“Dirixirse a todo o mundo é un erro. A comunicación ten que ser segmentada”

Emprendemento

Falamos con Beatriz García Cibreiro, especialista en comunicación estratéxica nas organizacións.

Navegando por Internet / Universidade de Navarra - Flickr.

“A crise sanitaria é un gran exemplo da necesidade de homoxeneizar a recollida de datos”

Empresas

Iria Aguete Agulla é Digital Analyst Manager en Improving Metrics. Nesta entrevista destaca que a pandemia está mudando o consumo na rede e que haberá un escenario novo. "Agora é o momento de analizar e adaptar estas canles dixitais a un novo público, que non busca exactamente o mesmo que buscaban as persoas mais acostumadas as compras online", indica.

A web de dbarrio para impulsar o comercio local / remitida

O futuro do comercio de barrio: empresas pequenas que loitan coas multinacionais que non pagan impostos aquí

Emprendemento

dbarrio.com tenta unir a todo o pequeno comercio para resistir á nova crise provocada polo coronavirus. Lanzada a fins de 2019 por Pablo Sánchez tenta fomentar o comercio electrónico de proximidade.

Emprendedoras da India nun seminario da USC / USC

Emprendedoras indias formaranse na USC

Emprendemento

No marco do proxecto Enprendia crearanse oito centros de emprendemento neste país coa finalidade de establecer redes co tecido empresarial local.

Robot de Abanca / Abanca

Abanca Innova selecciona 19 proxectos internacionais para o seu 'Programa para Startups'

Emprendemento

Un total de 19 startups internacionais, procedentes de España, Portugal e Suíza, participaron o 11 e o 12 de decembro nun Bootcamp presencial organizado dentro da terceira edición do 'Programa para Startups Abanca Innova'.

Integrantes da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, na estación de seguimento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación / DUVI.

Estás interesado en bolsas de traballo no sector tecnolóxico?

Innovación

O programa Digitalent ofrece bolsas ás empresas tecnolóxicas para acoller estudantes de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura.

Dron. CO2 REVOLUTION

Business Factory Aero busca novas 'startups' que "dean resposta" aos retos do sector aeronático

Empresas

Ofrece ás candidaturas seleccionadas formación, tutorización, espazos e instalacións e asesoramento comercial.

A aceleradora de empresas Business Factory Aero (BFA) abriu a súa segunda convocatoria á procura de proxectos e 'startups' "que dean resposta" aos retos tecnolóxicos aos que se enfronta o sector aeroespacial e de voos non tripulados en Galicia.
O responsable técnico da BFA, Rodolfo Ojea, explicou este martes que esta segunda convocatoria está aberta ata o 15 de novembro e, do mesmo xeito que na anterior, seleccionaranse tres proxectos para o itinerario de 'incubación' (que dura 24 meses) e outros tres para o de 'aceleración' (que dura 12 meses).

África González, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía / innovaspain.com

África González e Cristina Fernández, premiadas no IV Congreso Acción e Implicación de Empresarias Galicia

Emprendemento

Será nun acto que terá lugar en Vigo os días 6 e 7 de novembro.

A presidenta da Sociedade Española de Inmunología, África González, e Cristina Fernández, socia de Casa Grande de Xanceda, serán as premiadas durante a celebración do IV Congreso Empresarias Galicia, que se celebrará este mércores e xoves, días 6 e 7 de novembro, na sede Afundación de Vigo.
Así o decidiu este luns a directiva da Asociación Empresarias Galicia, que acordou entregar o premio 'Traxectoria Profesional 2019' a González, mentres que Fernández recibirá o premio 'Empresarias Galicia 2019'.

Emprendemento.

A cooperación entre entidades sen ánimo de lucro e empresas, a debate en Pontevedra

Empresas

O evento terá lugar o próximo 13 de decembro no Liceo Casino de Pontevedra e será inaugurado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O Rotary Club e o Foro Empresa Pontevedra organizarán o próximo mes de decembro o 'I Encontro Empresarial Social', no que se abordarán as oportunidades de cooperación entre entidades sen ánimo de lucro e empresas.
Os pormenores deste encontro foron presentados este mércores nun acto no que participaron Arturo Ramírez, presidente de Foro Empresa Pontevedra, Sindo López, presidente de Rotary Pontevedra, Jesús Rey, presidente de Aje Pontevedra, Manuel Miranda, en representación de AEMPE, e Uxía Diz, en representación de ISCEM.

Encontro de participantes no

'Rescatadores de talento', un proxecto para promover o emprego na mocidade

Empresas

Estas xornadas, promovidas por Viaqua e desenvolvidas en Compostela, permite á xuventude vivir "experiencias empresarias in situ".

O programa formativo 'Rescatadores de Talento', que ten como obxectivo promover a empregabilidade da mocidade, está tendo lugar durante esta semana en Compostela. O Centro de Desenvolvemento que inicou este proxecto xurdiu dunha colaboración entre a empresa Viaqua e a Fundación Princesa de Girona.
SUEZ é unha das empresas que participa activamente en 'Rescatadores de talento'. Neste caso, Viaqua decidiu involucrarse no proxecto recibindo en Santiago de Compostela a 11 mozos e mozas procedentes de toda España cun obxectivo: axudarlles a atopar o emprego para o que estudaron.

Nun acto de presentación de 3D Surgical Technologies S.L. / trendsmap

USC e Instituto da Muller galardoan os mellores proxectos empresariais liderados por mulleres

Emprendemento

Un proxecto de software baseado en intelixencia artificial e unha empresa de fabricación de próteses foron as recoñecidas nesta II edición do Concurso Innovaria 8.3.

O II Concurso Innovatia 8.3 cofinanciado polo Fondo Social Europeo e organizado conxuntamente pola USC e o Instituto da muller, recoñeceu este martes os mellores proxectos empresariais creados co apoio das universidades españolas e liderados por mulleres. No acto de entrega, tomou parte o reitor Antonio López, xunto a Rocío Rodríguez, directora do Instituto da Muller; Soledad Murillo, secretaria de Estado de Igualdade; e Eva Alcón, delegada do presidente de Crue Universidades Españolas.
Do mesmo xeito que na I Edición, esta convocatoria, á que concorreron corenta e tres candidaturas, contemplou dúas modalidades de premios: a de proxecto empresarial de Base Tecnolóxica, dotada con 10.000 euros e asesoramento personalizado durante seis meses por unha profesional referente no sector; e a de proxecto empresarial Startup, premiada con 7.000 euros e, igualmente, asesoramento personalizado durante tres meses por unha profesional referente no sector.

gctv cabecera

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.