As urxencias hospitalarias reciben pouco máis do aprobado, segundo o Barómetro Sanitario publicado polo Ministerio de Sanidad.
  comenta   0
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante a fin de semana a 84 persoas debido a 61 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O sábado, con 24 incidentes, foi o día en que se rexistraron máis sinistros.
  comenta   0
A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago denuncia o "maltrato asistencial de cada día" que sofren os doentes e non descarta tomar medidas legais.
  comenta   0
Acusan á dirección do hospital de mentir e animan a súa xerente a "que visite persoalmente o servizo de urxencia e se digne a falar cos pacientes".
  comenta   0
O presidente da Xunta avanza que o Consello dará luz verde esta semana á construción de 20 novos centros de saúde en toda Galicia ata 2020 para reforzar a atención primaria.
  comenta   1
Este sindicato esixe que se “asuman responsabilidades políticas” polo colapso das urxencias e reivindica un plan de recuperación do emprego e do investimento para reverter a deterioración do sistema sanitario público.
  comenta   2
“Pretenden que aceptemos o colapso das Urxencias como algo normal”, denuncia Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, que reclama a contratación de máis persoal e que denuncia que aínda se destinan 200 millóns menos á Sanidade que antes da crise. “Estamos ante un proceso de deterioro moi serio no que prima cumprir coa estabilidade orzamentaria", laiase.
  comenta   8
A familia da muller denuncia que esta estivo tirada nunha padiola nun corredor do Hospital da Costa en Burela cunha "dor abdominal intolerable", "sen atención médica e sen analxesia". A Plataforma Sanitaria A Mariña denuncia a "caótica situación do servizo de urxencias".
  comenta   1
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve falar de "maltrato asistencial", con pacientes graves ciscados nos corredores do Hospital de Santiago. Malia as constantes denuncias e alertas de doentes, sindicatos, profesionais sanitarios e xerentes de toda Galicia, a Xunta segue minimizando o problema nas urxencias do país.
  comenta   1
"A solución dos colapsos sanitarios non pasa por amorear pacientes en habitacións", advirte a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
  comenta   3