O Grupo Común da Esquerda cualifica o adianto do Debate sobre o Estado da Autonomía de "burla ao Parlamento"

O portavoz institucional do Grupo Común dá Esquerda, Manuel Lago, adiantou que na Xunta de Portavoces do martes oporanse a fixar na última semana de setembro o Debate do Estado da Autonomía no Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2019

O portavoz institucional do Grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, adiantou que na Xunta de Portavoces do martes se oporán a fixar na última semana de setembro o Debate do Estado da Autonomía no Parlamento.

Así, acusa o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, de "burlarse" da Cámara e "utilizala en beneficio do PP" por solicitar que esta sesión anual se celebre antes de que finalice o mes. O ano pasado, tivo lugar os días 9, 10 e 11 de outubro.

"Parécenos unha irresponsabilidade inadmisible", afirmou Lago este sábado, á vez que acusou o titular da Xunta de "usurpar o papel das institucións" para "buscar atallos que lle permitan actuar na política española".

"Este debate é o principal nun ciclo parlamentario. Aí hai que debater dos problemas do país e buscar acordos entre todas as forzas políticas para darlles solución, e o que fai o presidente anticipando esta cita é utilizar o Parlamento para asegurar a súa participación no debate electoral do conxunto do Estado", esgrime o portavoz institucional do Grupo Común da Esquerda.

Finalmente, Manuel Lago considera que Feijóo "non ten interese en falar do país", senón que o debate é "unha trampa para non falar do seu balance de goberno, para que se lle esconda á cidadanía galega un balance serio e rigoroso de cal é a situación de Galicia despois de dez anos gobernando o PP, e distraer a atención co debate estatal".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

O Grupo Común da Esquerda + En Marea deberan analizar de vagar cales foron as causas do estrepitoso fracaso desta Iniciativa Lexislativa Popular (?) 1º os defectos da propia ILP 2º os comparecentes (ao servizo do goberno da Xunta) 3º o desprezo da cidadanía polo Parlamento de Galicia! Ao mellor sacabamos todos algo en limpo de cara a futuras Iniciativas! https://i.gal/gamela09 Se Feijoo quere CAMPAÑA, aquí tedes CAMPAÑA!


O portavoz do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia, Manuel Lago / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.