Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020
Ciudadanos competirá finalmente co PP por facerse co apoio do centro-dereita tras fracasar unha alianza e unha integración de C's nas listas populares. Un feito que pode poñer en perigo a axustada maioría absoluta que varias enquisas lle dan a Feijóo.
C's acode ás eleccións galegas con catro novos cabezas de lista con respecto aos comicios do 2016. A súa candidata á Presidencia da Xunta, a xornalista viguesa Beatriz Piñeiro, será a primeira por Pontevedra. Segundo avanzaron fontes do partido laranxa a Europa Press, o 'número uno' por Ourense será José Araújo, un dos dous concelleiros que teñen na capital provincial e que foi tenente de alcalde co PP, baixo o mandato do popular Jesús Vázquez.
En canto á Coruña, encabezará a candidatura María del Carmen Mahía Vázquez, que foi nas listas de Cs ao Senado nas pasadas eleccións xerais; e incorpórase José Ángel Gómez Fernández como 'un' por Lugo.
Finalmente, a formación liberal concorrerá ás galegas en solitaria tras semanas nas que se tentou achegar ao PPdeG para acudir ás urnas de forma conxunta, como si ocorrerá en Euskadi. E é que, mentres Cs propuña primeiro unha plataforma conxunta e despois unha coalición, os populares galegos ofrecíanlles que se integrasen nas súas listas, pero en postos testemuñais.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro, en rolda de prensa.. CIDADÁNS / Europa Press