Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019
Os independentistas de Junts per Catalunya, a coalición de Más País e Equo, o seu socio valenciano de Compromís e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) uníronse para crear un novo grupo parlamentario no Congreso. Así o confirmaron a Europa Press fontes parlamentarias, que indicaron que o seu portavoz inicial será Laura Borràs e como adxunto figura Íñigo Errejón.
Posteriormente, o BNG emitiu un comunicado no que deixa claro que este grupo se constitúe "unicamente con criterios operativos e non ideolóxicos", polo que funcionará " de facto como un grupo mixto, onde cada partido é independente e ten visibilidade propia".
Trátase da segunda alternativa para reducir o Grupo Mixto resultante das eleccións xerais do pasado 10 de novembro, despois de que UPN (Navarra Suma), Coalición Canaria (CC), o Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe formasen o grupo España Plural.
A última palabra teraa a Mesa do Congreso, que este venres pola mañá se reúne para estudar os escritos presentados e tomar unha decisión en función do regulamento e dos variados antecedentes que se foron producindo na historia recente da Cámara.
O Regulamento do Congreso establece que todos os partidos que teñan 15 ou máis escanos poderán constituír grupo parlamentario, caso do PP, PSOE, Vox e Unidas Podemos. Pero hai unha segunda vía para constituír grupo propio: superar os cinco deputados máis o 5% dos votos en todo o país, a opción empregada por Ciudadanos, ou ben o 15% en todas as circunscricións nas que se concorre, como fixeron PNV, ERC e Bildu, que conta con grupo propio por primeira vez.
ATALLO PARA QUE JUNTS TEÑA O SEU PROPIO GRUPO
Junts ten oito deputados, pero non chega ao 15% nin en Barcelona, nin en Tarragona nin na media de Cataluña, polo que non podía formar grupo en solitario.
A alternativa que os independentistas decidiron levar a cabo é sumar os seu oito deputados aos dous de máis País-Equo, o de Compromís e o do BNG para, entre todos, sumar unha representación do 5% dos votos emitidos o 10N en toda España; en concreto, chegan case ao 5,1%.
Como portavoz titular figura inicialmente a independentista Laura Borràs, á súa vez portavoz de Junts, e como adxunto aparece Íñigo Errejón, líder de Más País.
Pola súa banda, UPN, CC, o PRC e Teruel Existe, que suman cinco deputados, optaron pola vía de cumprir o requisito do 15% nas súas circunscricións. O seu grupo, denominado España Plural, arrinca con José Mazón, do PRC, como portavoz titular, e con Tomás Guitarte, de Teruel Existe, como adxunto, aínda que o plan é ir cambiando cada mes.
E se se lles dá o visto e prace, despois poderíanse unir a este grupo territorial o deputado de Nueva Canarias, Pedro Quevedo, socio electoral de CC, e o de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, que concorreu ás eleccións en coalición co PP.
MARCA DE GRUPOS
Se os dous grupos son aprobados pola Mesa do Congreso, onde PSOE e Unidas Podemos contan con maioría, no Grupo Mixto só quedarían os dous deputados da CUP, polo que non sería estraño que os socios de Junts --Máis País, Compromís e BNG-- acabasen abandonando o seu grupo para volver ao Mixto.
E quedarían no Congreso once grupos parlamentarios, unha cifra que xamais se alcanzou e que condicionaría a duración dos debates e a composición das comisións parlamentarias.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Estes son mis principios, si no les gustan, tengo otros. Este Goucho nunca pasa de moda. Mira que se despois de meses zumbando a Villares e Cia. e criticando a En Marea por pretender chegar a acordos confederales con outra xente, a UPG forma grupo con Errejón, é para mexar e non botar gota.
Yolanda Díaz vai estar no consello de ministros coa carteira de Traballo e Néstor Rego vai estar levándolle os cafés a Errejón e aos ex-CiU. Pero o Sermóns Paliza e La Voz farán todo o posible para que creamos que Galiza está mellor representada polo BNG e non por Galicia en Común.
Por Caselas: Non sei se o Néstor vai repartir cafés ou rascar os pés de Errejón. Tampouco me importa, supoño que Toné fai algo parecido, xa non digamos a Pam, e tragas. Do que estou seguro é que Yolanda protexeu un pederasta e apartou aos que denunciaron. Tamén, sabemos que en Podemos sodes falsos: decides estar contra a reforma laboral por ser lesiva para os traballadores e aplicadela aos vosos funcionarios para aforrar. Logo, da ministra dos operarios agardo fume!
Por Bernal Calvo Decomisiones: Tanto conto e ao final eras podemita de IU. Yolanda vai estar levándolle os cafés á CEOE no ministerio del Paro e Galiza representada só por Néstor. Iso se vos deixan, porque cando tome posesión igual a prensa española que tanto vos mimou saca o tema das expulsións dos que denunciaron ao asesor pederasta de Procesiones
O máis estraño é que a CUP, que son as mocidades de JxCat, non queiran estar no mesmo grupo. Conflitos con papá?
Por Sentidiño: Si, Joan Garriga e Carles Riera son as mocidades de Puigdemont, como todo o mundo sabe... Outra falacia "centroeuropea". Insisto en Risco e Mitteleuropa: nazismo disfrazado de cultura.
Por Centroeuropeo: Sentidiño, está perdendo xa algo mais que o sentidiño.
Como que compartirá, a noticia será que deixa de compartir con Revilla, Navarra Suma etc. Con Errejón xa estaría igual no grupo misto.
Por Roxalia : Si. Pero neste novo "Grupo Múltiple" o único deputado benegallo vai ter de xefe a Errejón. Todo despois de botar 4 anos ladrándolle a Anova e En Marea. Hai que ser hipócritas.
Por Non ho: Como de xefe, que queres dicir se a portavocía é rotatoria. No misto tamén o tería de "xefe", e ao de Navarra Suma ou Teruel e Revilla contra os cataláns ou como se chamen. De xefes teredes vós á CEOE no Ministerio del Paro como vos dixeron
Tanta volta e reviravolta para que finalmente Íñigo Errejón acabe sendo o xefe do BNG no Congreso. Noxo e vergoña allea.
O deputado do BNG Néstor Rego e colectivos sociais galegos ante o Congreso