O BNG terá un primeiro contacto este luns con Lastra de cara á investidura

Néstor Rego porá enriba da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019

O deputado electo do BNG, Néstor Rego, reunirase este luns no Congreso coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, para manter o que será "o primeiro contacto" entre ambas as forzas de cara á investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.

En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do Bloque, Rego verase coa dirixente socialista ao redor das 12,00 horas na Cámara Baixa e porá encima da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

E é que, tal e como indicou este sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Sánchez "faría moi mal en facerlle caso aos que din" que teñen o seu voto asegurado para a investidura.

Nunha semana na que medios de comunicación e forzas políticas barallaron as posibilidades que existen de que o acordo de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias saia adiante, Pontón subliñou que o BNG non porá "liñas vermellas", pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".

As principais condicións do Bloque pasan pola "receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidade", indicou a líder frontista. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
2

Opa Canido

Pedirán o AVE ata Ferrol, como facía Pacorro con Solbes para apoiar os orzamentos

1 resposta
1

Por Opa Chatarras: Pedirán o AVE a Burgos como facía Procesiones


1

Gamela

nótase ben que somos "galegos" (?) e faríamos ben en "negociar coma calquera" o problema é outro ben distinto e chámase UPG (que evidentemente non representa, sendo moi xeneroso, máis que ao 10% dos 119.000 votantes do BNG) ?

3 respostas
1

Por Limico: Filliñoo, tes unha autentica fobia ao BNG. Aos que votamos Bloque, non nos importa para nada a túa opinión. Recapacita, porque te estas facendo un dano patolóxico a ti mesmo.

2

Por Gamela: se o dano é a min mesmo, pouco importa! Pero se volvemos a meter a Galicia nas mans dun PP radicalizado vía Vox que deberamos facer co BNG (darlle unha medalla por achantar por enésima vez ante Paco Rodriguez e Cia?) Ainos que xogan con lume...!!!

3

Por Plasta home: Que pesao tio


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Consello Nacional do partido. BNG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.