Cinco proxectos educativos galegos, finalistas do 'Premio a la Acción Magistral 2019'

Os proxectos desenvolvidos por parte de cinco centros educativos optan ao galardón por promoveren a "innovación social educativa".

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 29/07/2019

Cinco proxectos galegos categorizados en diferentes modalidades quedaron finalistas no Premio Acción Maxistral 2019. Os premios, promovidos pola Fad e BBVA, buscan galardoar aquelas iniciativas educativas que promovan a innovación social educativa.
 
Na categoría AMPA o proxecto seleccionado finalista do Premio á Acción Maxistral foi "ANPA Río de Vai", do CEIP Plurilingüe Os Casais, de Maniños, Fene (A Coruña). Con esta proposta, a asociación de pais do centro pretende espertar a creatividade do alumnado mediante diferentes actividades como talleres de inglés, de baile, de teatro, de cociña, de robótica ou de patinaxe, entre outros. Por outra banda, "Teatreando e Integrando" é un proxecto que nace do AMPA Pilar de Foz, do centro CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz, na localidade lucense de Foz. Este proxecto propón actividades artísticas para os alumnos que promovan valores integradores e educativos a través de actividades lúdicas fóra da aula. Dentro desta iniciativa realízanse talleres de manualidades, maquillaxe e teatro.
 
Na categoría Proxecto A (Educación Infantil e Primaria) enmárcanse os seguintes proxectos. Por un lado, "La tienda de Antón", da Escola Infantil Municipal Monte Alto da Coruña. O obxectivo é que, a través do xogo, os máis pequenos desenvolver competencias básicas para os primeiros anos de infancia, como son a autonomía, a iniciativa persoal ou as capacidades sociais. Para iso, desde "La tienda de Antón" simúlase un espazo de compra/venda onde os nenos poden simular que van á compra ou que son os propios dependentes da tenda. Por outro lado, "Tejiendo redes emergentes para una educación inclusiva" é un proxecto do CRA Mestra Clara Torres de Pontevedra. O obxectivo, nestoutro caso, é dar resposta á diversidade de alumnos e familias do centro, considerando a diversidade como un valor. Mediante un blog, unha canle de YouTube, acampadas e sesións informativas ás familias preténdense crea un ambiente de inclusión dentro do centro escolar.
 
Na categoría Proxecto B (Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Programas de Cualificación Profesional Inicial) quedou finalista o proxecto "Aturuxo films. imaxinando músicas", que provén do IES de Cacheiras (A Coruña). Con este proxecto preténdese usar o cinema para educar en valores, desenvolver o sentido crítico e potenciar a creatividade dos alumnos e alumnas.
 
ACCIÓN MAXISTRAL, UNHA INICIATIVA DE APOIO AO PROFESORADO
 
Todos os proxectos finalistas poden ser consultados e votados na web de Acción Maxistral. O período de votación popular permanecerá aberto até o próximo 2 de agosto e posteriormente será un xurado o que determine os proxectos gañadores, que se farán públicos o próximo mes de setembro.
 
O Premio forma parte de Acción Maxistral, un proxecto educativo da Fad e BBVA para potenciar e apoiar aos/as docentes españois que traballan día a día por tentar facer da escola e a educación un lugar máis creativo, innovador e xerador de impacto social educativo. En Galicia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, do mesmo xeito que en edicións anteriores. Durante a primeira fase de avaliación do Premio que selecciona aos finalistas, contouse coa participación en Galicia de representantes da Xunta de Galicia, de docentes da comunidade virtual Acción Maxistral con experiencia en Educación en Valores, así como de representantes das institucións convocantes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Debuxos da rapazada na escola. XUNTA - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.