Henrique Monteagudo, Alonso Montero e Anxo Angueira nun acto da Fundación Rosalía/ RAG

A RAG leva o decreto do galego ao Constitucional

Sociedade - 28 Abril 2015

A Academia lembra que tanto o Estatuto, como a Constitución, como a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias recollen a necesidade de defender a lingua propia do país ante un decreto que, di, lesiona os dereitos dos galegofalantes.

Plantación de eucaliptos na área de protección da RN2000 do Careón que pon en perigo especies endémicas galegas

Os eucaliptos que esmagan especies endémicas galegas en zonas protexidas

Sociedade - 28 Abril 2015

Unha nova plantación desta especie invasora afecta directamente a tres especies en perigo de extinción na área protexida da RN2000 do Careón.

Arquipélago de Madeira

Galicia terá voos ao arquipélago de Madeira

Sociedade - 28 Abril 2015

Haberá dous voos semanais á capital, Funchal, e a Porto Santo.

Francisco Franco

Pousa Antelo, os mártires de Carral ou Díaz Pardo enterrarán a memoria de Franco en Lugo

Sociedade - 28 Abril 2015

O Concello de Lugo estuda retirar as distincións municipais ao ditado e a Antonio Pedrosa Latas, Comandante Manso e Heli Rolando de Tella. A Corporación municipal tamén decidirá sobre o cambio de nome de varias rúas en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Homenaxe aos republicanos na Illa de San Simón Homenaxe aos republicanos na Illa de San Simón

As vítimas do Franquismo de San Simón xa teñen a súa homenaxe en Vilaboa

Sociedade - 27 Abril 2015

A Asociación a Regaduxa promove un monumento na súa homenaxe no peirao de Santa Cristina de Cobres.

Integrantes de Puta España Musical, grupo naci detido pola súa incitación ao odio

Nazis detidos en Pontevedra por incitar ao odio e a xenofobia

Sociedade - 27 Abril 2015

A Policía realizou unha operación conxunta en tres cidades para desarticular ao grupo musical Puta España Musical (PEM) polos seus temas vexatorios.

Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE

O Goberno español seguirá loitando para erradicar ao “grupo terrorista” Resistencia Galega

Sociedade - 26 Abril 2015

O delegado do Goberno central en Galicia di que Galicia é, agora, a única autonomía que ten un “grupo terrorista” operando.

Consellos para previr a tortícole

Sociedade - 25 Abril 2015

Osvaldo Gago, da clínica ourensana Antela Saúde, explícanos como evitar este tipo de dor tan frecuente na sente que traballa sentada.

Un dos peches dos estudanes no campus de Ourense

Prisión para tres estudantes tras unha protesta pola educación pública

Sociedade - 24 Abril 2015

Foron condenados a penas de entre un e dous anos tras unhas protestas que tiveron lugar en Ourense en outubro de 2012. O xulgado mantén que acurralaron e agrediron a varios axentes e ordea que os indemnice polas lesións causadas.

Gatos comendo na rúa

O concello de Santiago mimará aos seus gatos

Sociedade - 24 Abril 2015

Aproba un protocolo para “a creación e mantemento de colonias de gatos” nos que favorece a súa protección e anima á adopción.

Bombeiros de Negreira e Santa Comba esixindo a readmision de despedidos/ Que Pasa na Costa

Os bombeiros queren recoñecemento profesional

Sociedade - 24 Abril 2015

Todos os sindicatos do sector instan á Xunta que cumpra a Lei de Emerxencias de Galicia. Denuncian que os grupos parlamentarios recoñecen a “irregularidade” da súa situación profesional.

O vicepresidente,  a presidenta e o organizador da xuntanza da rede europea de multilingüismo en Vigo; Joan Pujolar, Bernadette O’Rourke e Fernando Ramallo / uvigo

“Os neofalantes teñen que crear os seus espazos en Galicia ou Escocia”

Sociedade - 24 Abril 2015

Os retos e os desafíos dos neofalantes. Ese foi un dos principais temas que abordaron máis de 50 expertos de varios países europeos nun encontro que tivo lugar en Vigo. Bernadette O’Rourke, presidenta dunha rede europea centrada no estudo deste fenómeno, destaca as dificultades que existen en varios estados europeos cos novos falantes das linguas minoritarias.

Folletos da campaña a prol da atención telefónica en galego /CIG

Campaña para reivindicar atención en galego nos centros de chamadas

Sociedade - 23 Abril 2015

A federación de Banca do sindicato CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística sosteñen que a medida permitiría a creación de 2000 empregos no país e remataría coa discriminación do idioma nesta materia.

Fernando Ramallo, especialista en neofalantismo e membro do Comité de Expertos do Consello de Europa que se encarga de velar pola Carta Europea das Linguas Minoritarias

“Non se pode pensar no futuro do galego sen os neofalantes”

Sociedade - 22 Abril 2015

O neofalantismo xurdiu, principalmente, nos anos oitenta e hoxe é xa unha variante e unha opción lingüística emerxente que, ás veces, entra en conflito co falante tradicional. E cun galego que corre moitos riscos, o futuro da lingua ten que contar cos neofalantes. Iso é o que opina nesta entrevista o profesor da Universidade de Vigo e especialista neste eido, Fernando Ramallo.

Sue Rainbow

O físico que voltou a Galicia logo de conseguir un millón e medio de euros

Sociedade - 22 Abril 2015

Diego Martínez Santos é un dos físicos de partículas máis prometedor do país. Logo de pasar algún tempo na emigración para desenvolver o seu traballo acaba de voltar a Galicia grazas a súa experiencia e a súa valía.

Prisión de A Lama

As prisións da Lama e Teixeiro, no punto de mira por denuncias de torturas

Sociedade - 22 Abril 2015

Esculca e Avogados Novos de Vigo critican as restricións a un interno en folga de fame desde decembro e que xa perdeu 20 quilos de peso. Falan de mortes en "estrañas circunstancias".

Protestas no HULA pola falla de varios servizos

Pídenlle a Feijóo que se vista de vermello para defender a sanidade

Sociedade - 21 Abril 2015

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo agarda que o presidente da Xunta se vista a camisola vermella en defensa da HULA.

Inmigrantes na manifestación da folga xeral do 14N de 2012 en Ourense/ Pablo Rodríguez

Os estranxeiros tamén marchan de Galicia

Sociedade - 21 Abril 2015

A maior parte dos que viven no país están empregado como autónomo, no mar, no agro ou en tarefas do fogar.

Rolda de prensa das asociacións da Igrexa de base de Galicia

Os católicos activistas deciden meterse en política para favorecer o cambio

Sociedade - 21 Abril 2015

As asociacións da igrexa de base en Galicia decidiron participar dos movementos de cambio do país para “romper o sistema actual”.

Protesta contra a privatización do Rexistro Civil /ccooxustiza

Rexistros Civís menos íntimos e moito máis caros

Sociedade - 18 Abril 2015

O Goberno entregará a xestión deste servizo público aos rexistradores da propiedade a partir do 15 de xullo. Os traballadores din que o custe pode subir até un 8000%. O PSdeG, que inicia unha ofensiva parlamentaria sobre este tema, culpa ao PP de "mercantilizar a intimidade" por "nepotismo".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.