 19 Xaneiro 2010

Radicalizar a imaxe dos defensores do galego para que o PSdeG se desmarque das mobilizacións. Esta é o plan de Feijóo para zafar do conflito lingüístico que el mesmo alimentou.

Cultura non ergue cabeza coa campaña do Xacobeo

Política - 19 Xaneiro 2010

O líder do PP de Santiago cuestiona ao conselleiro en público e os Príncipes de Asturias inaugurarán o Ano Santo en Jaca.

Quintana vai por libre

Política - 18 Xaneiro 2010

O ex vicepresidente da Xunta sorprendeu a propios e estranos con varias decisións adoptadas na última semana. Nesta nova viraxe política, Anxo Quintana, non conta co respaldo do grupo que axudou a impulsar, + BNG, nin tampouco do resto de colectivos da fronte.

Blogger socialista denuncia trato de favor a un deputado do PSOE

Política - 17 Xaneiro 2010

O blogger Enrique Castro, integrante de Red de Blogs Socialistas, denuncia que foi discriminado por Iberia, mentres que un deputado do PSOE recibiu un suposto trato de favor nun voo desta compañía de Madrid a Santiago.

As contradicións do PSdeG co decreto do galego no ensino

Política - 15 Xaneiro 2010

A dirección do PSdeG pronunciouse esta semana en contra do decreto do ensino en galego aprobado por Feijóo. Un posicionamento que chega tarde logo de debates e posturas encontradas nalgunhas agrupacións socialistas.

Feijóo: "hai quen di que é nacionalista e logo manda os fillos a Inglaterra"

Política - 14 Xaneiro 2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou hoxe contra nacionalistas e socialistas por non apoiar o decreto do galego no ensino e apostou por aprender inglés para ser un "europeo do século XXI" e para que non lle pase como a el, que non puido estudiar este idioma porque a súa familia "non tiña medios económicos".

Beiras, Rodríguez e Abalo compartirán opinións na Rolda da Rebeldía

Política - 14 Xaneiro 2010

Xa hai un programa para a Rolda da Rebeldía con catro sesións temáticas e a intervención de dirixentes políticos como Xosé Manuel Beiras, Paco Rodríguez ou Mariano Abalo.

Trapos sucios e 'galeguismo' no sprint do PP ourensán

Política - 14 Xaneiro 2010

A elección no PP de Ourense queima. Jiménez Morán gaña na capital mentres os seus seguidores usan a rede para difamar a Baltar Blanco; hoxe anfitrión da Real Academia Galega.

O inglés dos nosos políticos

Política - 14 Xaneiro 2010

O Goberno de Feijóo acaba de optar por un sistema trilingüe galego-español-inglés para a educación. Sen embargo, a maioría dos políticos galegos e os principais líderes españois obteñen un suspenso neste idioma.

Miranda inicia unha batalla aberta en Ourense

Política - 12 Xaneiro 2010

Manuel Jiménez Morán é un home de Feijóo. Ou iso foi o que dixo o número tres do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, ao referirse á contenda ourensá. Unha afirmación que iniciou unha guerra aberta que, ata o momento, só se libraba de xeito encuberto e en lugares puntuais da provincia.

O BNG apraza a guerra

Política - 12 Xaneiro 2010

Máis BNG e Encontro Irmandiño (EI) coinciden na necesidade de adiantar a Asamblea nacionalista a antes das municipais pero a UPG non é da mesma opinión.

O PCPE contra a "demonización" do comunismo no diccionario

Política - 03 Xaneiro 2010

O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España denuncia a vontade da Real Academia Española (RAE) de incluír o termo totalitarismo na definición do comunismo e rexeita a idea de asimilar comunismo e fascismo.

Sanidade quere meterlle man á anterior directiva da FEGAS

Política - 03 Xaneiro 2010

A Xunta estuda iniciar "algunhas actuacións" sobre a legalidade da labor dos responsables da polémica Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) duranteo o bipartito.

A CIG denuncia enchufismo na Academia de Seguridade da Xunta

Política - 02 Xaneiro 2010

A CIG na Administración Autonómica afirma que o director xeral da Academia de Seguridade de tentou 'enchufar' a varias persoas neste ente da Xunta.

A Atlántida galeguista de Xosé Manuel Baltar

Política - 30 Decembro 2009

O Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos Atlántida botou a andar a semana pasada en Ourense. O seu presidente é Xosé Manuel Baltar e a súa intención é difundir o pensamento dos creadores do pensamento galeguista dun xeito apartidario.

Feijóo cambia a reunión do Consello para evitar a protesta de Queremos Galego

Política - 29 Decembro 2009

O Consello da Xunta reuniuse, dende a chegada do PP ao poder, no Pazo de Raxoi, no Obradoiro. Este mércores xuntarase en San Caetano, nun intento do PP de evitar a coincidencia da reunión dos conselleiros coa protesta que convoca a plataforma a prol do idioma "Queremos Galego", tamén na Praza do Obradoiro.

Camba e un ex-deputado do PP “supervisan” os regalos aos galegos de Cuba

Política - 28 Decembro 2009

Na súa primeira visita a Cuba, o secretario xeral de Emigración da Xunta, Santiago Camba, supervisou a entrega de 700 bolsas de alimentos. Fíxoo canda Xosé Manuel Castelao Bragaña, ex-deputado do PPdeG e presidente da Fundación Galicia Emigración.

Louzán leva ao actor Sancho Gracia á inauguración dun cruceiro en Uruguai

Política - 24 Decembro 2009

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugurou un cruceiro en Uruguai en compaña do actor Sancho Gracia. Na viaxe a Arxentina e Uruguai de principios de mes coincidiu con Feijóo ata en dúas ocasións, a pesar de que o presidente galego, só dixo que estivo con el no Consello da Emigración.

Premios

Política - 22 Decembro 2009

Touriño, Pedro Arias ou Suárez Canal son algúns dos galardonados nos premios que conceden algúns dos xornalstas que cubren a actividade do Parlamento de Galicia.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.