Feijóo insiste en xullo para ir a eleccións e a oposición di que "só pensa nel" e non na saúde dos galegos

Feijóo basease nos informes dos seus xuristas e do seu comité de expertos para convocar as eleccións en xullo. Só En Marea apoia esta postura. PSdeG, Galicia En Común, BNG e Ciudadanos acusan a Feijóo de romper as súas promesas e insisten en que xullo non é un bo momento para garantir a seguridade sanitaria dos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insiste en ir as eleccións "no mellor momento que a el lle conveña" e que "pensa nel e non na saúde dos galegos". É o comentario que fixeron algúns dos líderes dos principais grupos da oposición tras reunirse con el esta tarde.

Así, na Xuntanza, o presidente da Xunta volveu sacar os informes dos seus xuristas e do seu comité de expertos para dicir que o horizonte electoral "máis seguro" para ir ás urnas en Galicia é o mes de xullo. No encontro, en todo caso, limitouse a "escoitar" e non deu por pechada unha data, aínda que as que teñen máis forza son o 12 ou o 19 de xullo.

Do seis forzas que participaron no encontro --PPdeG, PSdeG, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, En Marea e Cidadáns (Cs)--, as máis significativas da oposición (PSdeG, En Común e BNG) están en desacordo con que os galegos voten en xullo. En Marea e Cs si apoian o horizonte exposto polo presidente, que trasladou, segundo asistentes ao encontro, que comunicará a súa decisión nun prazo breve.

PSdG

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, censurou que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, decidise "romper" o acordo das forzas políticas que permitiu a suspensión das eleccións en abril para relanzar o proceso en xullo primando, di, "unha axenda oculta" propia que "non é a que lle interesa aos galegos".

"Feijóo convocou aos líderes para trasladarnos a súa decisión unilateral de convocar unhas eleccións en Galicia nun momento no que todos estamos a priorizar a loita contra o coronavirus defendendo a saúde e traballando nun proceso de desescalda que permita evitar os contagios e loitar contra a crise económica e social", sinalou Caballero.

Para o líder dos socialistas galegas, Feijóo comete unha "alta irresponsabilidade" ao "romper" o acordo subscrito a finais de marzo e que permitiu anular a convocatoria de eleccións para o 5 de abril tras solicitarse o consenso das principais forzas que concorrían ao proceso.

GALICIA EN COMÚN

Tamén o portavoz de Galicia En común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, lamentou a ausencia de "certezas" coas que sae da reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que se abordou a posibilidade de convocar eleccións no mes de xullo, e deu por feito que as convocará a pesar de que non pode dar "garantías sanitarias nin epidemiolóxicas".

"Saímos sen certezas, saímos como entramos", cuestionou. Ademais, Gómez-Reino criticou que "non pode garantir unhas eleccións con total normalidade democrática". O líder de Podemos Galicia tamén reprochou que saen da reunión "sen saber a data do proceso electoral".

Gómez-Reino insistiu citar aos galegos ás urnas en menos de dous meses é "unha tremenda imprudencia temeraria" e "unha burla ao enorme sacrificio" para conter a expansión do virus, cuxa evolución "é incerta".

BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu por feito que as eleccións en Galicia serán no mes de xullo, pero o domingo aínda non foi desvelado. Con todo, ela augurou que a data será a que "decida" o lehendakari Iñigo Urkullu, entre o 12 e o 19 dese mes.

"Feijóo ten xa decidido convocar eleccións en pleno estado de alarma e emerxencia sanitaria e, a pesar dos informes que nos remitiu, que non se pode predicir o que vai pasar", manifestou, tras o encontro, a portavoz nacional do BNG. "Nós seguimos insistindo en que é unha irresponsabilidade e temeridade convocar eleccións na pandemia", aseverou.

Dito isto, sinalou que "só resta por saber cando Urkullu decida a data". "Porque estou convencida de que vai ser o País Vasco o que decida a data, non en Galicia. Aquí o único que vemos é un presidente da Xunta que vai a rebufo de Urkullu e que pon un proceso electoral por diante da saúde (dos galegos)", aseverou Pontón, quen concluíu que espera que "non teñamos que lamentar" esta decisión no futuro.

EN MAREA

Só En Marea apoiou que haxa eleccións autonómicas o mes de xullo, pero que se introduza, no decreto de convocatoria, unha "cláusula" de revisión para que entre a terceira e cuarta semana de xuño se revise a situación da epidemia por coronavirus, co fin de que poidan volver suspenderse os comicios no caso de que non haxa garantías para celebrar a cita coas urnas.

Ademais, En Marea dixo que hai "argumentos" para que se celebren as eleccións, porque é "inasumible" esperar a que haxa unha vacina para o virus, xa que isto situaría os comicios no outono do ano 2021. Sería un "problema xurídico complexo".

CIUDADANOS

Pola súa banda, a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, manifestou que "non hai data ideal" para a celebración de eleccións, pero rexeita que se convoquen eleccións no mes de xullo e opta por que se poida tentar en setembro.

"Preferimos esperar a setembro, aínda que se cadra, tampouco será seguro; pero agora, en xullo, non", indicaron estas mesmas fontes, que sinalaron que "en termos sanitarios é mellor esperar", aínda que despois tampouco se dea o escenario propicio.

"Xullo non é a data ideal", aseverou Pino, quen recoñeceu que os estudos tamén auguran que en setembro ou outubro haberá "unha segunda onda deste virus". "Pensamos que (mellor) canto máis tempo deixemos pasar e nos afastemos da situación actual", sentenciou.

PP

Finalmente, o PPdeG considera, a tenor do exposto nos informes elaborados por expertos da Xunta, que a primeira quincena do mes de xullo será "o mellor momento" para celebrar eleccións dos próximos "18 meses ou dous anos", un período no que, ata que non exista unha vacina ou un tratamento efectivo para o COVID19, estará marcado "pola incerteza" tanto no plano social como político.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión de Feijóo cos representantes do resto de partidos en Galicia. Xunta de Galicia / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.