O discurso político de Xosé Manuel Beiras entra na campaña electoral galega

Martiño Noriega comeza a campaña electoral lembrando o que dixo o vello líder nacionalista en 2012: "Os recortes matan". Unha afirmación "certa", asegura, tras as últimas mortes en centros de saúde por falta de servizos básicos como ambulancias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020

O candidato número tres de Galicia en Común-Anova Mareas pola Coruña, Martiño Noriega, deu o pistoletazo de saída á campaña da coalición cunha aparición xunto ao aínda deputado Antón Sánchez no Parlamento, despois da reunión da Deputación Permanente --o órgano que substitúe ao pleno en períodos non hábiles--.

E fíxoo lembrando as palabras de Xosé Manuel Beiras en 2012, cando o veterano nacionalista, candidato da coalición Alternativa Galega de Esquerda  (AGE) pola Coruña, dixo que os "recortes matan".

En outubro de 2012, o histórico dirixente afirmou, tras unha lexislatura de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta, que "está a matar máis xente que ningún grupo terrorista na historia do Estado español" debido á redución "drástica" do financiamento na sanidade pública. "Os recortes matan", dixo naquela campaña, tras o que AGE irrompeu con nove deputados na Cámara autonómica.

Así, no primeiro acto convocado pola coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Noriega remarcou que "cando Beiras afirmaba, xerando un gran escándalo, que os recortes en sanidade matan, a día de hoxe é un mantra que está totalmente interiorizado". "O que está a ocorrer é que chove sobre mollado", manifestou.

"DETERIORACIÓN DA SANIDADE"

O tamén médico de profesión sinalou que "máis aló da casuística concreta", hai unha "deterioración da sanidade, que ten que ver cos recursos, coas coberturas en centros de urxencias e co sistema sanitario das emerxencias".

Así mesmo, denunciou que "ninguén pode entender" as "franxas horarias" para os servizos sanitarios e tras "tardanzas de servizos de emerxencias, sigan sen adoptarse compromisos en materia de recursos". "O que vimos dicir é que se necesita unha política sanitaria seria, unha política que atenda as necesidades do territorio, unha aposta clara pola atención sanitaria", apuntou.

"Chove sobre mollado e con cuestións que veñen facer boa a afirmación de Xosé Manuel Beiras: os recortes matan e en algo tan intangible como a saúde da xente, ten consecuencias", sentenciou.

ARRINCA A CAMPAÑA

Cinco días despois de pecharse as listas electorais, leste foi o primeiro acto oficial da coalición, aínda que este sábado xa está prevista unha axenda máis ampla dos candidatos, menos do cabeza de lista á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, que o pasado sábado foi apoiado polo vicepresidente Pablo Iglesias e a ministra Yolanda Díaz nun acto de proclamación da súa candidatura organizado por Podemos.

Así, este sábado o número uno por Pontevedra, Eva Solla, estará na entrega dos Premios da Fundación 10 de Marzo, mentres que Martiño Noriega, Iria Figueroa (a dúas por Pontevedra) e Miguel Anxo Fernán Vello (o número 1 por Lugo) acoden a unha homenaxe da Fundación Rosalía a Xosé Luís Méndez Ferrín.

O acto máis relevante da xornada terá lugar na Coruña, organizado pola Marea Atlántica, e consistirá nunha mesa de debate sobre o municipalismo no 5 de abril. Estará moderada polo exalcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e nela intervirán Martiño Noriega, Marta Lois, Xan Xove e Lola Caramés.

Pola súa banda, o deputado Antón Sánchez despediuse despois de oito anos na Cámara galega. O por agora portavoz Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, asegurou que tratará de contribuír "alá onde estea" e confiou "nun cambio".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    nostrus

    Este señor vive en una burbuja y no conoce la realidad de la sociedad gallega y sus desvarios se deben a estar siempre encerrado en la sede del BNG y otras cuadras del mundillo gallegueritico. Menos mal que a los fundamentalistas gallegueros solo le hacen caso los que quieren. Nacionalismos NO, gracias.


    6

    Gamela

    Beiras aínda ten voz propia, non precisa que niguén reinterprete as súas palabras ! https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 Parece claro de quen foi a culpa de que sigamos en campaña electoral permanente !!! UPG Disolución Xa !


    5

    Guillerme Gintonic

    Grazas a Beiras temos a Yolanda Díaz de ministra

    2 respostas
    1

    Por Roxalia : Grazas a 400 mil galegas que votamos unidade popular en Galiza. ✊🏼✊🏼

    2

    Por 180K: Pois eu só coñezo a 180.000


    4

    Fulgencio Papista

    Os vellos non deben de namorarse (lean e aprendan)


    3

    Irman-indo

    Cheira que fede....

    1 resposta
    1

    Por Desbloqueado: Pois dúchese.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.