Villares acusa a Feijóo de usar o Debate do Estado da Autonomía para "comezar a precampaña" das xerais

O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2019

O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia, Luís Villares, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de pretender utilizar o Debate do Estado da Autonomía "para comezar a precampaña electoral" dunha eventual repetición das eleccións xerais o próximo 10 de novembro.

Así o fixo Villares na mesma xornada na que o Goberno galego solicitaba á Cámara que fixe neste mes de setembro o debate anual de política xeral. O pasado ano, celebrouse os días 9, 10 e 11 de outubro.

Para o portavoz do Grupo Mixto, este adianto implica que Feijóo "non perde a ocasión de utilizar as institucións do autogoberno" con fins "partidarios", xa que podería coincidir coa disolución das Cortes xerais de non saír adiante a investidura de Pedro Sánchez.

"Vaise utilizar un debate, que tería que servir para falar da situación política do noso país, seguramente para comezar a precampaña electoral ata o 10 de novembro co pistoletazo de saída que dá o propio Núñez Feijóo con este adianto", afeou o líder de En Marea.

E é que, a falta de que a Mesa do Parlamento e a Xunta de Portavoces fixen este martes as datas concretas do último Debate do Estado da Autonomía desta lexislatura, a previsión é que se celebre na semana do 23, a última do mes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

lóstrego

Estado da autoanemia colonial


2

Bloqueiro bloqueado

Nunca se lle deu tanto bombo a alguén que tan só saca 15 mil votos. Por que será?


1

André P.

Villares, non eras nacionalista? Porque Galiza é unha nación (ou nacionalidade histórica según "la consti"...). Así che vai.


O portavoz de En Marea, Luís Villares / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.