Un empresario de Ourense, presunto líder dunha rede de narcos

Sociedade - 30 Xullo 2015

A Guardia Civil detivo a 10 persoas en Pontevedra e Ourense. Formaban parte dunha atípica rede que presuntamente introducía droga a través do Porto de Marín. Na Operación Alimoche poden producirse aínda máis detencións, pois a actuación segue aberta.

Centro hípico Casas Novas, de Arteixo, propiedade de Amancio Ortega

O centro hípico de Amancio Ortega prohibe falar en galego

Sociedade - 30 Xullo 2015

Máis de medio cento de persoas concéntrase diante das portas do centro hípico Casas Novas para denunciar un caso de discriminación lingüística.

Bombeiro forestal da Xunta/apropiga.aestrada.com

A Xunta non adxudicou vehículos e roupa ignífuga en plena vaga de lumes

Sociedade - 30 Xullo 2015

Os concursos para adxudicar chaquetas e pantalóns ignífugos e 17 vehículos todoterreo equipados para a loita contra os incendios aínda están pendentes de adxudicación. Tamén Cedeira pide unha brigada no marco do acordo co Goberno galego.

Familia de osos pardo/ plataformadefensagistreo.blogspot.com

O oso, máis en perigo que nunca

Sociedade - 29 Xullo 2015

Os lumes dos Ancares e O Courel afectan gravemente a súa lenta recuperación. ADEGA valora estes lumes como moi graves e catastróficos e esíxelle á Xunta a aprobación do Plano de recuperación do oso, parado dende 2013.

Antigo depósito de auga potábel de Teo /anova teo facebook

Cómpre moderar o consumo de auga debido a prealerta pola seca

Sociedade - 28 Xullo 2015

A Xunta mantén activada a prealerta por seca hidrolóxica e insta a poboación e concellos a facer un consumo responsable do recurso hídrico e intentar reducir o consumo de auga na medida que sexa posible.

Os xulgados do penal da Coruña, colapsados pola "brutal" amortización de prazas

Sociedade - 28 Xullo 2015

Os traballadores alertan dun "ERE encuberto" por parte da Vicepresidencia da Xunta, que provoca que o cadro de persoal sexa un 40% inferior do que establece a estrutura orgánica.

Protestas de Igualdad Animal en Tui ante un circo que utiliza animais nos seus espectáculos

Os concellos comezan a sumarse a prohibición de usar animais en circos

Sociedade - 28 Xullo 2015

Xa son vinte os que non permiten utilizar animais como diversión, entre eles, os de Vigo, Lugo ou Ourense.

Lume desta fin de semana nos Ancares / Bombeiros forestais de Galicia

Recompensas de 5.000 euros para rematar cos incendiarios

Sociedade - 28 Xullo 2015

A asociación ecoloxista Arco Iris quere datos sobre os causantes dos lumes en Rede Natura. Queimadas xa máis de 620 hectáreas protexidas en Folgoso do Courel e Navia de Suarna e máis de 20 na Mezquita.

Héctor José Naya Gil /tercerainformacion.es

O Supremo absolve a un suposto membro de Resistencia Galega por falta de probas

Sociedade - 27 Xullo 2015

Héctor José Naya fora acusado por outro coimputado, Xurxo Rodríguez. O alto tribunal entende que as probas contra el non son suficientes e que se lle condenou sen que tivese oportunidade de defenderse.

Río Navia ao seu paso por Navia de Suarna

O incendio máis grave do verán xa queimou case 500 hectáreas de áreas protexidas

Sociedade - 27 Xullo 2015

O lume de Navia de Suarna obrigou a declarar a alarma 2 polo seu perigo para as persoas.

Boneco de Android nunha imaxe a prol do Android en galego /mallandonoandroid.com,

Un Congreso de Lingüística Histórica reúne a 400 investigadores de Galicia, Brasil e Portugal

Sociedade - 26 Xullo 2015

Renderá homenaxe aos fundadores do Instituto da Lingua Galega e catedráticos da USC Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.

Veciños participando nas labores de extinción dun incendio/ Óscar Pinal

O lume chega ás casas

Sociedade - 26 Xullo 2015

Declarado nivel especial de prevención nun incendio en Navia próximo a casas. Nos últimos días aumentou a perigosidade dos incencios.

Tráxico accidente de tren en Santiago de Compostela con vítimas mortais, na véspera do Día de Galicia

Onde están os principais responsables políticos dous anos despois da traxedia de Angrois?

Sociedade - 24 Xullo 2015

Un deles é ministro, o outro secretario de estado e o outro segue no seu posto.

Jesús Domínguez é o portavoz da Plataforma Víctimas Alvia 04155

“Sentímonos totalmente humillados polo goberno central e a Xunta”

Sociedade - 24 Xullo 2015

Jesús Domínguez é o portavoz da Plataforma Víctimas Alvia 04155, unha das máis críticas co actual e o anterior goberno central polo que consideran erros graves na planificación da alta velocidade tal e como conta nesta entrevista. Este 24 de xullo estarán de novo en Santiago para lembrar aos que xa non están e denunciar a inxustiza na que se atopan.

Hospital do Meixoeiro, en Vigo

Condena ao SERGAS pola morte dun paciente ao que non se lle fixeron probas, malia ter problemas previos

Sociedade - 23 Xullo 2015

O Xulgado do Contencioso número 2 de Santiago de Compostela condenou o SERGAS a aboar a unha muller, A.C.B. e aos seus fillos unha indemnización por danos e prexuízos, polo falecemento do seu esposo E.D.R, de 56 anos de idade, no Hospital Xeral de Vigo.

Feijóo presentando o bosque de Galicia, da Cidade da Cultura, con outros cargos do seu goberno / xunta.gal

A homenaxe de Feijóo as vítimas de Angrois

Sociedade - 23 Xullo 2015

“Nós imos entregar as Medallas de Galicia o día 24, iso é o que podo dicir, que xa se entregan ese día desde o ano pasado", di ao ser preguntado por se ten previsto realizar algunha homenaxe ás vítimas do accidente.

O Monte Pindo queimado tras o devastador incendio de setembro de 2013/ QPC

Cerdedo, Manzaneda e Carnota, entre os lugares máis afectados polos lumes

Sociedade - 23 Xullo 2015

En parroquias destes tres concellos arderon máis de 10.000 hectáreas na última década. Un dos espazos máis afectados é o Monte Pindo.

Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube

“O que está pasando co xuízo de Angrois é lamentable”

Sociedade - 23 Xullo 2015

José Enrique Villarino é membro do Foro del Transporte y el Ferrocarril e foi xefe do Gabinete de Proxectos Estratéxicos de Renfe Operadora de 1986 a 2008. É un dos grandes coñecedores da situación ferroviaria no Estado e non ten pelos na lingua á hora de criticar a situación xudicial na que se atopan as vítimas do terrible accidente de Angrois.

Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol /Galiza artabra

Fin aos actos e protestas na Praza de Armas de Ferrol

Sociedade - 22 Xullo 2015

O concello decide suprimir todos as accións na emblemática praza debido ao seu deterioro. O anterior goberno popular decidiu realizar alí a procesión de Semana Santa a pesar de dispoñer dun informe que o desaconsellaba.

Manifestación de brigadistas de Medio Rural, en Compostela / Mario Nespereira Twitter

"Quen apaga o lume? Somos nós e non a UME!"

Sociedade - 22 Xullo 2015

Os brigadistas galegos maniféstanse por Santiago para denunciar, entre outros aspectos, que a loita contra o lume está excesivamente dividida, entre medios da Xunta, dos Concellos e da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.