Sociedade - 18 Xullo 2016
O Parlamento de Galicia, a Deputación de Lugo e varios concellos aproban resolucións nas que denuncian o acontecido o 18 de xullo de 1936 e piden o recoñecemento das vítimas.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A Garda Civil continúa as pescudas para tratar de esclarecer a morte dun mozo de nacionalidade dominicana que foi localizado este domingo, cunha ferida de arma branca no colo, na localidade coruñesa de Ordes.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A Garda Civil detivo ao responsable dunha obra nunha nave de Mos (Pontevedra) como presunto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores, despois de que un operario que supostamente non contaba cos medios marcados polo Plan de Seguridade e Saúde tivese un accidente grave ao caer dende unha altura.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A Once dedicará o seu cupón do próximo mércores, día 20, á figura do premio Nobel Camilo José Cela, unha iniciativa coa que se suma á celebración do centenario do seu nacemento.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Trátase dunha ferramenta voluntaria para que as administracións locais poidan superar o reto desta obriga legal
Sociedade - 18 Xullo 2016
O grupo de investigación Histagra da USC organiza un congreso internacional que reúne en Santiago algúns dos mellores especialistas internacionais neste período para “construír un xuízo informado do relato herdado”.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Os máis de 1.000 participantes nos programas de educación non formal da Xunta de Galicia consideran que as súas competencias e o seu grao de empregabilidade melloraron tras o paso polas iniciativas de voluntariado e intercambio.
Sociedade - 18 Xullo 2016
As persoas que acceden a someterse a este tipo de masaxes de xente sen título expóñense a contaxios, infeccións e lesións moi graves, alerta o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A moza vítima do secuestro apareceu esta madrugada en bo estado
Sociedade - 18 Xullo 2016
Efectivos da Policía Local de Lugo interceptaron mentres circulaba pola cidade a un mozo de 29 anos que cuadriplicaba a taxa máxima de alcohol permitida.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A Policía Local de Lugo tramitou unha denuncia por maltrato animal contra unha muller que deixou a un can encerrado nun balcón, a pleno sol e sen auga.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A alerta laranxa por altas temperaturas activarase a partir das 15,00 horas deste luns no ámbito xeográfico do Miño, nas provincias de Ourense e Pontevedra, no sur de Lugo e no interior de A Coruña, onde as temperaturas poderán superar os 37 graos Así mesmo, segundo a información de MeteoGalicia, o aviso será amarelo no interior da provincia de Pontevedra, no centro de Lugo, na zona de Valdeorras e no sur de Ourense, onde se esperan temperaturas por enriba dos 36 graos.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Educación publica no DOG o catálogo de prazas para o curso próximo. Nos últimos cinco anos pecháronse case sesenta escolas.
Sociedade - 18 Xullo 2016
O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 97 persoas debido a 69 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres e a media noite do domingo.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Daniel Fernández recibiu o apoio dos concellos de Compostela e Gondomar e de ANEDIA, a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste domingo nun accidente de tráfico acontecido na localidade coruñesa de Narón.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Efectivos do GES de Muros (A Coruña) rescataron durante a tarde deste domingo a un grupo de novos que quedaran atrapados nun acantilado entre a Praia de Esteiro e o Monte Louro.
Sociedade - 18 Xullo 2016
Os servizos de emerxencias recuperaron durante a madrugada deste luns o cadáver dun home no mar, nas proximidades da Illa da Toxa, e rescataron outras dúas persoas que se atopaban con el, unha delas con síntomas de hipotermia.
Sociedade - 18 Xullo 2016
En plena polémica sobre a lidia tras a morte dun toureiro, entrevistamos a Touradas Fóra de Pontevedra, colectivo que busca a súa erradicación na única cidade do país que os mantén. O grupo admite que o Executivo local (BNG) retirou parte do apoio a feira, pero reclama a fin da subvención á empresa organizadora. Argumentan que o 85% dos galegos oponse as touradas e que a tradición local de finais do XIX introducida polas elites.
Sociedade - 18 Xullo 2016
A alerta laranxa por altas temperaturas activarase a partir das 15,00 horas deste luns no ámbito xeográfico do Miño, nas provincias de Ourense e Pontevedra, xa que poderán alcanzarse os 39 graos.