Operarios na Muralla de Lugo

Denuncian o uso de praguicidas tóxicos na limpeza da Muralla de Lugo

Sociedade - 02 Agosto 2012

A Plataforma Muralla Viva advirte de que o uso de glisofato pode causar problemas de saúde aos cidadáns. Vídeo no interior.

Cartel contra o traslado de profesores

O curso empezará con 1.000 profesores menos

Sociedade - 02 Agosto 2012

O Goberno non desminte as cifras da denuncia da CIG, pero alega que contratará máis profesores en setembro até manter o actual ratio de profesor por alumno.

Mobilizacións en Pontevedra contra as touradas

Sociedade - 01 Agosto 2012

A asemblea cidadá Touradas Fora de Pontevedra presentan varios escritos para pedir a supresión das touradas. Critican ao Goberno central, Xunta, deputación e concello de Pontevedra por non facer máis para paralizar este espectaculo. Tamén CxG crítica ao Concello coruñés polas axudas ás touradas.

A Coruña e Pontevedra prepáranse para as touradas

Sociedade - 31 Xullo 2012

Galicia está en crise pero estas cidades acollerán sendos festivais taurinos. Os colectivos contra a tortura animal comezan a mobilizarse.

Manifestación en Ferrol contra os recortes/ ferrolsuso

Gran manifestación galega contra os recortes o 8 de setembro

Sociedade - 30 Xullo 2012

Vídeo e manifesto da convocatoria no interior. Máis de 15.000 persoas, segundo as centrais, secundan a protesta deste luns na Coruña. Houbo manifestacións en todas as cidades galegas contra os recortes, previas a un calendario de protestas que irá en aumento até a previsíbel folga xeral de setembro.

Carteis do SUP na marcha contra os recortes en Santiago o 19J de 2012/W.B,

Policías en Santiago piden "reestruturar o Estado"

Sociedade - 30 Xullo 2012

O principal sindicato do corpo é un dos colectivos que, despois de concentrarse en solitario esta mañá, participará esta tarde nas marchas unitarias contra os recortes. Horarios das manifestacións no interior.

Carteis do Sindicato Unificado de Policía na marcha contra os recortes en Santiago o 19J de 2012/W.B,

Nova mobilización unitaria este luns

Sociedade - 28 Xullo 2012

Colectivos tan dispares como a CIG ou a Unión de Garda Civís convocan unha nova xornada de protestas contra os recortes para este martes. Os grandes sindicatos negocian lanzar unha folga xeral en setembro, pero non hai acordo sobre cando tentar parar o Estado.

A Xunta "non pagou" os comedores escolares

Sociedade - 28 Xullo 2012

Acción protesta contra a inauguración da estatua a Manuel Fraga

Sociedade - 27 Xullo 2012

Un grupo de cambadeses realizará unha orixinal protesta durante a inaguración da Festa do Albariño para protestar pola instalación dunha escultura a Manuel Fraga en Cambados.

Doutora do SERGAS esixe a familiares dun moribundo que non falen en galego

Sociedade - 26 Xullo 2012

“No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”, exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros. A Mesa reclama “unha investigación a fondo e medidas disciplinarias” e responsabiliza a Núñez Feijóo desta “maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica”.

"Máxima seguridade" para a Policía este 25X

Sociedade - 25 Xullo 2012

Intensificarase a vixilancia nas entradas e saídas da capital galega e restrinxirase o transporte de mercadorías. O peso do operativo está nas Unidades de Intervención Policial que ten ordes de intervir se se producen incidentes.

Policía na marcha contra os recortes en Madrid/Alberto Quián

Galería de fotos da marcha contra os recortes en Madrid

Sociedade - 19 Xullo 2012

Máis de 80 manifestacións organizáronse este serán en todo o Estado contra os durísimos recortes sociais do Goberno do PP. A maioría son multitudinarias. En Madrid polo menos 100.000 persoas ateigan o centro da capital. Na capital os antidisturbios cargan contra os bombeiros ao carón do Congreso. Fotos no interior.

Vista xeral na manifestación sindical unitaria contra os recortes/ W. Burns

Éxito rotundo da protesta contra os recortes en Santiago

Sociedade - 19 Xullo 2012

Nunha cidade duns 100.000 habitantes, máis de 15.000 aproximadamente enchen case por completo o Obradoiro. "Folga, folga xeral", berro final dunha marcha histórica pola asistencia e a unidade sindical.

Desfile diante da Porta Santa/ modaymarca.com

Sectores católicos consideran unha "profanación" a VII Galicia Fashion Week

Sociedade - 18 Xullo 2012

O director de Infocatólica.com cualifica de "infamia" o desfile de modelos diante da Porta Santa da catedral compostelana.

Reunión entre a ministra Ana Mato e as conselleiras de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e Sanidade, Rocío Mosquera

Miles de galegos morrerán sen cobrar a axuda da Lei de Dependencia

Sociedade - 18 Xullo 2012

A maioría dos 25.000 galegos co dereito a axuda recoñecido pero que aínda non cobran teñen máis de 80 anos, e non cobrarán até polo menos 2015. BNG e PSOE atacan os recortes.

A manifestación unitaria de CIG, UXT e Comisións en Pontevedra

Unidos contra a cadea para dous sindicalistas tras denuncia de Gadis

Sociedade - 17 Xullo 2012

Éxito da mobilización en Pontevedra convocada por CIG, CC.OO e UXT, véspera da marchas convocadas contra os recortes previstas para mañá.

Policías fóra de servizo particiapando na protesta fronte ao Congreso

Policías e gardas civís súmanse as protestas

Sociedade - 16 Xullo 2012

Dous dos principais sindicatos das forzas da seguridade manifestaranse diante de todos os actos do presidente do Goberno. Segunda xornada de protestas improvisadas en Madrid.

Lume as portas do PP en Ourense. Jorge M. de la Calle

A indignación prende de novo en Galicia

Sociedade - 14 Xullo 2012

Protestas organizadas de funcionarios pola mañá e manifestacións espontáneas de cidadáns pola noite. A mobilización social medra con incidentes violentos, protagonizados tanto por unha minoría de cidadáns como por parte dos axentes de Policía.

O PSdeG pídelle á Xunta que estude porque desaparecen as abellas en Galicia

Sociedade - 14 Xullo 2012

Os socialistas apostan por promover a apicultura como unha actividade multifuncional e sustentable tendo en conta a súa importancia para o mantemento da biodiversidade e dos cultivos agrícolas e forestais.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.