O PPdeG substitúe os emblemas da Xunta polo emoticono de "ok" no vídeo de Los Limones

A Xunta Electoral Central mandara modificalo ou retiralo tras as denuncias do BNG e PSOE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020

O PPdeG, en cumprimento de dúas resolucións da xunta electoral central (JEC) por mor de senllas denuncias do BNG e PSOE, cambiou o seu vídeo promocional de campaña, con letra de Los Limones. Así, substituíu os emblemas e simboloxía institucional por bandeiras co emoticono de "ok", a man con puño pechado e pulgar levantado.

O pasado venres transcendeu que a xunta electoral estimara parcialmente a denuncia do BNG e obrigaba a retirar ou modificar o vídeo de promoción do candidato do PP á Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Agora tamén se coñece que os socialistas denunciaran a montaxe musical e pedían, ademais, unha multa de 3.000 euros en concepto de infracción electoral.

Unha vez visionado o vídeo, a xunta electoral constatou que aparecía ao redor de 24 veces unha bandeira coa palabra Xunta, de "tipografía coincidente á empregada pola institución".

A xunta electoral ordenou retirar ou modificar o vídeo, atendendo a que á "posible confusión implícita que nos electores poida provocar a difusión do vídeo" entre a entidade política PP e a institución autonómica Xunta. O PPdeG deu cumprimento en días pasados á resolución da xunta electoral.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Captura do novo vídeo promocional do PPdeG / YouTube

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.