Case 50.000 galegos borráronse do censo de propaganda electoral

Pediron expresamente que os partidos políticos non lles manden a casa as papeletas e folletos de publicidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020

Un total de 47.356 persoas solicitaron ser excluídos das copias do censo electoral que se entregaron aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral. Isto é, pediron expresamente que os partidos políticos non lles manden a casa as papeletas e folletos de publicidade.

Concretamente, 47.240 son electores que residen en Galicia, mentres que 116 son residentes no estranxeiro, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por provincias, na Coruña solicitárono 21.893 residentes en Galicia e 50 no estranxeiro; 16.026 na de Pontevedra —15.972 residentes en Galicia e 54 no exterior—; e 4.907 e 4.480 en Ourense e Lugo, respectivamente. Nestas dúas provincias unicamente seis, en cada caso, correspóndense con electores residentes no estranxeiro.

Noutra orde de cousas, a oficina do censo electoral recibiu 97 reclamacións de electores residentes ausentes, das cales 94 foron aceptadas. Un total de 41 referíanse a altas e seis a baixas, mentres que 53 consistiron modificacións.

A Coruña rexistrou 42 peticións, das que se aceptaron 40; Pontevedra 37, con todas aceptadas; Lugo dez; e Ourense oito, das que se tramitaron sete ao ser unha denegada.

No caso de residentes en Galicia, rexistráronse 96 peticións, das cales foron aceptadas 94: 56 altas, 65 baixas e 38 modificacións. Por provincias, Pontevedra contabilizou 55; A Coruña, 22 -—dúas foron denegadas—; Lugo, 12; e Ourense, outro sete.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
2

Sentidiño

Podes pedilo aquí (só no idioma de Madrid). https://sede.ine.gob.es/oposicionPa...

1 resposta
1

Por Gamela: Las exclusiones solicitadas hasta el día decimotercero posterior a la convocatoria de un proceso electoral tendrán efectos en dicho proceso (o 23 de febreiro) http://www.parlamentodegalicia.es/e... Lástima cheguei tarde para esta convocatoria... Graciñas pola información !!!


1

Gamela

Como hai que facer para que non enchan de lixo o meu buzón ? Lástima non sabelo antes !


Papeletas no Colexio CEIP Cruceiro de Canido, en Ferrol / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.