A guerra Web na USC

Tecno - 17 Abril 2006

A guerra electoral na USC tamén chegou á rede. Tanto o actual rector Senén Barro, coma o aspirante Juan Casares contan con defensores e detractores na web. Comentannos que no blog próximo á candidatura do profesor Juan Casares Long (xerome.blogspot.com)...

Congreso da rede de blogs socialista

Tecno - 27 Marzo 2006

Esta fin de semana tiveron lugar as Primeiras xornadas de Blogs socialistas. En Santiago deronse cita varios xornalistas dixitais, entre eles, estaba Marcos Taracido, editor de 'Libro de notas', Enric Sopena, Director de Elplural.com , Fernándo Jauregui, Periodista y Director de Ociocritico.com o Xosé Manuel Pereiro, de TVE, ademáis de numerosos cargos socialistas....

Traductor de língua

Tecno - 02 Xaneiro 2006

Dende as Irmandades da Fala lembrannos que coa versión 2.0.19 do phpBB, modificanse os paquetes de idioma, polo que hai que actualizar tamén a versión galega. Así, ofrecennos o paquete de idioma galego para phpBB 2.0.19, incluindo os engadidos desta nova versión. Dende Galiciaconfidencial agradecemoslles a súa colaboración. Baixadeo aquí.

Operativo contra o independentismo

Tecno - 14 Novembro 2005

A garda civil detivo hoxe, no marco dun grande operativo policial, a dez independentistas afiliados ou próximos á organización independentista Ami, cuia páxina foi intervida pola Garda Civil. Esta operación enmarcase dentro dun operativo máis amplo das forzas de seguridade do Estado que ten coma fin desarticular posibles operacións como a que tivo lugar o 24 de xullo.

Repitense os amaños de anteriores gobernos

Tecno - 10 Novembro 2005

Volvennos remitir outro confidencial relacionado co famoso concurso convocado polo Cesga para a traducción do paquete ofimático "openoffice.org" ó galego. Naquela noticia facianse saber certos aspectos irregulares na convocatoria deste concurso, dos que agora parece que hai certezas....

Touriño, a favor dos blogs

Tecno - 08 Novembro 2005

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fala nunha entrevista na red de blogs socialistas sobre a Internet, as novas tecnoloxías e o I+D+I. Anuncia que dará un pulo ao software libre e incorporará as tecnoloxías da información ó sistema educativo e á práctica docente para mellorar a calidade da ensinanza. Ademáis, anima aos socialistas a expresarense a través dos blogs dos que di que "poden erixirse nunha canle de promoción da democracia pois é o que alenta na súa propia xénese"....

Ataque informático

Tecno - 20 Outubro 2005

Galiciaconfidencial quere pedir desculpas aos seus lectores e, especialmente, aos participantes nos foros porque, ocasionalmente, se teñan borrado algunha das súas mensaxes. Esta web está sendo obxecto dun envio masivo de correo lixo -ate de dous por minuto- o que está saturando o noso servicio. Agardamos solucionar en breve este problema e pedimosvos comprensión se algún comentario é trastocado.

¿Chanchullos en concursos públicos?

Tecno - 05 Outubro 2005

Remitennos un interesente confidencial sobre un suposto chanchullo nun concurso público do CESGA que, ó parecer, podería estar xa designado a dedo...

Nominados

Tecno - 02 Setembro 2005

Agradecemos a Ifrit que teña elexido a Galiciaconfidencial como unha das cinco páxinas do Blogday 2005. Convidamosvos a que visites o seu blog en mediapinta.

Retrasos na rede

Tecno - 23 Agosto 2005

Galicia tan só acapara o 2,5% da banda ancha -cable moden e adsl- de todo o Estado. A pesar de que o mes pasado acadaronse as 109.347 liñas, os galegos seguen moi lonxe da maior parte das autonomías españolas, especialmente Madrid ou Cataluña que representan o 50% dos usuarios españois.

Cuestión de "ética"

Tecno - 11 Agosto 2005

Na dirección do PP non está sentando ben que haxa ex directores xerais coma Vázquez Portomeñe ou López Sieiro que teñan aceptado continuar no goberno. Houbo outros altos cargos que rexeitaron as ofertas de continuar no seu posto ó considerar que non é "nin ético nin lóxico" continuar no goberno cando se foi elexido por outro "completamente diferente". Tamén hai quen teme no bipartito que os cargos do PP que continúen se poidan convertir en "submarinos políticos".

A loita contra a pornografía

Tecno - 17 Marzo 2005

A espectacular operación contra a pornografía infantil que provocou onte a detención de más de 500 personas en todo o mundo continua aberta. A Garda Civil segue a pista de máis implicados nesta rede e non se descartan novas detencións. Segundo fontes da investigación, varios dos implicados actuaban dende cibers amparandose no anonimato que propicia este tipo de establecementos. Tamén se investiga a orixe de parte destas imaxes, porque algúns dos menores son galegos, polo que non se descarta a existencia dunha trama de extorsión de menores na comunidade.

A Constitución Europea na rede

Tecno - 08 Febreiro 2005

A información sobre a Constitución Europea é tan escasa que hai que acudir á rede para coñecer os obxectivos e funcións da futuro Carta Magna de Europa. O Goberno xa ten preparada duas webs especializadas sobre o tema; unha xeneralista www.constitucioneuropea.es e outra moito máis elaborada para os máis novos, que é a franxa que realmente interesa ó PSOE www.referendumplus.com

Ós xornalistas tamén somos 'marcianitos'

Tecno - 26 Xaneiro 2005

A Federación de Sindicatos de Periodistas de España (Fesp) acaba de reclamar a retirada dun xogo de Play Station que ten como obxetivo dar caza e morte aos xornalistas, tras a denuncia da nai do reporteiro Miguel Gil, quen perdeu a vida en Serra Leona, no exercicio da súa profesión. E é que nos videoxogos podes matar de todo, dende presidentes, putas, matóns, terroristas, nenos, e agora, xornalistas. "A vida dos xornalistas vale tanto como a de calqueira outro ser humano de calquera colectivo e calquer xogo da morte ofende á razón", asegura a Fesp. Podes consultar o comunicado en www.fesp.org

O primeiro videoxogo galego

Tecno - 17 Decembro 2004

Cóntannos que ese videoxogo que se presentou a bombo e platillo como o primeiro gran xogo interactivo de Galicia, El Templo, é en realidade un gran fraude. Os entendidos na materia aseguran que emprega tecnoloxía "absolutamente desfasada" e aínda van máis lonxe nas súas críticas porque acusan á empresa creadora do videoxogo de "fundir indiscriminadamente grandes subvencións" sen que o producto esté a "altura das circunstancias".

Cara e cruz para caixagalicia.es

Tecno - 12 Decembro 2004

A páxina web de Caixa Galicia recibiu esta semana unha alegría, pero tamén unha decepción. Por unha banda premios, e pola outra estudios desfavorables...

Galicia, destino dos internatutas

Tecno - 11 Decembro 2004

Segundo un estudio realizado pola compañía Ya.com, os internautas españois prefieren contratar un vo nunnha axencia de viaxes física, antes que na propia Rede. De feito, a última vez que éstes contrataron un desprazamento en avión, o 33% dos enquisados o fixo nunha axencia tradicional, fronte a un 28% que o contratou nunha axencia 'online'.

Os ciberxornalistas galegos estamos nas berzas

Tecno - 01 Decembro 2004

Estes días estiveron en Galicia, nun congreso sobre Xornalismo na rede, importantes ciberxornalistas de todo o mundo e, aquí, case que nin nos enteramos. Por algo comentou un dos ponentes, Próspero Morán, da Universidade Carlos III, que "o xornalista galego en internet está despistado" porque logo de revisar xornais e webs do país non encontrou case referencia algunha sobre o evento.

As operacións policiais na rede

Tecno - 26 Novembro 2004

Logo da detención de case 100 persoas por participar nunha rede de pornografía infantil, cóntannos que logo da chamada "Operación Coffee", na que participaron 50 axentes da Garda Civil de Pontevedra o 12 de setembro de 2003, se descubriron numerosas "irregularidades".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.