Protesta de persoal sanitario no Meixoeiro

Enfermeiros do Meixoeiro piden a sinatura dos superiores para atender aos pacientes dos corredores

Sociedade - 28 Xaneiro 2015

Din que a situación de colapso non é nova, nin só se produce nesta época do ano, como di a Xunta, senón que “é habitual” desde hai anos.

Rocío Mosquera na Cámara galega / parlamento

Todos os grupos da oposición piden a dimisión da conselleira polo caos sanitario

Sociedade - 27 Xaneiro 2015

Rocío Mosquera repite que os problemas das saturacións en urxencias son debidos aos "repuntes" da gripe e asegura que todos os pacientes de hepatite C estań sendo atendios.

Detido no desafiuzamento dunha familia en Arins / correotv

Denuncian á Policía por "detención ilegal" tras un desafiuzamento

Sociedade - 27 Xaneiro 2015

Stop Desafiuzamentos di que “en ningún momento está xustificada” a detención do mediador do levantamento de Aríns, en Compostela.

Marcha en defensa da sanidade pública na Coruña /CIG A manifestación en contra da privatización do SERGAS en Vigo /cig

Cal é a espera media dunha operación en Galicia?

Sociedade - 27 Xaneiro 2015

A Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que os recortes está favorecendo os "colapsos nos servizos de urxencia de todos os hospitais galegos". Caballero insta a Feijóo a atender o "estado límite" da sanidade viguesa.

O reitor da UDC Xosé Luís Armesto Barbeito

O reitor da UDC culpa ao Goberno de favorecer á privada

Sociedade - 27 Xaneiro 2015

Armesto denuncia nesta entrevista con GC que a Xunta está a promover as universidades privadas (xa hai unha na Coruña e pode abrir outra en Sada) mentres que as públicas e as bolsas soportan recortes. A convivencia de tres universidades públicas no país e a I+D son outros puntos desta conversa.

Mascato na procura de comida

A Coruña será a capital da ornitoloxía esta fin de semana

Sociedade - 26 Xaneiro 2015

O Grupo Naturalista Hábitat organizará grupos para avistar aves en diferentes puntos da cidade, entre elas, mascatos ou corvos mariños.

Clase de inglés para nenos / ciudadpeques.com

O PP insiste na educación en inglés

Sociedade - 26 Xaneiro 2015

Os populares rexistran unha iniciativa na Cámara para implantar a educación plurilingüe en Bacharelato e FP porque "un dos principais déficits crónicos do sistema educativo español foi a debilidade da aprendizaxe en idiomas estranxeiros".

Defensa do galego nunha manifestación en Santiago

Peregrinaxe polo galego

Sociedade - 25 Xaneiro 2015

A Asociación de Prensa de Santiago realiza un tramo do Camiño para reclamar á sociedade que defenda a lingua galega.

Unha execución dun nai e dunha filla xudeas nun campo de concentración

AGAI solicita que o Parlamento de Galicia se sume a conmemoración internacional das Vítimas do Holocausto

Sociedade - 25 Xaneiro 2015

É a sexta ocasión que esta entidade pide o apoio de todos os grupos para denunciar a barbarie nazi.

Nenas nun centro  de ensino/ aragondigital.com

O TSXG desestima o recurso contra a división por sexos nos centros

Sociedade - 23 Xaneiro 2015

A Consellería de Educación saca peito tras a decisión. A CIG-Ensino anuncia que recorrerá e lembra que o Tribunal Supremo xa declarou ilegais os concertos entre 2009 e 2012.

A Policía impide o paso ao Obradoiro durante a visita de Merkel a Santiago/twitter

Acusan ao PP de "fascistizar" a sociedade

Sociedade - 23 Xaneiro 2015

Dirixentes do BNG e da CIG anuncian que seguirán “protestando” e acusan ao PP de practicar unha “política represiva”. Din que a Policía realizou un “atestado inverosímil” durante a protesta de Merkel.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo/ xunta.es

Feijóo di que a Xunta “actuará de forma inmediata” ante denuncias sobre menús de comedores escolares

Sociedade - 23 Xaneiro 2015

A empresa que serviu almorzos con larvas traballa en 25 centros galegos, pero Educación asegura que as súas deficiencias “xa foron solventadas”.

A aparición de larvas nos menús desatou numerosas protetestas de pais e alumnos /Federación de Sindicatos de Trabajadoras y Trabajadores de la Enseñanza de Castilla y Léon, intersindical

A Xunta expedienta a provedora de 25 colexios multada por vermes en menús

Sociedade - 22 Xaneiro 2015

Educación confirma a GC a apertura dun expediente sancionador a unha empresa de catering que acaba de ser multada con 134.000€ debido aos seus menús escolares en e Castilla y León. A Xunta admite que tamén detectou "problemas" no país. A compañía sigue dando de xantar a alumnos de, polo menos, Monforte, Celanova, Ribadavia, Boiro, Ribeira, Cambre, Carballo, Malpica, Cerceda, Corcubión, Muros, Barbadás, Manzaneda, A Peroxa e Montederramo. Lista completa de centros no interior.

Manuel Fernández Castiñeiras, o electricista acusado de roubar o Códice Calixtino / catalunyapress.com

O marroquí contratado por 300 euros para dar unha “malleira”

Sociedade - 21 Xaneiro 2015

O administrador da catedral desconfiou que Fernández Castiñeiras roubaba cartos pola súa traxectoria no Seminario Maior, nunha empresa anterior e por un roubo na Corticela. Di que o ameazou en varias ocasións.

Bombeiros de Negreira e Santa Comba esixindo a readmision dos despedidos/ Que Pasa na Costa

A Xunta queda só na defensa da privatización do servizo de bombeiros

Sociedade - 21 Xaneiro 2015

A Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) aposta por un servizo de bombeiros público, xestionado “directamente” pola administración.

Manuel Fernández Castiñeiras, o electricista acusado de roubar o Códice Calixtino / catalunyapress.com

O electricista que gañou máis de dous millóns de euros "traballando" na Catedral

Sociedade - 20 Xaneiro 2015

Manuel Fernández Castiñeiras di que o diñeiro en metálico atopado nas súas propiedades é do que gañou como electricista. O xuíz declara nulas as probas obtidas polos micrófonos instalados na súa casa.

Illas Cíes /pichardiño flickr

Caballero quere que as Cíes sexan patrimonio da humanidade

Sociedade - 20 Xaneiro 2015

O rexedor vigués quere coordinarse con otros lugares de Galicia para “evitar facerlles dano” na competición pola candidatura.

Vázquez Taín durante unha entrevista/rtve

A defensa do electricista acusado de roubar o Códice carga contra o xuíz Vázquez Taín

Sociedade - 19 Xaneiro 2015

A avogada de Manuel Fernández Castiñeira denuncia irregularidades no proceso e critica que a súa detención se excedeu do "prazo legal" de 72 horas.

Marcos Maceira, terceiro pola esquerda, presidente da Mesa,  canda outros membros da European Language Equality Network

A situación do galego, denunciada perante a ONU

Sociedade - 19 Xaneiro 2015

A Mesa pola Normalización Lingüística forma parte dunha delegación da Rede Europea para a Igualdade Lingüísitica (ELEN) que presentará un informe sobre discriminacións linguísticas no Estado español. Marcos Maceira argumenta que “ademais da denuncia internacional cómpre unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega na manifestación do 8 de febreiro”.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.