Así é a sanidade de Feijóo: 35.000 temporais que forman "a maior ETT que hai en Galicia"

Enfermeiros, celadoras, técnicos auxiliares de enfermaría, fisioterapeutas, técnicos de raios de laboratorio e de farmacia, informáticos, albaneis , cociñeiros ou médicos. Moitos deles están salvando vidas. A todos eles se lles aplaude ás 20.00 horas sen saber que tras xornadas maratonianas están contratos precarizados e indignos. Esta é a radiografía da sanidade da que presume Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 04/05/2020

Moito do persoal sanitario galego que se enfronta día a día ao COVID-19 ten condicións laborais impropias dun país que forma parte da UE. “O Sergas é a maior ETT que temos en Galicia e o único que fai é precarizar a vida das profesionais que queren traballar na sanidade pública”. Así o di con total rotundidade Eli Dosil, do sindicato sanitario Prosagap.

E sabe ben do que fala. Galicia Confidencial xa contou a historia de Diego, un enfermeiro eventual do Sergas que leva encadeados 600 contratos nos últimos seis anos. Unha situación semellante vive María, outra compañeira que traballa como eventual na área sanitaria de Santiago.

Comezou en febreiro e cada 15 días ten que asinar un novo contrato. A última renovación foi polémica porque o Sergas, a pesar de comunicarlle que ía continuar, logo non quería prorrogarlle o contrato. Tras as numerosas protestas, Feijóo saíu o paso asegurando que fora un erro de comunicación dunha área sanitaria “concreta”. “Non foi ningún erro. Ían botarnos pero como houbo presión nos medios deron marcha atrás”, asegura.

 MODELO PRECARIZADO

O modelo sanitario da Xunta pasa pola eventualidade do seu persoal. Un sistema que en calquera país do norte de Europa estaría mesmo penado. Pero aquí é o pan de cada día. O pasado ano máis de 35.000 persoas formaban parte desa lista de temporais do Sergas, entre eles 11.000 enfermeiros, 9.600 celadores ou 10.600 técnicos auxiliares de enfermaría. Pero tamén hai fisioterapeutas, técnicos de raios de laboratorio e de farmacia, informáticos, albaneis , cociñeiros ou médicos. E este ano, coa crise do coronavirus, a Xunta esgotou esa lista e aínda tivo que botar máis de novos profesionais.

María confirma que moitos profesionais que traballan con ela están nesta situación. “Case toda a xente que coñezo no hospital está traballando como interinos”, apunta ao tempo que se queixa dos cambios de quendas laborais e mesmo de lugares físicos de traballo tras a última prórroga de traballo. “É o novo modelo de escravitude do século XXI”, asegura Eli Dosil que denuncia que é a propia Administración galega que, a través deste sistema, precariza a situación dos profesionais sanitarios.

De feito, critica a situación de moito dese persoal interino, especialmente, os últimos que foron renovados xa que, coa diminución da crise do coronavirus, “puxérona a cubrir ocos e as están movendo dun lugar a outro en toda a área sanitaria”, quéixase. “Non teñen quendas estables de traballo, algúns teñen fillos, pero iso non lle importa ao Sergas. Se isto fora na empresa privada pois estarían presos”, denuncia Dosil.

PIDEN ESTABILIDADE

Precisamente, María sabe moi ben este tipo de condicións porque as está padecendo. Ela só pide que o Sergas entenda a súa situación, especialmente agora, co estrés que está provocando o COVID-19 entre os sanitarios por ser un dos colectivos máis expostos. “O único que lle pedimos é, polo mínimo, contratos de dous meses. Xa non pedimos máis”, sinala. Con todo, está case convencida de que xa durante este mes e ata a chegada do verán, que é cando o persoal fixo colle vacacións, a Xunta prescindirá dos seus servizos. “Agora xa case non hai consultas porque a xente ten medo e por iso xa desde arriba se insinúa que sobramos”, indica.

Esta enfermeira tamén critica a falla de material nos hospitais, a pesar de que tanto o presidente da Xunta como o Sergas teñen insistido en que a sanidade pública galega está “ben surtida”. Pois en Santiago non hai EPI suficientes”, asegura.

E, a pesar destas críticas, Alberto Núñez Feijóo ten respondido en varias ocasións que a sanidade galega está nunha das mellores condicións do Estado e que seguen aumentando os contratos. “Xa van 1.000 desde que comezou a crise”, dicía no último Consello da Xunta a preguntas deste medio. Unhas afirmacións que lle valeron duras críticas do sector sabendo, como sabe, como son eses contratos e como está de precaria a situación laboral dos milleiros de profesionais que se xogan a súa vida para salvar as vítimas do COVID-19.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
4

anonimo

Me gustaría que alguien de la prensa se pusiera en contacto conmigo, porque yo tengo otro caso más del Sergas. Sabemos que a la gente que se le contrató especialmente para trabajar frente al Covid se le prorrogaron con contratos precarios, pero también estamos las que trabajamos frente al Covid que estábamos con contratos anteriores, cesamos de nuestro contrato y nos tienen en casa sin trabajar, porque en el Sergas se trabaja con unas listas de contratación que no se están utilizando. Así que es muy bonito decir que a la gente se le prorrogó el contrato pero no se cuenta a la gente que nos dejaron en la calle, que trabajamos con Covid, que tenemos familias y que ni un contrato de esos precarios non han dado. El señor Feijoo no barajó esta opción, queremos trabajar, llevamos años trabajando en el Sergas, con varias opes aprovadas y nos dejan en la calle. Ésto es totalmente injusto y electoralista.

1 resposta
1

Por xurxosalgado: Boas. Escribe a info@galiciaconfidencial.com indicando no tema da mensaxe "SITUACIÓN SERGAS" Un saúdo e graciñas


3

matasáns interino

pois 35000 familias que proximamente terán a oportunidade de votar sw queren seguir igual ou valorar outras opcións


2

un recortado

non ha tantos celadores meus... iso son os que están nas listas pero a partires do numero 350 non chaman a ninguen....eu teño case 800 contratos meus... 800 34 paxinas de vida laboral meus...


1

Gamela

O problema está do lado dos Sindicatos de clase (?) porque estas situacións non deberan darse en ningures e parece mentira que ninguén as teña denunciado antes (?) https://prosagap.org/es/quien-somos...


Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19 / EFE

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA/UNIVERSIDADE DE VIGO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.