I Xornada do Traxe Tradicional Galego

Sociedade - 21 Novembro 2009

Este domingo 22 de novembro, a Asociación Cultural de Amigos da Pandeireta organiza en Moforte a I Xornada do Traxe Tradicional Galego. Alí se explicarán as diferentes tipoloxías de traxes e usos, as pezas dos mesmos e os tecidos. Haberá unha pequena mostra de traxes cedidos polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas, que ten unha das mellores coleccións de traxes que existen en Galicia.

Galicia, un paraiso para os ornitólogos

Sociedade - 21 Novembro 2009

Os ornitólogos aseguran que Galicia é un paraíso para a observación das aves migratorias. Hai unhas semanas, un equipo francés da revista especializada Ornithomedia estivo en Ortegal para comprobalo. Estas son as súas impresións.

O Consello da Cultura toma a iniciativa

Sociedade - 20 Novembro 2009

O Consello da Cultura decidiu hoxe dar un paso para acadar o consenso lingüístico en Galicia e evitar que o galego se convirta nun elemento de confrontación política...

A Galicia Contaminante

Sociedade - 20 Novembro 2009

Axencia Europea do Medio Ambiente ben de publicar un mapa interactivo das empresas que polucionan en toda Europa. Galicia non queda á marxe, especialmente, as áreas máis industrializadas…

A Galicia contaminante

Sociedade - 20 Novembro 2009

A Axencia Europea do Medio Ambiente ben de publicar un mapa interactivo das empresas que polucionan en toda Europa. Galicia non queda á marxe, especialmente, as áreas máis industrializadas...

O Baixo Miño lembra a represión franquista

Sociedade - 20 Novembro 2009

A Comisión Cidadá pola verdade do 36 organiza, desde hoxe e ata o 24 de novembro, as IV Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño. Esta asociación naceu no ano 1996 e ten feito diferentes actividades durante estes anos, desde a presentación  do libro de Antón Alonso Ríos "O siñor Afranio" ata a inauguración do monumento ás persoas que sufriron a represión feito por Silverio Rivas na Alameda de Tui, pasando por mocións nos concellos do Baixo Miño onde se instaba á retirada dos símbolos franquistas.

Malestar en Santiago polo "coruñesismo" de Pilar Farjas

Sociedade - 19 Novembro 2009

A posición que mantivo a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, no conflicto entre a Universidade da Coruña (UDC) e de Santiago (USC) pola creación dunha nova facultade de Medicina na universidade coruñesa xenerou moito malestar nos ámbitos universitarios compostelanos e tamén en parte do propio Goberno galego...

ULTIMA HORA.- INCENDIO DUNHA PLANTA DE PINTURA NO PORRIÑO

Sociedade - 19 Novembro 2009

Acabannos de remitir as primeiras imaxes do incendio que desde a mañán de hoxe afecta a unha fábrica de pinturas do polígono de A Granxa, no Porriño, e que provocou o desaloxo de varias empresas veciñas pola importante nube tóxica que se formou. Podes ver o video aquí.

A Galicia única de Feijóo cunha soa universidade e un só aeroporto

Sociedade - 19 Novembro 2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estivo esta pasada fin de semana na Convención Nacional do PP e, aproveitando a viaxe, estivo no Centro Galego de Barcelona acompañado polo candidato popular na cidade, Alberto Fernández Díaz...

Premio especial do Ministerio de Educación para o CEIP Quintela

Sociedade - 18 Novembro 2009

O Ministerio de Educación acaba de concederlle o "Premio Especial a las Competencias Lectoras" ao blog da biblioteca escolar do colexio de Quintela, dentro da convocatoria "Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet".

Nova guerra lingüística a conta da TDT

Sociedade - 18 Novembro 2009

O anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de estudiar a extensión da TDT galega as comarcas do occidente de Asturias e Castela e León volveu abrir unha nova polémica nas autonomías veciñas. Uns amosanse a favor e outros, en contra..

Menos axudas á cooperación no 2010

Sociedade - 18 Novembro 2009

A Coordenadora Galega de ONG´s denuncia que os orzamentos da Xunta para o 2010 reducen nun 16% as axudas á cooperación...

As matizacións de GB á sentenza do Tribunal Supremo

Sociedade - 17 Novembro 2009

Galicia Bilingüe asegura que o Tribunal Supremo "deixa a porta aberta" a que se escolla ou non a lingua na ensinanza e asegura que a resolución sobre o recurso interposto por un pai vigués "non impide que o dereito a elixir o idioma veícular se poida recoñecer por lei"...

O galego xa ten sentencia favorable

Sociedade - 17 Novembro 2009

O Tribunal Supremo ben de confirmar o dereito da Xunta a impartir clases en galego a pesar da oposición que poidan alegar algúns pais. Así, desestimou un recurso presentado por un pai vigués que criticaba a imposición desta lingua na ensinanza do seu fillo durante a etapa do bipartito. "A ensinanza da lingua na comunidade autónoma é competencia da Xunta", sinala a sentencia que apunta que a Lei de Normalización Lingüística recolle que o galego é materia de estudo obrigatorio a todos os niveis de estudo non universitario. "A discriminación produciríase no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo demandante, no caso de permitir que, a criterio do peticionario, se puidera cursar un determinado tipo de estudio con olvido ou marxinación dunha das linguas concorrentes", apunta, ademais, o maxistrado. Via laopinion

'El follonero' no Pazo de Meirás

Sociedade - 16 Novembro 2009

Interesante reportaxe da Sexta coa visita de 'El follonero' ao Pazo de Meirás.

REPORTAXE.- As privatizacións chegan ao mosteiro de Celanova

Sociedade - 16 Novembro 2009

Os orzamentos para o vindeiro ano 2010 amosáronnos a política ultraliberal do Goberno popular, que deu luz verde á vaga de privatizacións nos servizos públicos básicos, como a sanidade ou o ensino. Nembargante, o concello de Celanova, rexido polo popular Antonio Mouriño, deu un paso máis alá para atreverse a acometer a privatización do patrimonio histórico-cultural máis senlleiro desta vila ourensá, o mosteiro de San Salvador, para convertelo nun hotel de luxo...

APDR denuncia agresións por parte da BRILAT

Sociedade - 15 Novembro 2009

A Asociación pola Defensa da Ría denuncia a agresión por integrantes da BRILAT de dous sesaxenarios da parroquia de Salcedo, en Pontevedra...

Novo blog sobre a meteoroloxía galega

Sociedade - 15 Novembro 2009

Xorde unha nova páxina para respostar todas as dúbidas, e mesmo fallos nas previsións, da meteoroloxía en Galicia. Esta web está xestionada por Juan Taboada, técnico de Meteogalicia, e chámasa Metereoloxía por Metereoloxía.

Coruña Liberal non acepta os argumentos municipais

Sociedade - 14 Novembro 2009

Coruña Liberal critica as explicacións dadas polo Concello para proibir a campaña a favor do "L" nos autobuses municipais e agradece o tratamento dalgúns medios, nomeadamente, o de La Voz de Galicia...

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.