Un vehículo sinestrado utilizado por Protección Civil

Feridos tres efectivos de Protección Civil de camiño a un operativo

Sociedade - 08 Setembro 2014

O vehículo da agrupación no que viaxaban chocou con outro cando acudían a unha chamada de servizo.

Recollendo peixes mortes nio Barbaña/ galeon.com

Amigos da Terra denuncia novos vertidos ao maltratado río Barbaña

Sociedade - 08 Setembro 2014

O río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense volve a sufrir un novo vertido continuado de augas residuais que están a afectar "gravemente" ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.

Vixilancia especial de Tráfico aos cintos e ás cadeiras de nenos

Sociedade - 07 Setembro 2014

A Delegación do Goberno en Galicia informa que dende mañá e ata o próximo domingo, día 14, se desenvolverá unha campaña especial de control de uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil.

Cruz franquista no Monte Castro de Vigo

A cruz franquista de Vigo será derribada por decisión xudicial

Sociedade - 07 Setembro 2014

O xuíz considera probada a conexión "entre o monumento e a exaltación da sublevación militar golpista de 1936, dos vencedores da Guerra Civil, da posterior ditadura militar e das súas accións represivas".

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros / Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

Fernández Lores seguirá dándolle diñeiro á Praza de Touros de Pontevedra

Sociedade - 05 Setembro 2014

Carme da Silva evita falar do seu compañeiro edil protaurino e carga contra EU e as coalicións “de obedencia estatal". “Todas elas defenden a continuidade das touradas", di ao tempo que asegura ser contraria a este espectáculo.

Teresa Gómez-Limón

“Feijóo tratounos fatal, a súa decisión de mandar a policía foi lamentable”

Sociedade - 05 Setembro 2014

Teresa Gómez-Limón acaba de deixar o PP. A gota final foi o trato que o seu partido deulle en Santiago cando se ía celebrar o aniversario do accidente de Angrois. “Foi demencial, inhumano como nos trataron. Un acto das vítimas e que nos manden aos antidisturbios”, láiase nesta entrevista con GC.

O bombeiro Roberto Rivas amosa unha pancarta de Stop Desahucios/ comunismolibertario

O bombeiro que se negou a botar a Aurelia Rey: “Volvería facelo”

Sociedade - 04 Setembro 2014

“Que dimita xa a xente que está a facer esta represión. O día que haxa unha lei que obrigue a facer este traballo negarémonos. Unha cousa é a legalidade e outra a lexitimidade. Hai leis que incitan á violencia. É terrorismo instaurado polos gobernos", di ante o xuíz ao ser acusado de “alteración da orde pública”.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta/ Xunta.es

A Xunta quere aumentar horas lectivas cos mesmos docentes

Sociedade - 04 Setembro 2014

Feijóo di que será o conselleiro de Educación quen fale da situación no Parlamento pero recoñece que é preciso “subir do 10% de capacidade máxima de contratación”.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo/ xunta.es

Máis recortes na educación e aumento de interinos no inicio de curso

Sociedade - 04 Setembro 2014

CCOO denuncia o “deterioro” da educación pública e o “desvío” de diñeiro de todos para sufragar centros privados e concertados.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés

Un incendio na Mezquita calcina 30 hectáreas de Rede Natura

Sociedade - 03 Setembro 2014

Queimouse monte baixo e castaños protexidos na parroquia de Cádavos, que tamén sufriu outro lume no 2013.

Mosquera na súa visita ao hospital de Vigo / Xunta

Defensa da Sanidade Pública: “Toda a atención hospitalaria de Vigo será privada”

Sociedade - 03 Setembro 2014

Denuncia que a Xunta mantén a Povisa “artificialmente" con diñeiro público e asegura que a xestión do futuro hospital de Vigo custará sete veces máis pola privatización dos seus servizos.

Situación dos corredos de Urxencias do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol / @pepepenabranca

Novos colapsos en Urxencias do Arquitecto Marcide de Ferrol

Sociedade - 02 Setembro 2014

Numerosos pacientes atópanse en padiolas ou en cadeiras de roda nos corredores deste centro sanitario. Os sindicatos teñen denunciado que esta situación se repite con moita frecuencia.

Un bombeiro amosa unha pancarta de Stop Desahucios/ comunismolibertario

Xulgarán ao bombeiro que se negou a intervir no desaloxo de Aurelia Rey

Sociedade - 02 Setembro 2014

A pesares de ter o respaldo de numerosas asociacións, máis de 100.000 sinaturas en Change.org e de contar co apoio de todos os grupos da oposición, os populares queren sancionar ao bombeiro que se negou a desaloxar a esta anciá da súa vivenda da Coruña. Acúsano de "alteración da orde pública".

Paspallás

A SGHN alerta sobre a caza do paspallás na Limia

Sociedade - 02 Setembro 2014

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) avisa de que esta ave se atopa en plena tempada de cría na Limia, con pitos recentemente nados e que aínda non poden voar. Critica os datos que aportan os tecores.

O Monte Pindo queimado tras o devastador incendio de setembro de 2013/ QPC

Roteiro reivindicativo polo Monte Pindo un ano despois da súa traxedia

Sociedade - 02 Setembro 2014

A asociación Monte Pindo Parque Natural organiza esta visita coa intención de pedirlle á Xunta que recupere esta fermosa paraxe natural.

Igrexa e pazo bispal de San Paio en Diamondi

Tributos para sacar á Igrexa da crise

Sociedade - 02 Setembro 2014

Curas coruñeses rescatan un imposto eclesiástico da Idade Media para tentar facer fronte á crise e, custear, deste xeito, o mantemento das parroquias. Antes eran ovos, millo ou galiñas o que piden. Agora os párrocos piden cartos. "Non é un imposto, senón unha axuda", din.

Protesta de traballadores do hospital Povisa na praia de Samil, en Vigo / CIG

Povisa despide a doce traballadores

Sociedade - 01 Setembro 2014

O principal hospital privado de Vigo, que traballa co SERGAS, alega que o novo convenio coa Xunta ten recortes polo que debe reducir o cadro de persoal. A Xunta paga 75 millóns ao ano a esta empresa privada.

Traballadoras da residencia

Os funcionarios que loitan polo seu futuro laboral e os dereitos da xente

Sociedade - 01 Setembro 2014

Traballadores públicos reclaman estender un mínimo de 9 meses o servizo da Residencia de Patos. Teñen o apoio de 5.000 veciños do Val Miñor.

Arca Noé

Espreitando a boa comida do rural galego

Sociedade - 01 Setembro 2014

Noemí rexenta desde hai tempo a Corte dos Bois e agora abriu en Vilar de Santos a Arca de Noé. A colaboradora do GC Tendencias, Ugia Pedreira falou con ela deste novo proxecto.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.