As dificultades do futuro goberno

Política - 07 Xullo 2005

Non son poucas as dificultades que se auguran nos próximos días para a conformación do futuro goberno da Xunta. Algo que xa se puxo de manifesto na xuntanza que mantiveron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño e o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, e que se repetiu na reunión das delegacións de ambas formacións.

Os "cornos e rabo" do BNG

Política - 07 Xullo 2005

A dirección do BNG considera que as "saídas de tono" dos dirixentes populares, especialmente de Acebes e Zaplana, que non paran de comparar á formación nacionalista con Batasuna ou ERC, pódenlle saír cara aos populares. No Bloque están convencidos de que esta "estratexia do medo" beneficiaos, en vez de perxudicalos. "Canto máis cornos e rabos nos poñan, máis se afianza a credibilidade no nacionalismo galego", apuntan dende esta formación.

O futuro da Fundación Galicia Europa

Política - 06 Xullo 2005

Informannos das incertidumes que rodean o futuro da Fundación Galicia Europa. Unha entidade que podería ser desmantelada nos vindeiros meses para convertila nunha delegación oficial en Bruxelas, seguindo o exemplo basco, ou apostar polo modelo catalán...

As voltas de Mariño

Política - 06 Xullo 2005

O ex alcalde vigués Ventura Pérez Mariño xa tiña intención de dimitir dende hai tempo, mesmo, antes da campaña electoral. A falta de apoio do PSOE galego tras a moción de censura e a intención da dirección socialista de apartalo de Vigo para propiciar un novo goberno, decepcionarono profundamente, ata o punto de sentirse traicionado...

Beiras volve á carga

Política - 05 Xullo 2005

Informannos por varias vías dunha entrevista á revista La Clave realizada polo ex presidente do Consello Nacional do BNG, Xosé Manoel Beiras, e na que volve a arremeter contra dirixentes do seu partido, contra a "peste Fraga", contra o 'vazquismo' e aventura que o que se pode esperar dun futuro goberno entre PSdeG e BNG "non é moito, pero algo sí"....

Quin cumpre a primeira promesa

Política - 04 Xullo 2005

Segundo nos contan Quintana cumpriu a súa primeira promesa. Durante a campaña comprometerase cos xornalistas que o seguían a prepararlles un xantar, dadas a súas dotes culinarias. E dito e feito, o líder nacionalista parece un home de palabra e o pasado sábado convidou a comer en Allariz a preto de 25 xornalistas.

O 'Suresnes' do PP galego

Política - 01 Xullo 2005

Hoxe comeza unha nova etapa para o PP galego. A visita do presidente deste partido, Mariano Rajoy, a Galicia vai supoñer o comezo do fin do actual modelo bicéfalo dos populares galegos e o relevo e afastamento do aínda presidente galego, Manuel Fraga, da dirección deste partido.

A visita a Monte Pío

Política - 01 Xullo 2005

Chegou a este confidencial o rumor de que o aspirante do PSOE á Presidencia da Xunta xa visitou a residencia oficial do aínda presidente do Goberno galego, Manuel Fraga. Nesta visita, Touriño (que ó parecer acudiu acompañado da súa muller) eloxiou o edificio de Monte Pío, aínda que amosou o seu desexo de mudar a decoración.

Rajoy quere xubilar a Fraga

Política - 30 Xuño 2005

Segundo conta El Confidencial Digital, a dirección do PP de Madrid quere xubilar ao presidente galego en funcións e o quere facer dende Xénova e nun proceso que dirixirá o presidente do partido Mariano Rajoy. "Ha sido la última oportunidad de Fraga, le ha salido mal, pues ya está. Ahora no puede ser él quien protagonice el futuro", sinalan dende a sede central desta formación en Madrid.

As presas de Touriño

Política - 30 Xuño 2005

O futuro presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anda estes días apurando ó máximo os prazos de negociación co BNG. Pretende ser investido a finais de xullo por dous motivos; asisitir o 28 dese mes á Conferencia de Presidentes (que Zapatero retrasará se o líder socialista galego non chega a tempo) e porque teme que en agosto, cando a metade dos galegos estén de vacacións, non teña repercusión a súa chegada á Presidencia da Xunta. Nembargantes, o BNG está disposto a esgotar todos os prazos (ata o 18 de agosto) se as negociacións para conformar un novo goberno non chegan a bo porto.

Fernández Lores non cre nas "innovacións"

Política - 30 Xuño 2005

A presentación do novo deseño do Diario de Pontevedra deparou detalles moi significativos. Segundo nos contan, Miguel Anxo Fernández Lores, non vacilou á hora de lembrar, a un auditorio eminentemente popular, a derrota de Fraga diante, mesmo, do presidente da Deputación, Rafael Louzan. Pero, o alcalde de Pontevedra tamén dixo que as "innovacións" teñen que facerse na súa "xusta medida". Referíase a campaña realizada por PP, PSOE e BNG. "Está claro que quen saiu gañando é quen menos mudou", dixo en alusión aos socialistas e logo de bromear que os outros "innovaron de máis (BNG) ou non innovaron nada de nada (PPdeG)".

Os "dous pacos" de La Voz

Política - 29 Xuño 2005

Co titular "Los vazquistas y la UPG tienen la llave de la negociación de la nueva Xunta", La Voz de Galicia faise eco dunha información que publicou Galicia Confidencial o pasado luns.

A "humildade" do PP na emigración

Política - 29 Xuño 2005

Chégannos novas dende a emigración afirmando que dende o pasado 19 de xuño os dirixentes populares na Emigración mudaron a súa forma de ser. "A la gente del PP nunca la vi tan humilde y a la vez gentil, pero nosotros nos mantenemos cautos porque debajo de estas ovejitas ya conocemos el lobo que ocultan", sinalan. Así, suliñan que, a pesares dalgúns fraudes, o voto emigrante tamén serviu para consolidar o cambio en Galicia.

A candidata do PP perdida no Caribe

Política - 29 Xuño 2005

Alguns dirixentes do PP xa debían ter asumido que non ían conseguir o escaño once por Pontevedra no reconto do voto emigrante do pasado luns. Senon non se entende como a candidata popular que lle disputaba o posto ó socialista Manel Gallego, Rosa Oubiña Solla, estivera dende mediados da pasada semana ilocalizada para os medios galegos. A razón alegada, unha viaxe ó Caribe. Ó parecer, non todos, na dirección popular estaban ó tanto desta viaxe de pracer.

A Xunta de Touriño e de Quintana

Política - 28 Xuño 2005

Touriño e Quintana comparten no fondo os mesmos obxectivos para Galicia, pero non as formas. Así, Touriño sinalou hoxe que negociará co BNG pero, advertiu que o PSdeG terá que ser "sen dúbida, o eixo" do futuro goberno cos obxectivos de reformar o Estauto e crear emprego. Quintana aposta por elaborar un novo Estatuto de nación, un novo modelo de financiación e o pago da débeda histórica. Pero puntualizou en varias ocasións que "non se trata nin de poñer condicións nin esixencias" senon "dialogar e falar" para entenderse.

Un gran despiste dos fontaneiros do BNG

Política - 28 Xuño 2005

Segundo nos contan varios colegas dos medios, onte os fontaneiros do BNG estiveron ausentes dun dos momentos históricos para Galicia. Mentres que as direccións do PSdeG e PPdeG seguían moi de preto o reconto do voto emigrante, á Executiva nacionalista non estaba nin se lle agardaba. Quintana estaba en Madrid para asistir hoxe a unha sesión no Senado, pero nin o coordinador da Executiva, Francisco Jorquera, nin a Adxunta á Dirección, Ánxela Bugallo deron sinais de vida. Tampouco o gabinete de prensa estivo á altura das circunstancias; nin colleron os teléfonos, nin mandaron ningunha nota de prensa. O resultado: o gran protagonista da noite de onte foi Touriño.

HAI CAMBIO EN GALICIA

Política - 28 Xuño 2005

Finalmente, e tras unha semana de espera, haberá cambio de goberno na Xunta. O futuro presidente será Emilio Pérez Touriño con Anxo Quintana como vicepresidente. O PPdeG non acadou a maioría absoluta ao conseguir tan só 15.371 votos en Pontevedra, o 49,6% do total. O PSdeG obtivo 13.518, o 43,6% e o BNG 1.263, o 4,08%. Socialistas e populares case que empataron no voto da emigración e o PSdeG mesmo venceu ao PPdeG en Lugo. Tal foi a ledicia que Touriño saiu a celebrar a victoria á Praza Roxa de Santiago de Compostela.

Un 'cristo' en Pontevedra

Política - 27 Xuño 2005

O reconto do voto emigrante en Pontevedra está resultado un 'cristo'. O PPdeG está utilizando todos os métodos posibles para intentar retrasar e embarullar o reconto electoral. A última maniobra é a ameaza de levar á Xunta Electoral Provincial ante o Constitucional se continúa co escrutinio sen que se computen os máis de 3.000 votos que foron declarados non válidos por chegar despois do 19 de xullo sen mataselos do país de orixe. A estratexa está sendo coordinada dende o PP de Madrid.

Os dous Pacos

Política - 27 Xuño 2005

O éxito dun posible pacto entre PSdeG e BNG pasa, irremediablemente, polo entendemento, ou polo menos, do ature mútuo, dos dous Pacos; Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG e Francisco Vázquez, alcalde de A Coruña e presidente da FEMP.

Nervios na Audiencia Provincial de Pontevedra

Política - 27 Xuño 2005

Houbo moitos nervios na Audiencia Provincial de Pontevedra durante a pasada semana e, especialmente, hoxe, cando se está a proceder o reconto definitivo do voto emigrante. Segundo nos contan, extremáronse as medidas de seguridade. Instalaronse detectores, revísanse os contidos de bolsas, bolsos ou mochilas e os gardas civis que custodian a entrada levan unha semana sen poder saír a tomar o café. Por iso, todos os traballadores da Audiencia desexan que o reconto remate pronto para volver a tónica diaria.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.