Un total de 55 candidaturas concorrerán o próximo 5A, tres menos que en 2016

Así quedan repartidas polas catro circunscricións galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020

Un total de 55 candidaturas concorrerán ás eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. Son tres menos que en 2016, cando se presentaron 58 repartidas polas catro circunscricións galegas.

Hai que ter en conta nesta análise que o partido En Marea non se presenta a estas eleccións, pero á marxe das consecuencias electorais que poida ter, os principais impulsores desa marca e formación política son os actores que agora compoñen Galicia en Común-Anova Mareas.

Esta coalición asinárona tres partidos -- Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova --, co apoio de candidaturas municipalistas e inclusión de candidatos deste espazo.

Así as cousas, repítense nas catro circunscricións as principais formacións políticas que, ou ben teñen representación actual, ou a teñen no Congreso dos Deputados: PP, PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, Ciudadanos e Vox, xunto con outras como Compromiso por Galicia ou Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Na provincia de Pontevedra preséntanse ao próximo 5 de abril un total de 16 candidaturas, o mesmo número que en 2016, aínda que non se corresponden cos mesmos partidos ou coalicións.

Repiten PP, PSOE, BNG, Ciudadanos, Comunistas da Galiza, Compromiso por Galicia, Pacma, Recortes Cero-Os Verdes (aos que se suma o partido Espazo Común), Escanos en Branco e Galicia en Común-Anova Mareas (En Marea antes como referencia) e Unidos polo futuro.

Caen da circunscrición pontevedresa Converxencia 21, Acción Democrática Cidadáns de Galicia, Cidadáns-Centrum, Partido Anticorrupción Y justiza (PAYJ) e Ganemos Galicia. Súmanse á contenda de 2020 Vox, Cidadáns de Galicia (non confundir con Ciudadanos-Cs), Por un mundo más justo (PUM+J), Equo e UPyD.

CIRCUNSCRICIÓN DA CORUÑA

A circunscrición da Coruña acusa o maior descenso de candidaturas, ao pasar de 18 listas a 13 candidaturas para o próximo 5 de abril.

Así, preséntanse PP, PSOE, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas, Ciudadanos, Vox, Partido Comunista dos Traballadores da Galiza, Pacma, Por un Mundo más Justo (PUM+J), Equo, Compromiso por Galicia, Recortes Cero-Espazo Común Os Verdes e Partido dos Autónomos e Profesionais, grupo político que só se rexistrou na provincia da Coruña.

Deixan de concorrer ás eleccións Comunistas da Galiza, Alternativa Independente de Galicia, Converxencia 21, Acción Democrática Cidadáns de Galicia, Vía Nova Galicia, Partido Anticorrupción y Justiza, Cidadáns-Centrum, Unidos por el Futuro!, Partido Libertario e Ganemos Galicia.

LISTAS PROVINCIA DE OURENSE

En Ourense presentáronse 13 candidaturas, o mesmo número que nas eleccións de 2016, aínda que tampouco coinciden os mesmos nomes. Repítense, iso si, PP, PSOE, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas, Ciudadanos e Vox, xunto con Compromiso por Galicia e Recortes Cero, que nestas eleccións sumouse a Espazo Común, o partido impulsado polo exsocialista Pachi Vázquez.

Ademais das mencionadas, concorren o Partido Comunista dos Traballadores de Galiza, Por un mundo más justo (PUM+J), Pacma, Contigo Somos Democracia e Equo.

Con todo, nesta provincia é significativa a baixa de Democracia Ourensana, que tratara de dar o salto autonómico nas pasadas eleccións e agora, que goberna no concello da capital, decidiu non concorrer aos comicios. O rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, dixo publicamente que votaría ao PP.

OUTRAS 13 LISTAS EN LUGO

Na provincia de Lugo tamén se presentaron 13 candidaturas. Trátase, de novo, de PP, PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, Ciudadanos e Vox, xunto con Compromiso por Galicia, Partido Comunista dos Traballadores, Pacma, PUM+J, Equo, Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes e Converxencia 21, que só se presenta nesta circunscrición.

Neste caso, deixan de presentarse Ganemos Galicia e Partido Anticorrupción y Justiza (PAYJ).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Aquí tedes as listas completas... https://www.parlamentodegalicia.es/... Pola Coruña a candidatura 13 (mal número!) leva un título moi rimbombante que ninguén entenderá pero os que a rexistraron quedoulles a cabeza descansada ! GALICIA EN COMÚN - ANOVA MAREAS (PODEMOS ESQUERDA UNIDA ANOVA) En que quedamos? Hai Mareas ou non hai mareas! Ridículo !

1 resposta
1

Por Gamela: Colocar a 1. Eva Solla Fernández á cabeza da lista ten moito mérito ! https://cabozo.com/taboext.php?grup... E colocar a 2. Iria Figueroa Torres de segunda da lista seguro que ARRASA ! http://www.terraetempo.gal/artigos_... Vivimos en tempos escuros !


Rexistro xunta electoral de Galicia, eleccións / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.