Pleno de Pontevedra no que se declarou a Rajoy persona non grata debido a renovación de ENCE / PP de Pontevedra

Feijóo chamou a Lores para que o BNG vetase a crítica a Rajoy

Política - 23 Febreiro 2016

O presidente do Goberno móstrase molesto coa designación como persoa non grata na súa cidade natal, iniciativa do PSOE e da Marea a que se sumou o Bloque.

Casa do Concello de Cerdedo / berenguela.com

Cerdedo-Cotobade, segundo novo concello en fusionarse

Política - 23 Febreiro 2016

Os dous concellos de Pontevedra sumarán 6.160 habitantes e 214,5 quilómetros cadrados e terán facilidades a fondos especiais da Xunta por fusionarse. Sen embargo, non se desvela a súa estrutura de funcionamento. Rafa Cuíña aposta por abrir conversas para ampliar este modelo á comarca do Deza.

Pablo Iglesias de Podemos celebra os resultados das eleccións europeas /ecorepublicano tweeter

Bases Podemos piden a dimisión da xestora nomeada por Madrid

Política - 23 Febreiro 2016

Denuncia que os seus integrantes poden favorecer a "candidatura oficialista" Tamén pide a renuncia de José García Buitrón da acta de senador por "equiparar a Galicia con Extremadura ou Castela La Mancha".

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros / teinteresa.com

Cerna aposta polo modelo de En Marea pero ampliado

Política - 23 Febreiro 2016

Propón crear un foro para a acción de persoas, grupos e organizacións que "entendan que Galiza como nación está asistida do dereito democrático radical a decidir".

Militantes e cargos do BNG piden que non se peche a porta a un pacto coas mareas

Política - 22 Febreiro 2016

Alba Nogueira, Carme Adán, Olaia Fernández Dávila e Tareixa Paz comparecen ante os medios para defender que a refundación proclamanda pola UPG e o MGS non quede nun simple eslongan.

Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo / xornaldelugo.com

Guerra de afiliados no PP de Lugo

Política - 22 Febreiro 2016

Raquel Arias e Elena Candia rivalizan polo apoio de militantes e agrupacións. O veto da dirección provincial á alta de 133 militantes aos que un concelleiro de Sarria quería pagar 1.600 euros polas súas cotas, acende aínda máis os ánimos.

Unha das reunións das mareas municipalistas / @NosPobra

As mareas cidadáns asentan as bases dun pacto para as autonómicas

Política - 22 Febreiro 2016

Nun encontro en Lugo, varias iniciativas municipalistas definiron os "principios básicos" para estes comicios.

Tone, Antón Gómez-Reino, candidato de En Marea ao Congreso / enmarea.gal

Plurinacionalidade e patria, a debate nunhas xornadas de Podemos, En Marea e En Comú Podem

Política - 22 Febreiro 2016

O partido de Pablo Iglesias e as súas confluencias debatirán sobre o modelo territorial plurinacional que defenden para o Estado. Por parte galega participará o deputado Antón Gómez-Reino.

Pilar Cancela, número dous do PSdeG / psdeg-psoe.org

Cancela di que Besteiro non actuará "para debilitar" ao PSdeG a pesar de ser o "mellor candidato"

Política - 21 Febreiro 2016

Di que a súa situación xudicial "non é unha casualidade" e pediulle "celeridade" á xuíza De Lara ao entender que "os xulgados tampouco poden condicionar a vida política".

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

En Marea quere negociar co PSOE a conformación dun novo goberno

Política - 21 Febreiro 2016

Alexandra Fernández asegura que lle presentará aos socialistas o seu "documento propio" no que se terán e conta os sectores productivos e os principais problemas de Galicia.

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense / depuourense.es

As redes sociais e as novas tecnoloxías, prioridades de Baltar como presidente do PP de Ourense

Política - 21 Febreiro 2016

O presidente da deputación formaliza 16 compromisos na súa candidatura a presidir o PP ourensán no que fai unha aposta decidida polas redes sociais e a inovación tecnolóxica.

Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG

Pontón sinala a actualizar o discurso e a estrutura como prioridades do BNG

Política - 21 Febreiro 2016

A lista proposta á Asemblea para refundar o Bloque inclúe a destacados dirixentes da UPG e do Movemento Galego ao Socialismo, pero non a militantes doutra corrente, Abrente.

Ana Belén Pontón

Ana Pontón, probábel nova líder do BNG

Política - 20 Febreiro 2016

O Consello Nacional do Bloque aprobou este sábado a lista para a súa renovación. Como resultado, o máis probábel é que a deputada no Parlamento de Galicia Ana Pontón sexa a primeira muller que exerza como voceira nacional do BNG.

Miguel Tellado /ppdegalicia.com

“A quen declararon persoa non grata os pontevedreses foi ao BNG nas xerais"

Política - 20 Febreiro 2016

O PPdeG, a través do seu portavoz, responde a declaración de Mariano Rajoy como persona non grata en Pontevedra ao fío da renovación a ENCE. O secretario do municipio tamén protesta.

Rafael Cuíña, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Paulo Carlos López durante a lectura da tese deste último / FB Rafa Cuíña

Touriño e Quintana, xuntos sete anos despois

Política - 19 Febreiro 2016

O ex presidente e ex vicepresidente do bipartito asistiron a unha tese sobre os últimos tempos do seu goberno realizada polo politólogo e dirixente de CxG, Paulo Carlos López.

Por qué Turismo de Galicia contrata tanto sen publicidade?

Política - 19 Febreiro 2016

Nas contratacións de Turismo de Galicia nun ano, de 94 contratos convocados, 54 foron sen publicidade e só 31 saíron publicados no DOG.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Bascuas critica as forzas que negocian en Madrid por non defender Galicia

Política - 19 Febreiro 2016

Di que o país non importa nas negociacións que se están dando en Madrid para a conformación dun novo goberno no Estado.

Rajoy pasea por Pontevedra antes de que un mozo lle dera unha labazada na cara / @anapastorjulian

Pontevedra declara “persoa non grata” a Rajoy

Política - 19 Febreiro 2016

O pleno do Concello aprobará este luns unha moción do PSdeG e Marea de Pontevedra, co apoio do BNG, para repudiar ao actual presidente en funcións do Goberno pola prórroga concedida a Ence.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / Pontevedraviva.com

Lores utiliza o argumento das mareas e pide unha moción de censura contra o BNG

Política - 18 Febreiro 2016

Denuncia que os grupos da oposición en Pontevedra queren “atacar” o proxecto nacionalista e di que si se aceptan todos os seus informes "atascaríase de forma improcedente" a maquinaria municipal.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta / xunta.gal

Feijóo mantén as eleccións galegas para o outono

Política - 18 Febreiro 2016

O presidente galego asegura que o que pase no Estado non influirá no calendario galego no que hai previstas eleccións autonómicas para outono. Cualifica de “paripé” e “teatro” as conversas que teñen o PSOE con Ciudadanos e con Podemos.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.