Os homes e mulleres do presidente: Feijóo volve incorporar todos os seus conselleiros nas listas electorais

Fala dos integrantes das candidaturas do PPdeG como "un equipo de xente que vale para o Goberno, para altos cargos da Comunidade e, por suposto, para excelentes parlamentarios".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2020

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, volveu a incorporar --do mesmo xeito que nos comicios autonómicos de 2016-- a totalidade dos 11 conselleiros que conforman o seu Executivo nas candidaturas para a cita coas urnas do 5 de abril.

As listas ratifican ao propio Feijóo como cabeza de lista por Pontevedra; así como á conselleira Ángeles Vázquez como número 1 pola Coruña; á presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia, á fronte da candidatura lucense; e á ata agora delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, como un pola provincia ourensá.

Pola Coruña, como número dous concorre o presidente provincial dos populares, Diego Calvo, vicepresidente da Cámara no último mandato; mentres que a segunda de Feijóo por Pontevedra será Corina Porro e de tres vai o presidente provincial do PP pontevedrés e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

No caso de Lugo, o número dous tras Candia é o conselleiro de Economía, Francisco Conde; e de segundo na candidatura de Ourense concorre o presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

No conxunto das listas intégranse tamén en postos de saída os altos cargos cuxo cese se publicou este luns e foi aprobado polo Consello da Xunta o xoves da pasada semana.

Feijóo referiuse aos integrantes das candidaturas como "un equipo de xente que vale para o Goberno, para altos cargos da Comunidade e, por suposto, para excelentes parlamentarios". "Este Goberno que conseguiu estabilidade merece ter un posto no Parlamento", sentenciou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O titular do Goberno galego preside a reunión do Consello da Xunta.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.