Impulsan un posgrao pioneiro de formación dual en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

É unha iniciativa do Clúster TIC, a Universidade de Vigo e Imatia e está dirixido a graduados do ámbito empresarial, ademais de carreiras técnicas e profesionais das TIC en activo.

Por GC Emprende | Vigo | 05/08/2019

As empresas do Clúster TIC e a Universidade de Vigo únense para facilitar o emprego e a formación dual en Galicia, a través do primeiro curso de Posgrao en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital, trala firma dun acordo de colaboración que ten como obxectivo, abrir as portas do sector tecnolóxico a estudantes e profesionais alleos ao sector TIC, a través de formación práctica nas empresas, sen necesidade de coñecementos informáticos previos.

O curso, dirixido a graduados en titulacións de ámbito empresarial (ADE, Empresariais, Dereito, Comercio e Marketing, Turismo, Deseño...), carreiras técnicas (Informática, Telecomunicacións, Industriais, Matemáticas, Física...) e profesionais das TIC en activo interesados en explotar o potencial das empresas dixitais comezará o 30 de setembro e terá unha duración de nove meses.

Segundo apuntan os impulsores nun comunicado, capacitará tecnicamente aos alumnos en competencias, habilidades e ferramentas tecnolóxicas, así como no dominio de metodoloxías de liderado e de negocio, aplicables no desenvolvemento da actividade práctica empresarial.

"Ofrece unha formación multidisciplinar e saídas laborais en perfís técnicos (desenvolvemento de software, técnicos de soporte, control de calidade, etc.), consultoría (transformación dixital, análise funcional, industria 4.0, etc.), desenvolvemento de negocio (marketing e vendas para produtos tecnolóxicos…), xestión (xestión de equipos, Scrum master, responsable de produto…) e emprendemento (e-commerce, aplicacións empresariais, servicios de desenvolvemento TIC, etc)", destcan.

Con este posgrao, o Cluster TIC, Imatia e a Univeridade de Vigo din que "pretenden cubrir unha demanda real do mercado, adaptándose as novas necesidades e perfís solicitados polas empresas" contribuír "a impulsar un sector en auxe e cunha gran capacidade de empregabilidade -o 55% das empresas demandan este perfil e cada ano hai máis de 100.000 postos vacantes sen cubrir-".
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Arduino, tecnoloxía de software libre

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.