Os nazis galegos presentanse en sociedade

Sociedade - 08 Setembro 2009

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

A Estación Espacial Internacional, a vista de páxaro

Sociedade - 08 Setembro 2009

Se tes un bo telescopio poderás observar estes días a Estación Espacial Internacional nos ceos de Galicia. Tamén a simple vista se pode ver coma un puntiño luminoso que se despraza a gran velocidade. Podes ver aquí a información máis pormenorizada do paso da ISS pola Coruña.

Temor na Costa da Morte a supresión de vos de Ryanair en Lavacolla

Sociedade - 04 Setembro 2009

Mentres distintos colectivos reclaman un aeroporto galego forte e competitivo centralizado en Compostela para facer fronte a Oporto, outras asociacións reclaman o mantemento das liñas nos aeroportos de Vigo e A Coruña. Desta volta é a Asociación de Turismo da Costa da Morte quen pide que non se supriman vos de Ryanair en Lavacolla...

Piden recepción dixital da TVG para o Bierzo

Sociedade - 04 Setembro 2009

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo acaba de remitir unha carta aos procuradores das cortes de Valladolid para reclamar a recepción da TVG dixital nesta comarca...

Fin de semana de poesía no Condado

Sociedade - 03 Setembro 2009

A pesar das dificultades, ao serlle retirada a subvención por parte da Consellería de Cultura, mañá arrinca a XXIII edición do Festival da Poesía do Condado baixo o lema 'Outro mundo é necessário. construamos a alternativa'...

DOCUMENTO.- Simulacro de emerxencia non autorizado en A Lama

Sociedade - 03 Setembro 2009

A CIG informa de que a dirección do Centro Penitenciario de A Lama, e contrariamente ao ordenado pola dirección de Institucións Penitenciarias, realizou o pasado 29 de xullo un simulacro non autorizado por non ser autorizado por Madrid e por non ter sido avisados os representantes dos traballadores...

Adega denuncia o timo das empresas hidroeléctricas

Sociedade - 02 Setembro 2009

Adega denuncia que os proxectos hidroeléctricos de Iberdrola e Fenosa para o Sil e o Miño, baseados en centrais de ciclo reversíbel ou de bombeo, "forman parte dunha estratexia para sacar o máximo beneficio das súas térmicas e nucleares, disfrazada de compromiso ambiental e cuase-filantrópico". Así din que estas empresas pretenden "furar a Ribeira Sacra con centrais soterradas e construir nos montes enormes lagoas artificiais para dar saída ao seu produto". Máis aquí.

Protestas contra a privatización das Ons

Sociedade - 02 Setembro 2009

Hai uns días un grupo de persoas manifestabase en Bouzas fronte a sede de Parques Nacionais para protestar pola privatización das Illas Ons. Os promotores aseguran que tomaron esta medida logo da falta de promesas do Director Xeral de Conservación da Natureza...

Versións alucinóxenas da Queimada

Sociedade - 29 Agosto 2009

A verdade é que a famosa Queimada da para todo. Hai quen aproveita para facer combinacións explosivas. Olla este video.

Recurso contra o PXOM de Moaña por fomentar a "especulación urbanística"

Sociedade - 28 Agosto 2009

A Ría Non Se Vende presentará un Recurso Contencioso-Administrativo contra o PXOM de Moaña, elaborado pola empresa Arteplan e aprobado o pasado 14 de agosto en pleno municipal cos votos a favor de BNG, PSOE, InMo e PP ao considerar que está baseado na "especulación urbanística"...

Os adoradores do Santísimo Sacramento reuniranse en Lugo

Sociedade - 25 Agosto 2009

Os membros de Adoración Real, Perpetua y Universal al Santísimo Sacramento (ARPU) reuniranse en setembro en Lugo para celebrar o seu 28º congreso nacional e reflexionar sobre a Eucaristía. O lema da ARPU é "formar unha cadea initerrompida de garda de honra en torno ao sagrario". Esta asociación naceu en 1927 e ten como carisma pasar todo o tempo posible "acompañando, desagraviando e reparando con todo o seu amor a Jesús-Eucaristía".

A televisión mexicana faise eco da supresión de "tonto" para o galego

Sociedade - 25 Agosto 2009

A polémica lingüística tamén chegou a México. A canle televisiva Azteca emitiu unha reportaxe sobre a supresión do término "tonto" para a acepción "gallego" do Diccionario da Real Academia Española. Podes ver o video aquí a pesares dos comentarios prexuiciosos de quen o colgou.

As AMPAS volven á carga no inicio do curso escolar

Sociedade - 25 Agosto 2009

Comeza o curso escolar e as AMPAS organizararanse para criticar a supresión da gratuidade no libro de texto. En Moaña ultiman xa unha cadea humana para este 28 de agosto co lema "Préstame un libro de texto". Tamén repartirán un folleto no que critican a medida posta en marcha polo novo goberno do PP.

Novamente o tópico do capo galego

Sociedade - 19 Agosto 2009

O 4 de setembro estrenase, "Agallas", un filme de Samuel Martín Mateos e Samuel Luque Pérez, no que Carmelo Gómez encarna ao típico capo galego nunha trama na que a droga e as rías galegas son as protagonistas. Tes aquí un trailer.

Un "eclipse de Nuribu" en Galicia?

Sociedade - 15 Agosto 2009

Ultimamente son máis que habituais os fenómenos raros que acontecen na nosa terra, aínda que algúns sexan burdas montaxes. Novamente nos volven remitir un video do chamado "eclipse de Niribu" que aconteceu en Galicia en xaneiro pasado. Niribu era para os babilonios un corpo celeste que algúns astrónomos asocian a Xúpiter aínda que moitos na comunidade científica negan a súa existencia.

OPINIÓN.- Do campamento á aldea

Sociedade - 09 Agosto 2009

 Por Xurxo Ayán. Abdelaziz fai cada verán esa viaxe que fixeron as comunidades nómades prehistóricas do noso país, ese proceso social de troco na paisaxe que as levou dos acampamentos móbeis á construción de aldeas. Do acampamento de Tinduf a unha aldea da Terra de Lemos. Unha rapaza vallecana, filla de galegos, faise cargo en xullo e agosto de Abdelaziz, un rapaz que non gosta de Madrid. Demasiado grande, disque. Salvando as distancias, o noso amigo saharaui podería ser o protagonista de Va, vins et deviens unha película emocionante de Radu Mihaileanu na que se amosa a trumática historia dun neno etíope cuxa mai cristiá fai pasar por falasha (xudeu abisinio) para que fose evacuado por Israel durante a operación Moisés de 1984. Dun acampamento sudanés a Tel Aviv...

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.