"O dos centros comerciais pasou nos USA hai 30 anos"

Video-entrevista con Iván Louzán "Opinguino", autor da exposición "Pechado-Yihad Comercial". A crise do comercio, o impacto urbano, o modelo das grandes superficies comerciais e o exercicio de concienciación cidadá. Reportaxe exclusiva no interior do artigo.

Por Paco Gallego | A Coruña | 07/05/2012

O teléfono de Iván Louzán "Opinguino" non para de soar durante a nosa entrevista. Desde que o pasado luns 30 de abril este medio adicou un completo artigo á súa exposición sobre a crise do comercio e a súa batalla, perdida por agora, contra o modelo das grandes superficies comerciais, diferentes medios de comunicación tanto escritos como audiovisuais -sen citar este artigo- non o deixan vivir medianamente en paz.

Iván atende con paciencia. O Restaurante Cardamomo da Coruña acolle os últimos días desta exposición fotográfica. Román, o seu dono, é un tipo agradable encantado de atendernos. Ás once en punto da mañá estamos todos listos e comezamos a gravar esta entrevista que é, ao tempo, unha revisión sobre o modelo de consumo de cara a unha toma de conciencia sobre o que está a acontecer co comercio tradicional das nosas cidades e vilas.

Esta entrevista foi recollida no Restaurante Cardamomo da Coruña, coincidindo coa exposición "Pechado - Yohad Comercial. As escenas comerciais foron tomadas nas rúas Vila de Negreira, José Baldomir e Barcelona, así como a Praza do Comercio, no barrio da Agra do Orzán. Rúa Real, San Andrés, Franxa e Barreira no barrio da Pescadería.

O vídeo foi realizado por Audiovisual74, proxecto comunicativo das webs Axitpop e Empuje.net, en exclusiva para Galicia Confidencial.

Álbum fotográfico da exposición con imaxes inéditas no facebook GC Tendencias. Síguenos igualmente no twitter @GcTendencias. Para contactar co coordinador do GC Tendencias, tendencias@galiciaconfidencial.com.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
2

Paloma

En qué rúa da Coruña está O Cardamomo? Gracias.


1

Gosto

Pedazo de video. Non son un crítico audiovisual pero gustoume. Por fin algo de creatividade nun medio informativo!

1 resposta
1

Por Agra: Comparto comentario


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.