O líder do PPdeG apela a "converter a desazón en ganas" para votar o 10N e "iniciar unha época de normalidade" na política.
Aseguran que se trata dun programa coa vontade de xerar "dereitos e estabilidade" e de ser un "elemento fundamental de avance democrático" para o Estado.
  comenta   1
"Cando pasen as eleccións e o Goberno estea, ou ben constituído ou en vías de constitución" o Goberno convocará o CPFF, sinalou a ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero.
  comenta   0
O dono do principal xornal galego critica duramente o independentismo catalán fronte o que contrapón o carácter de “convivencia” que os galegos “le ofrecen cada día al Reino de España”. No seu discurso estiveron presentes os líderes do PPdeG, PSdeG e BNG, así como os principais alcaldes, grandes empresarios e altos mandos das forzas de seguridade do estado.
  comenta   9
A portavoz nacional do BNG declarou que o bipartidismo PP-PSOE e as súas "sucursais galegas" están "a quitar" o futuro a Galicia.
Montero espera abordar o cambio de financiamento autonómico "canto antes" e revisar a fiscalidade: "A torta ten que ser máis grande".
  comenta   0
O goberno de Sánchez anunciou que subiría as pensións segundo subas do IPC. Logo da crise de 2008 moitas familias acabaron dependendo das pensións de pais ou avós. Organizacións de pensionistas reivindican a blindaxe constitucional para un retiro digno, especialmente en Galicia, onde as pensións son das máis baixas do Estado.
  comenta   3
Sobre os puntos que defende a súa formación, o cabeza de lista da formación pola Coruña sinalou "facer fronte ao desmantelamento industrial que pon en risco unha gran cantidade de postos de traballo".
  comenta   0
A coalición En Común apela a votar para que "non durman polas noites os que mandan" e Galicia estea "no centro" do debate.
  comenta   3
A formación de Villares critica que foi o Bloque o que non "quixo negociar" para ir xuntos en coalición o 10N. Pola súa banda, Pontón di que Feijóo "está nervioso" ante as "boas expectativas" do Bloque tras as críticas do presidente galego que dixo que perderá votos se vai con Compromiso por Galicia por ter xente de Vox na Executiva.
  comenta   4
Evita confirmar se aspira a alianzas con outras forzas nacionalistas para as galegas de 2020 tras o pacto con CxG, aínda que di que Anova vai con "forzas estatais", en alusión a Podemos e EU. Aspira a que o BNG sexa "decisivo" no Congreso.
  comenta   4
Destaca que xa tiveron máis de 500 afiliacións nos últimos días e anuncian unha campaña imaxinativa posto que "non" contarán "con estudios de televisión" nin con créditos bancarios.
  comenta   8
A cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, pide "confiar" neste partido para dar "voz" a Galicia
  comenta   3
A cabeza de lista de Más País pola Coruña participou nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo na USC. A candidata explicou os puntos estratéxicos do partido en Galicia.
  comenta   12
O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro, di que o PP teme perder votos galeguistas tras o pacto CxG-BNG para as eleccións do 10N. “Sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do Estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia”, suliña.
  comenta   4
Antón Gómez-Reino cre que "se cualifica en por si" un partido que non se presenta no catro provincias galegas
  comenta   0
O presidente da Xunta, sorprendido pola presenza de membros da ultradereita española no nacionalismo galego, critica un acordo. "Cada un fai os acordos que pode", ironiza.
  comenta   6
En total son oito cabezas de lista pola provincia doutros tantos partidos para sete escanos. En cinco provincias só hai homes nas cabezas de lista.
  comenta   0
Son tres menos que as proclamadas para o 28A debido a decisións como a de En Marea de non concorrer ou o pacto de CxG co BNG.
  comenta   0
O candidato á Presidencia do Goberno é a cabeza de lista na provincia de Ourense, Rafael Fernández.
  comenta   3
Afincado en Cataluña desde hai anos, abandonou o órgano de dirección de Podemos Galicia pouco despois de ser electo baixo a lista de Bescansa.
  comenta   1
A plataforma asegura que a exministra de Fomento é "a persoa que máis traballou para tratar de ocultar as verdadeiras causas" da traxedia. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, substitúea como cabeza de lista en Pontevedra.
  comenta   0
Os pensionistas composteláns protestan como todos os primeiros luns de mes por unhas "pensións dignas" e avanzan que acudirán a unha manifestación en Madrid o día 16.
  comenta   0
"Estamos máis que nunca nun momento de unión e isto é un ataque de só uns poucos á democracia", di o seu secretario de Organización, Laureano Bermejo.
  comenta   0
Ana Pontón e Juan Carlos Piñeiro (CxG) convencidos de que haberá presenza nacionalista en Madrid. Nin BNG, nin CxG cren que a irrupción de Más País poña en perigo que Galicia teña "voz en Madrid, tras a decisión de En Marea e Anova de non presentarse o 10N. Bloque e CxG defenden unha axenda "galeguista e nacionalista" tras o pacto acadado estes días.
  comenta   23
O rexedor compostelán lembrou que esta centralización dos populares "xa lle soa dos anos 90" co expresidente José María Aznar. "Mariano Rajoy tamén o fixo e agora vexo que o novo presidente (Casado), despois do que lle pasou hai seis meses, fai outro xiro", explicou.
  comenta   0
O membro de En Marea Pancho Casal cargou contra Más País e afirmou que nas negociacións que tiveron con esta iniciativa En Marea deuse "conta de que o que querían era establecer unha delegación en Galicia".
  comenta   2