Lembran ao piloto morto nos incendios de Ourense

Sociedade - 05 Outubro 2011

Os traballadores dos Servizos Forestais de Ourense publican un manifesto en lembranza de Iñigo Zubiaga Pagadigorria, falecido mentres apagaba un incendio nesta provincia.

O Pindo quere ser parque natural

Sociedade - 04 Outubro 2011

Os colectivos Palavea Bravú, AAVV Montealto e Monte Pindo xuntaron a medio cento de persoas que peregrinou a este monte mítico para reclamar a súa total protección.

As ONGD galegas instan ao Valedor do Pobo a actuar contra os recortes da Xunta

Sociedade - 02 Outubro 2011

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento pon en marcha unha campaña de envío de queixas contra a política de Goberno autonómico de recortar os orzamentos na loita contra a pobreza: 2.274.901 euros en dous anos.

Alguén minte sobre a potabilidade da auga do Umia

Sociedade - 01 Outubro 2011

ADEGA alerta que a traída pode superar os niveis de seguridade para nenos mentres que a Xunta asegura que non hai nin rastro da toxina.

A Fundaçom Artábria conmemora os seus 13 anos cunha "ruada normalizadora"

Sociedade - 30 Setembro 2011

Os integrantes desta asociación renomearán as prazas e as rúas de Ferrol.

"E nós non podemos quedar en silencio"

Sociedade - 29 Setembro 2011

Os mestres xa non están sós no seu enfrontamento coa Xunta. A Federación de Anpas de Compostela denuncia tamén os recortes educativos no ensino público galego. Mentres, Feijóo acusa aos docentes de "querer traballar menos".

A Xunta non modificará o decreto a pesares das folgas dos profesores

Sociedade - 28 Setembro 2011

Máis do 50% dos docentes foron a folga este martes segundo os sindicatos. A Xunta rebaixa a cifra ata o 16,13%. Os sindicatos anuncian novas mobilizacións se a Consellería non rectifica.

A Xunta ve duplicadas as axudas ás familias modestas con fillos

Sociedade - 27 Setembro 2011

Benestar tenta xustificar a reducción case do 50% dos cartos das súas prestacións para familias con fillos menores de tres anos, noticia que adiantou o GC, alegando que xa desgraban no IRPF.

Cara onde vai o pensamento feminista actual?

Sociedade - 25 Setembro 2011

A asociación Maribolheras precárias realizou hai uns día un curso para coñecer as novas correntes teóricas e prácticas do pensamento crítico feminista e dos movementos de liberación sexual actuais. Vídeo no interior.

O 15M mobilízase contra as hipotecas

Sociedade - 24 Setembro 2011

Os indignados apoian a convocatoria da Plataforma de Afectados por la Hipoteca, que organiza manifestacións en todo o Estado, incluído en tres capitais galegas.

Patrimonio ao natural en Mondariz

Sociedade - 23 Setembro 2011

A Asociación Ecocultural búrbida organiza saídas interpretativas na parroquia de Sabaxáns.

Hoxe brazos caídos, mañá folga nas escolas

Sociedade - 20 Setembro 2011

Unión sindical entre os mestres para contrarrestar os novos recortes en Educación aplicados polo Goberno de Galicia.

A Xunta axusta as súas contas con recortes ás familias

Sociedade - 20 Setembro 2011

Traballo introduce como criterio de exclusión para as subvencións por fillos menores de tres anos ter presentado a declaración da renda en 2009. A meirande parte dos beneficiarios das axudas por redución de xornada percibirán este ano ata 800 euros menos que na convocatoria de 2010.

Mobilizacións do 15M na Coruña e Pontevedra

Sociedade - 18 Setembro 2011

O domingo protesta na capital do Lérez e o luns os "indignados" contra os desaloxos por impago de hipoteca na cidade herculina.

As contas que non fan Vázquez nin Feijóo

Sociedade - 16 Setembro 2011

Este curso hai 784 profesores menos nas aulas e máis matriculados, malia que o presidente de Galicia presume de que este ano hai "máis profesores por alumnos".

Nace unha escola "integramente em galego"

Sociedade - 15 Setembro 2011

Semente está pensada para cativos de entre tres e seis anos e funcionará regularmente a partir de novembro. Intenta dar pé a unha "Escola Nacional de Galiza".

Menos orzamento para a educación pública

Sociedade - 13 Setembro 2011

O Goberno de Feijóo destinou o pasado ano 161 millóns menos para a educación e acaba de anunciar máis recortes para este exercicio.

Para o PP isto é un "asalto sindical" a unha escola

Sociedade - 12 Setembro 2011

Mestres protestan diante do centro no que o conselleiro inagura o curso. O PP alerta de "insultos" e faixas de Nunca Máis.

O PSdeG presentará unha lei para "visibilizar" ao colectivo de gais e lesbianas

Sociedade - 12 Setembro 2011

Laura Seara presentou xa o borrador desta lei aos colectivos de LGTB.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.