Gonzalo Caballero promete a gratuidade de escolas infantís e recuperar a de libros texto

O candidato á Xunta do PSdeG asegura que as medidas que propón son "factibles" e contan cuns custos que están "expostos" e son viables nos orzamentos da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2020

O candidato á Xunta do PSdeG, Gonzalo Caballero, prometeu este sábado unha batería de medidas en materia educativa como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, así como recuperar a dos libros de texto, tal e como ocorría no Goberno bipartito antes da chegada de Alberto Núñez Feijóo a San Caetano.

Caballero mostrou o seu "compromiso claro" coa educación pública, á vez que asegurou que as medidas que propón son "factibles" e contan cuns custos que están "expostos" e serán viables nos orzamentos da Xunta.

Así, avoga pola "potenciación" da rede de escolas infantís, mentres valora o "avance" que supuxo no seu día a gratuidade dos libros de texto co Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, pero Feijóo aplicou "un retroceso" respecto diso.

Ademais, o candidato socialista aposta pola FP Dual, a primeira matrícula gratuíta nos graos do sistema universitario galego, ademais dun sistema de fondos propios de bolsas par os másteres.

Xunto a isto, avoga por "impulsar" prazas de comedor nas escolas co fin de "facilitar a conciliación". Unha medida, sinala, que vai no camiño de defender "máis dereitos" para as mulleres, a través da "liberdade e igualdade real".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Gamela

Esta debe ser a liberdade da que falan os da foto... https://twitter.com/anluma99/status...


1

Gamela

E tamén un par de ovos fritos !!! https://twitter.com/00Gamela/status...


Acto de Gonzalo Caballero con Gonzalo Caballero e socialistas en Vigo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.