Simón advirte a Feijóo e Urkullu que terán que "pór mecanismos para evitar riscos" se fan eleccións

Sobre as manifestacións, afirma que el sería "moi cauto á hora de participar nun evento de masas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/05/2020

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, evitou este sábado pronunciarse sobre se é adecuado celebrar as eleccións autonómicas galegas e vascas, pero si subliñou que se se convocan "haberá que establecer mecanismos para evitar riscos e contagios".

En rolda de prensa telemática desde o Palacio da Moncloa, Simón deixou claro que non opinaría sobre se se deben ou non celebrar uns comicios que, doutra banda, non sabe nin a quen lle corresponde convocar.

Iso si, recalcou que se se celebran eventos "con grandes reunións de persoas", ou con risco de que os haxa, hai que "cumprir as normas de seguridade coñecidas por todo o mundo". Para "situacións concretas", engadiu, pódense pedir esas normas ao Ministerio "e pódense elaborar" se finalmente as eleccións se convocan.

MANIFESTACIÓNS

En canto a se as manifestacións e concentracións en Madrid e Barcelona supoñen un risco de contaxio, sinalou que os riscos asociados a manifestacións dependen de moitos factores. As dúas cidades, dixo, están en fase cero e aínda que o risco baixou non hai "certeza suficiente" de que no caso de que haxa un rebrote se poida "controlar perfectamente".

"Estando en fase cero eu sería moi cauto á hora de participar nun evento de masas, pero non é o meu labor dicir se se ten que participar ou non", sinalou.

Igual que coas eleccións, apuntou que el non debe valorar se deben celebrarse, ou se son ou non legais, pero si cre que hai que "ter moito coidado con este tipo de agrupamientos masivos" e manter as medidas de seguridade e hixiene e "o distanciamento físico entre persoas, que é máis importante que as máscaras".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, durante a rolda de prensa de Sanidade para anunciar que territorios avanzan na desescalada a 15 de maio de 2020. Moncloa / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.