Román Rodríguez, novo conselleiro de Cultura e Educación

Román Rodríguez: “Cando somos novos facemos manifestacións”

Sociedade - 27 Febreiro 2015

O conselleiro de cultura critica a folga estudantil contra o decreto de grao por “precipitada” e di que a Xunta comprometeuse a apoiar a proposta dos reitores. O da USC defende as mobilizacións esstudantís.

Unha das principais rúas de Ferrol

A lenta agonía de Ferrol

Sociedade - 27 Febreiro 2015

A cidade departamental baixa dos 70.000 habitantes e perde case 20.000 habitantes en menos de 25 anos. O actual rexedor aproba, a tres meses das eleccións, un plan para fixar poboación.

Mensaxe de Enrique Iglesias xustificando os 300.000 euros que a Xunta lle deu para o seu último videoclip

Enrique Iglesias di que dinamizou a economía co seu "vídeo divertido"

Sociedade - 26 Febreiro 2015

“Realizouse unha importante achega económica, contribuíndo a dinamizar a economía do país galego en tempo de crises", apunta o cantante nun comunicado no que aclara que non cobrou nin un centavo. Feijóo insiste en defender o gasto de 300.000 euros no seu videoclip.

José Ramón Besteiro, líder do PSdeG

Besteiro usa a Fraga para atacar a Feijóo: “Fixo moito máis pola lingua”

Sociedade - 26 Febreiro 2015

Destaca que a defensa e potenciación do idioma “é un parte esencial do discurso socialista” e emprezou ao presidente galego a que reformule as políticas en materia lingüística.

Lobo abatido por disparos/ Axena

Ecoloxistas critican que os gandeiros denuncian ataques de lobos para cobrar indemnizacións

Sociedade - 25 Febreiro 2015

Ascel e Axena mobilízanse contra a nova campaña de difamación dos lobos no Barbanza e din que a morte do seu gando é debida a que está abandonado polos seus donos e a presenza de cans salvaxes.

Enfermos de hepatite nunha das súas protestas / Facebook

Feijóo promete gastar o que sexa nos enfermos de hepatite C

Sociedade - 25 Febreiro 2015

A Xunta asume o ditame da comité de expertos a pesar de ter rexeitado darlle o medicamento que solicitaban. AGE e BNG acúsano de ser un “covarde” e pídenlle que diga canto diñeiro vai destinar aos doentes.

Nenas nun centro privado de ensino/ aragondigital.com

Os centros que segregan por sexo chegan ao Tribunal Supremo

Sociedade - 25 Febreiro 2015

Admitido a trámite o recurso á sentenza favorable do TSXG sobre centros que segregan por sexo.

Estudantes chinesas nunha manifestación dunha pasada folga/Walter Burns

Os estudantes acuden divididos á folga contra o "Decreto 3+2"

Sociedade - 24 Febreiro 2015

Os colectivos de mozos coinciden en criticar a "elitización" ao abrir a porta que os graos sexan de tres anosA Liga acusa ao Sindicato de Estudantes de "centralista" por convocar dous días. Horarios das manifestacións no interior.

Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube

As 115.000 firmas que avalan unha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia

Sociedade - 24 Febreiro 2015

As vítimas piden que se faga “xustiza” e sexan xulgados, entre outros, o ex ministro José Blanco ou o actual ministro de Xustiza, Rafael Catalá, secretario de Estado de Fomento, no momento do accidente.

Unha escola infantil nunha imaxe da web do Concello de Narón

Abre o prazo para pedir praza nas escolas infantís da Xunta

Sociedade - 24 Febreiro 2015

A oferta do sistema público cubre unicamente o 33% da demanda. Dende este martes pódense presentar as solicitudes de praza para o curso 2015-2016 en 157 escolas infantís da Rede Galiña Azul. A resolución cos prazos e requisitos foi publicada o luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Grandes ondas provocadas polo temporal en Galicia

Alerta vermella o martes na costa da Coruña e Lugo

Sociedade - 23 Febreiro 2015

Haberá mar combinada con ondas que poderán acadar os oito metros de altura. O goberno aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas. Mañá pola tarde todo o litoral galego permanecerá en alerta laranxa.

Denuncian ante a Fiscalía unha nova agresión homófoba na Coruña

Sociedade - 23 Febreiro 2015

O colectivo de LGTBI denuncia que foron vítimas dun lanzamento de ovos e que a Policía negouse a acudir ao lugar e, posteriormente, a tramitar unha denuncia por estes feitos.

O grupo de alumnas da Universiade de Vigo que estudia a Fala , o galego de Extremadura, sostendo a bandeira de San Martín de Trebellu acompañadas polo profesor Xosé Henrique Costas

A Fala xa se estende por Cáceres

Sociedade - 23 Febreiro 2015

A variante lingüística que se fala no Val do Xálima chega a Escola Oficial de Idiomas de Cáceres cun curso nivel A1 do marco Común Europeo de Referencia.

Momentos de tensión entre os estudantes e policías, algúns con porrar, nunha protesta contra a LOMCE en Ourense en 2012

Piden 5 anos de cárcere e 5.000 euros de multa para sete estudantes por protestas en Ourense

Sociedade - 23 Febreiro 2015

Os estudantes denucian que están sometidos a un "xuízo político" por participar nunha protesta contra a LOMCE en Ourense en outubro de 2012.

Un parasito dunha especie invasora ameaza os sapoconchos galegos

Sociedade - 22 Febreiro 2015

O sapoconcho común (Emys orbicularis) é unha especie en perigo de extinción en Galicia dende 2007. As súas principais ameazas son a perda de hábitat, o pequeno tamaño das poboacións e a presenza de especies exóticas invasoras (EEI). Neste senso, a liberación dos sapoconchos exóticos mantidos como mascotas, como o de Florida, provoca efectos negativos, pero non só porque compiten coa poboación autóctona polos recursos, senón que tamén son o vínculo a través do que se introduciu un parasito que provoca un alto índice de mortalidade entre os espécimes galegos.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

Por que cesan a dúas funcionarias de reforzo que traballan na Pokemon?

Sociedade - 21 Febreiro 2015

A xuíza Pilar de Lara carga contra a desidia da Xunta por dar "prioridade a criterios meramente económicos fronte ao máis supremo dereito á tutela xudicial efectiva que teñen todos os cidadáns", e denuncia que a marcha destas funcionarias colapsará o seu xulgado.

Helena Gómez, presidente da CONFAPA /Concello da Coruña

Pais critican a implantación do portugués nas aulas

Sociedade - 20 Febreiro 2015

A presidenta da principal asociación de ANPAS de Galicia lamenta que a Xunta conceda espazo ao idioma luso despois de reducir as horas no idioma propio.

Exame do curso de galego do Celga / Xunta

TSXG rexeita o recurso da Xunta sobre despedimento do profesorado do Celga

Sociedade - 20 Febreiro 2015

CIG-Ensino pide ao novo conselleiro de cultura que admita aos traballadores despedidos tras varias sentencias xudiciais en contra.

Actuación policial durante o traslado do barco Alfageme á rotonda de Coia, en Vigo / MC

Feridos varios manifestantes durante a instalación do barco Alfageme en Vigo

Sociedade - 19 Febreiro 2015

División de opinión sobre a instalación do barco nunha rotonda de Coia. Abel Caballero di que a cidade está “unánimemente encantada”, e o presidente do estaleiro Cardama, onde estivo o buque, di que era partidario de levalo a un museo. Fotos no interior.

Protestas contra a violencia machista

Os psicólogos galegos avalían como intervir ante casos de violencia de xénero

Sociedade - 19 Febreiro 2015

Este sábado 21 de febreiro, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realiza un seminario co obxectivo de revisar as súas intervencións en casos de violencia de xénero. Comezará ás 9 da mañá e estenderase ao longo de todo o día, e terá como lugar de celebración a sede do COPG en Santiago de Compostela.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.