A Fegamp ve "moi difícil" preparar a loxística dunhas eleccións en xullo nas actuais circunstancias

Critica á Xunta por non ter "protocolos claros" e pregúntase que vai pasar coas persoas maiores, coa distancia social, coa limpeza, a situación dos colexios e os produtos sanitarios da xornada electoral e quen vai pagar todo iso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, pediu á Xunta de Galicia a elaboración de "protocolos claros" sobre o papel dos concellos na organización da xornada de eleccións autonómicas.

En declaracións aos medios tras participar na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) coa Xunta e a Delegación do Goberno, Varela lembrou o "papel fundamental" que desempeñan os consistorios, responsables de "toda a intendencia" dos colexios electorais.

"Se vai haber unhas circunstancias excepcionais, teñamos protocolos claros", reivindicou o presidente do ente municipalista, que considerou necesario que a Xunta "sente a escoitar a opinión dos concellos" para a organización da cita coas urnas.

Así, como exemplo, sinalou que será necesario saber se vai ser necesario manter unha distancia física entre os membros das mesas, que material sanitario se vai necesitar ou se se debe controlar o aforamento dos colexios. "Quen vai sufragar eses gastos?", preguntouse o tamén rexedor de Vilagarcía de Arousa, que incidiu na necesidade de elaborar "protocolos clarísimos" sobre como se van a poder celebrar as eleccións "con todas as condicións de seguridade".

Alberto Varela subliñou que nesta "circunstancia totalmente excepcional" débese de garantir a saúde das persoas e avaliar as "moitas casuísticas" como a das persoas maiores ou con patoloxías previas que "lles toque estar nas mesas". Varela considerou que as administracións implicadas débense "sentar canto antes" para empezar a preparar unha loxística que, na súa opinión, "é moi difícil de preparar nestas circunstancias".

Ademais, preguntado se considera acertado que as eleccións se celebren a principios de verán como considera Feijóo, o presidente da Fegamp sostivo que non lle corresponde aos municipios decidir "se toca ou non convocalas". "O que si é que a responsabilidade da loxística recae nas administracións locais e hai alcaldes que nos trasladan a dificultade que imos ter con esta situación totalmente excepcional", argumentou.

ESCOLAS INFANTÍS E ALBERGUES

Por outra banda, o presidente da Fegamp pediu á Xunta que aclare "canto antes" se se vai a proceder a abrir as escolas infantís e se se van a poder organizar campamentos infantís por cuestións de conciliación ante a progresiva incorporación dos pais e nais ao traballo.

"É moi difícil pedirlle a nenos de 0 a 3 anos que garden as distancias físicas. Necesitamos instrucións moi claras", apuntou. Por último, tamén pediu saber que pasará nas cidades nas que se habilitaron albergues para acoller ás persoas sen fogar durante o confinamento. "É necesario que as administracións nos sentemos e vexamos que políticas sociais temos que pór en marcha para que non pasen de estar en albergues a volver de novo ás rúas", apuntou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Urnas Galicia nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.. EUROPA PRESS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.