Sociedade - 01 Outubro 2015
Feijóo pídelle paciencia a traballadores e usuarios do Álvaro Cunqueiro e recoñece “incidencias puntuais” que explica pola fusión de traballadores e servizos do Xeral de do Meixoiro nun só centro.
Sociedade - 01 Outubro 2015
O colectivo "Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa" organiza unha protesta contra Portos de Galicia por impedir unha homenaxe ás vítimas do franquismo que proíbe instalar unha inscrición de homenaxe aos represaliados do réxime de Franco.
Sociedade - 01 Outubro 2015
A USC remata unha investigación pioneira que estuda a evolución dos problemas de conduta ao longo de doce anos.
Sociedade - 30 Setembro 2015
Os traballadores alertan da suspensión de opercións debido a falta de camas e persoal. O cadro de persoal do inicia un novo peche, sumándose aos celadores. ;entres o presidente da Xunta móstrase "orgulloso" do centro durante a sesión de control no Parlamento. AGE acúsao de provocar o "caos na sanidade pública". Vídeo no interior.
Sociedade - 30 Setembro 2015
A Xunta está a piques de rematar un censo oficial sobre a poboación de lobos. Hai máis grupos, pero necesariamente, non máis lobos que hai 12 anos. A últimas batidas contra esta especie demostran que as políticas para a súa recuperación están lonxe de ser cumpridas. Miguel Mosquera, secretario de ACOPO ( Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra) explica neste artigo o que hai detrás do lobo en Galicia.
Sociedade - 30 Setembro 2015
O especialista en rehabilitación cardíaca Miguel Aragón impartiu unha conferencia na facultade de Fisioterapia de Pontevedra. Esta actividade forma parte do ciclo de relatorios promovido con motivo do 20 aniversario deste centro.
Sociedade - 30 Setembro 2015
Trátase do mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio municipal de San Froilán.
Sociedade - 29 Setembro 2015
Iniciase un contencioso-administrativo por este tipo de comentarios nunha rede de correos interna. A universidade di que xa condenou esa acción.
Sociedade - 29 Setembro 2015
O Supremo revisa os 17 recursos contra a sentenza do petroleiro, entre elas, os presentados pola Xunta e estados español e francés.
Sociedade - 28 Setembro 2015
A Fiscalía de Vigo considera á conselleira de Sanidade responsable dos traslados ao novo hospital de Vigo tras a morte dunha paciente con aspergillus. PSdeG e Marea de Vigo reproban a Feijóo polas súas palabras sobre manifestación do 3-S.
Sociedade - 27 Setembro 2015
Os celadores do Álvaro Cunqueiro denuncian que a Xunta contratou a unha empresa privada para asumir parte das súas funcións. Non descartan acudir á vía xudicial.
Sociedade - 25 Setembro 2015
Afundación presenta a súa nova tempada de cursos de cociña infantil dirixidos nesta ocasión a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos, dependendo de cada obradoiro, que se desenvolverán entre os meses de outubro e xaneiro. «Receitas con moito conto» será a primeira das sete propostas.
Sociedade - 25 Setembro 2015
"Galiza foi e segue a ser unha colonia do Estado do Reino de España", recolle un dos puntos do manifesto que fixeron público os membros do Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB) nun acto a prol da soberanía no que critican ao presidente Centro Galego de Barcelona.
Sociedade - 25 Setembro 2015
Sonia Hermida Galán foi a encargada de abrir o denominado 'escano cidadán' no Concello da Coruña. Alí, emocionada, reclamou como 'necesaria unha inclusión real nas actividades municipais' tras lembrar o caso da súa filla con discapacidade que, denunciou, quedou fóra dun campamento o ano pasado. Ela mesma conta a súa experiencia nesta colaboración.
Sociedade - 24 Setembro 2015
A Praza de Millán Astray pasará a chamarse Praza das Atochas o próximo 8 de outubro, cun acto que dará comezo á aplicación total da Lei de Memoria no rueiro da cidade gobernada pola Marea Atlántica. O alcalde critica a oposición por bloquear a modificación das contas e lémbralles que hai empresas que levan moitísimo tempo agardando para cobrar do Concello.
Sociedade - 24 Setembro 2015
A RAG estuda recorrer a instancias europeas a lei da Xunta tras a negativa do Tribunal Constitucional a aceitar o seu recurso.
Sociedade - 24 Setembro 2015
A Plataforma SOS Sanidade pública de Compostela apoia as demandas dos profesionais da central de coordinación do 061, que afecta a varios centos de traballadores.
Sociedade - 24 Setembro 2015
O cárcere do Castelo de San Felipe servirá como Centro de Interpretación da Memoria Histórica. O concello participará dun xeito institucional na homenaxe a Amada García, executada neste castelo no ano 1938.
Sociedade - 23 Setembro 2015
Stop Desahucios Compostela critica que esta entidade bancaria está a incumprir o Código de Boas Prácticas para axudar aos colectivos máis desfavorecidos.
Sociedade - 23 Setembro 2015
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá con representantes de ‘Red Madre’,onde avaliaron o Plan de Apoio á Muller Embarazada, posto en marcha pola Xunta no ano 2012.