Touriño e Quintana cren que o cambio estará "axustado" pero será posible o próximo 5A

O expresidente asegura que o saldo do bipartito foi "extremadamente positivo" e Quintana rexeita o "cadro" negativo que "pintou o PP".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020

Os que foran presidente e vicepresidente da Xunta durante o goberno bipartito, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, consideran que o próximo 5 de abril o cambio "estará axustado" en Galicia pero "será posible".

Nunha entrevista concedida a 'eldiario.es' e recollida por Europa Press tanto o que fora líder do PSdeG como o nacionalista aseguran que as cousas estarán "bastante igualadas" e que non se saberá ata "o último momento".

Neste sentido, o que fora vicepresidente da Xunta e integrante do BNG, Anxo Quintana, chama a atención sobre o feito de que "electoralmente o Partido Popular pedise esa característica de partido imbatible" en Galicia.

Así, en referencia ás eleccións xerais do 28 de abril de 2019, destaca o feito de que por primeira vez o PP non fose primeira forza en Galicia. Por iso, augura que as cousas "van estar bastante igualadas" porque "socialmente existe" un "descontento importante con respecto á xestión do Goberno de Feijóo".

Nesta liña, o expresidente socialista Pérez Touriño cre que non se saberá "ata o último momento" se "hai maioría absoluta ou posibilidade dun goberno alternativo, progresista, de esquerdas". "Coincido con Anxo en que estará axustado e que o cambio será posible", sinala Touriño, que cre que existe unha "oportunidade de lograr ese cambio porque a necesidade obxectiva demándao".

BALANCE DO GOBERNO BIPARTITO

Precisamente, o que fora titular do goberno galego e secretario xeral do PSdeG, que censura os ataques da dereita cara á xestión do goberno bipartito, recoñece que, aínda que "houbo momentos de discrepancia" e "fricción" naquela etapa, "o saldo foi extremadamente positivo".

"Aprobamos sempre os orzamentos en tempo e forma sen maiores debates, cousa que agora parece especialmente complicada para outros gobernos de coalición. Fixemos un despregamento lexislativo realmente lexislativo, moito maior que o PP nos gobernos anteriores. Creo que sempre fomos capaces de entendernos", sostén Touriño, que considera que "un goberno de coalición require dun esforzo de diálogo e entendemento maior que o normal".

Sobre esta cuestión, Quintana incide en que os gobernos de coalición son "a normalidade do réxime de democracia parlamentaria". "O raro é que nunha democracia parlamentaria haxa un só partido que alcance unha representación e un apoio tan grande como para gobernar en solitario. Iso é estraño, a excepción", apunta.

Todo iso nunha entrevista na que, preguntado por se os rumores de adianto electoral en agosto de 2008 introduciron desconfianza entre os socialistas e os nacionalistas, Anxo Quintana recoñece que aquel runrún fixo dano "na medida na que introduciu unha tensión que naquel momento ninguén tiña na cabeza".

Con todo, rexeita aceptar "o cadro que pintou o PP" coas súas críticas ao bipartito. "Traballamos moi ben conxuntamente e a competencia que puido haber foi por ver quen facía máis e quen o facía mellor, o mellor que pode pasar nun goberno", indica.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

Gamela

O neoliberalismo segue adiante mentras a xente mete papeletas nas urnas ! Cartos ao caixón, Kyrie Eleysón !!! https://flic.kr/p/8791rU


1

Gamela

Este país é de traca ! Máis que "Jarrones Chinos" habería que cualificalos de "Tacitas de Plata" (?) Esta xente perde a memoria tan rápido coma se fosen reos de Alhzeimer ! Pero o falar non ten cancelas... En algo coincidimos: que a cousa está por ver e será moi axustada de dios! En canto aos gobernos de coalición tamén podería ser se neste caso no fosen Gobernos de Macedonia (de froitas en almibar!)

2 respostas
1

Por Gamela: Galicia Non Se Vende ! Encheu a praza da Quintana cunha manifestación feliz (chea de creatividade) onde os centos de colectivos medioambientais botaronse á rúa cheos de esperanza (hoxe diríamos "apretar") de que as cousas mudaran e Galicia tivese unha oportunidade real de CAMBIAR DE RUMBO! E que sucedeu? Que dende as páxinas dos xornais e dende as Consellerías do Bipartito fomos tachados de "reaccionarios pagados polo PP" (que erro histórico, canta aldraxe!) No foron quen de entender a ALMA do seu Pobo !!! (coma sempre a UPG foi a gran responsable e Ferrín tamén!) A memoria non debera ser traizoada por niguén (chámese Quin ou Antolín) !!!

2

Por Gamela: Porque a Terra somos nós !!! https://www.flickr.com/photos/profe... Galicia non será nunca do PSOE nin da UPG !


O expresidente da Xunta entre 2005 e 2009, o socialista Emilio Pérez Touriño, e o que fose vicepresidente, Anxo Quintana, na Facultade de Comunicación da USC en 2019. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.