Pablo Casado minimiza que Feijóo agoche as siglas do partido nos carteis electorais: "É cento por cento PP"

Diríxese aos votantes de Vox asegurando que "a maioría" apostou no seu día polo PP e esta segue "sendo a súa casa"

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/03/2020

O líder do PP, Pablo Casado, minimizou este luns que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agoche as siglas do Partido Popular na cartelaría electoral para os comicios do 5 de abril e subliñou que nunha campaña electoral a "estética é o de menos". "Feijóo é cento por cento PP. Díxoo onte", proclamou.

Casado afirmou que o que di o presidente da Xunta é "moi parecido ao que di Isabel Díaz Ayuso", presidenta da Comunidade de Madrid, en materia de impostos, educación, sanidade ou infraestruturas, aínda que logo en campaña cada un poida "darlle un acento ou unha imaxe" na que os seus cidadáns poidan sentirse máis identificados.

Segundo dixo, en Galicia deron coa "clave" de evitar que haxa un "nacionalismo de dereitas" e agregou que iso o conseguiu Manuel Fraga con ese "galeguismo constitucional e cordial". "Ninguén dubidaba de que Fraga, como pai da Constitución, cría en España pero era compatible ter un sentimento de identidade compartida e aberta de Galicia que ten moitos trazos que á xente lle gusta destacar como unha lingua que integra, non separa, e unha cultura que suma, non que resta", apostilou.

Un día despois do mitin celebrado en Ourense con Feijóo e Mariano Rajoy, Casado afirmou que el fixo un balance do que fixo o presidente da Xunta nestes 11 anos de mandato pero tamén do que fixo o expresidente do Goberno durante os seus sete anos en Moncloa porque "a xente non se acorda" do que fixeron e achacouno a que o PSOE "mente moito". "España é dos poucos países en que a mentira non ten un custo electoral", queixouse en Telecinco.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



(esq-dch) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor / Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.