Feijóo orgulloso de que Galicia sexa a primeira en convocar eleccións "para innovar ante o resto do mundo"

Utiliza a En Marea, que dixo que non lle importaba celebrar os comicios en xullo, para suliñar que no Parlamento a súa proposta suma xa 46 apoios. Volve facer seguidismo dos vascos ao asegurar que tamén el quere unha campaña dunha semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020

Por que ten que Galicia ir votar en xullo?. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este mércores que pode haber rebrotes neste mes, pero volveu mirar para o País Vasco e suliñar que ante unha circunstancia nova, como é a da COVID-19, tamén hai que "innovar" e amosarlle o camiño ao resto do mundo.

"Vanse poder celebrar eleccións locais, autonómicas ou xerais en situación normal?... probablemente, non. Nin aquí nin no resto do mundo. Pero correspóndelle a Euskadi e Galicia innovar como se deben facer unhas eleccións en situacións imprevistas". Esta é unha das razóns que esgrime agora o presidente galego para chamar ás urnas en xullo.

El está convencido de que o virus viu para quedar ata non se vai atopar vacina este ano, nin nos vindeiros 12 meses. "O primeiro será a distancia física e do mesmo xeito que imos ao supermercado e terrazas, pois ir a votar está dentro desta nova normalidade", xustificou.

"Imos ter que votar coa pandemia. Haberá virus en xullo, en agosto, en setembro, en outubro, en novembro, en decembro e o próximo ano. Pretendo que o presidente sexa lexítimo, e as urnas deben lexitimar a aquel ou aquela que os galegos queren que sexa presidente", reivindicou. Por iso, tamén se poderían ir a unhas eleccións en setembro, que é o que pide a oposición e que será nunha época de menor turismo e, polo tanto, de menor risco de rebrotes.

Con todo, Feijóo insiste en xullo --o primeiro domingo para o que podería chamar ás urnas é o 12-- e defendeu que, baixo o seu punto de vista, a campaña electoral non só debería ser "distinta" senón "moito máis curta".

NOVAMENTE IGUAL QUE COMO EN EUSKADI

De feito, tamén neste punto volveu facer seguidismo do PNV e do lehendakari Íñigo Urkullu na necesidade de acurtar a campaña electoral a unha semana (a súa duración habitual é de 15 días) porque esta campaña será "distinta". "A campaña electoral clásica non poderá facerse porque os tempos desas campañas pasaron, polo menos durante os dous próximos anos", prognosticou.

"Temos que facer unha campaña distinta. Na nosa opinión moito máis curta? Sen dúbida. Preocuparnos prioritariamente da saúde da xente? Sen dúbida. Que non vai haber actos masivos? Por suposto", reflexionou, antes remarcar a súa coincidencia co PNV.

APOIOS DE EN MAREA

Feijóo insistiu en suliñar que lle corresponde a el marcar a data dos comicios e, ademais, dixo, conta co apoio de varios Partidos. Así referiuse ao PP, En Marea e Coiudadanos, aínda que a formación laranxa defendeu que prefería setembro. O tres que rexeitan o horizonte de xullo son os rivais máis significativos dos populares: PSdeG, Galicia en Común-Anova Mareas e BNG.

Pero en todo caso, Feijóo fixo outro cálculo: de acordo coa actual distribución da Cámara ve a "46 deputados" a favor de convocar e 29 que non o están. Neste cómputo meteu aos cinco de En Marea, formación que agora anunciou que tamén se quere presentar dentro dunha plataforma "galeguista".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Pois que queredes que vos diga... canto antes remata esta patraña chamada campaña electoral mellor para todos... a ver se imos ter que aturar 3 meses máis escoitando declaracións e tonterías mentras no Congreso votan prórrogas e máis prórrogas para manter á xente encerrada de por vida ?


Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do 24 de abril. XUNTA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.